Rochi Novoa

Maxic Libro-CD
Marzo de 2020 - @barullonarede
Traballo publicado baixo licenza Creative Commons 
Atribución - NonComercial - Non Derivadas 4.0
Internacional - CC BY-NC-NC 4.0


"“Quero facer unha incursión elegante
no universo das figuracións nocturnas
e exiliarme de min mesma”


Así comeza MAXIC, o último poemario de Rochi Nóvoa Vázquez, a poeta de Sobradelo (do Sobradelo de Xunqueira de Ambía, non confundir ;) ).

MAXIC é un traballo sorprendente en todos os sentidos, mais e sobre todo, pola alta calidade dos poemas xunto coas colaboracións do CD que acompaña este singular e fermoso pack. Os ZENZAR "rock en galego", Daniel Soldevilla, Manuel Carballo, Puntxa González Rivera e o grandísimo O Reverendo Can acompañan coa súa música a voz marabillosa de Rochi Nóvoa.


E dixemos ben pack porque, en exclusiva, os MAXIC que temos na nosa loxa, ademais do libriño cos poemas, ven acompañado de dúas carpetiñas, unha co CD e outra con fermosos debuxos feitos pola propia autora.


Todo xunto compón unha peza única digna de figurar nun lugar de honra na túa biblioteca xunto aos outros traballos desta enorme escritora, todos eles con “pluses” nos que atoparmos a interrelación, a conexión da poesía co resto das artes, pintura, fotografía, debuxo e, sobre todo, música, unha constante en todos os seus poemarios, agás no pequeno (de tamaño físico, que non no literario) Instances, a súa anterior creación."




Palabras para a fada

https://www.youtube.com/watch?v=kdh6KOTM-vg&feature=youtu.be
 

Rochi Novoa é unha desas forzas da natureza que purran e turran, acadando a base de esforzo e ilusión a mellor explicacion ó principio de sinerxia.

Destacamos na súa obra:

Poesía en solitario

Cos pes na terra e a alma na lúa
Sen ti son eu
Bolboretas de cor

Farrapos de boneca https://musicaengalego.blogspot.com/2012/12/rochi-novoa-farrapos-de-boneca.html


Muller de Papel https://musicaengalego.blogspot.com/2013/12/rochi-novoa-muller-de-papel.html


Instances https://musicaengalego.blogspot.com/2016/06/rochi-novoa-instances.html

Poesía en común

10 anos de Porte verde
Versus Cianuro
poesia do Condado
Aldeas sin voz
Alén do silencio
Cabo verde-Galiza abraço poéstico
xabarin 18 anos dun proxecto normalizador
A música e as árbores

Libros en inglés
Diccionario visial básico de inglés -galego para infantil
Recepies and tips para a aula de inglés ( bilingu galego-inglés)

Colaboracións con músicos e grupos: Inibo, Zenzar, O reverendo Can,Daniel Minimalia, Serbando Barreiro, A xingra etc

Organizadora do Tangaraño cultural de SObradelo

FOTOS:

https://musicaengalego.blogspot.com/2017/09/fotos-rochi-novoa-no-malas-pecoras.html

https://musicaengalego.blogspot.com/2015/09/fotos-rochi-novoa-na-noite-nas-minas-do.html

https://www.flickr.com/photos/24629645@N06/sets/72157640417534093/