MEU

Membros banda

Dani Morotxo (Voz)

McFonso Wallace (Guitarra e voces)

Trash Tornado (Guitarra e voces)

Luis Blanco "Jimi" (Baixo e voces)

Antonio García (Batería)






 Banda do Deza que se adica a facer caña do país.

Formase no 2017 esta banda do Deza coa pretensión de encher un espazo no rock galego que non estaba baleiro. Como non hai máis sentidiño, non hai reparo en ocupalo sen pedir permiso.

Sen ancorarse nun estilo concreto, e bebendo (sempre) de diversas influencias dentro do rock, a forza e a enerxía dos seús temas levaos a denominalo sinxelamente como caña do país.

Letras que conteñen crítica social, constatación das realidades cotiáns que os rodean, denuncia das desigualdades sociais, ó mesmo tempo que tratan outras temáticas coma o amor, o desamor, a amizade, e tamén a troula.

Logo de participar en varios festiváis e concertos como a Algarabía ou o Noceda Rock, entrán nos Estudos Mafia do Carballiño en setembro do 2019 para a grabación do seu primeiro EP, publican en xaneiro de 2020 o video do tema Animal Ferido.

MEU xorde da amizade. Unha xuntanza de compañeiros que precisan mostrar as súas inquedanzas en forma de cancións, e que perdurará mentres esten unidos.

Xuntos nos trunfos!
Xuntos nos fallos tamén!
(J.Pardo)


Meu
Doutor Caníbal

Un video de Colectivo Lavalija, protagonizado por Mario Horro.

Cando o poder dos medios de desinformación minan a túa mente, eres candidato a ser unha nova víctima do Doutor Caníbal.


https://www.youtube.com/watch?v=Q3RARm_Iqxk
Animal Ferido
https://www.youtube.com/watch?v=9nDgSlpc4rI&feature=youtu.be&fbclid=IwAR2r4HTQGGeBKOsic4q0T5o_mphXZ5LbrFyvX8aCWsxuenQZM9Pi3Wqzy_U



CONTACTO:
 
contacto@quepasameu.com
 
Chamar 656 97 70 85