NAO

 

Membros:

Gus Guitarra

Torroncho Baixo

Jasper Guitarra e voz

Amós Bateria


Adeus e grazas (2020)

NAO, celebra o primeiro aniversario da súa despedida dos escenarios cunha estrea. O grupo, da man da promotora PlayPlan Cultural, publicará o vindeiro 7 de decembro o DVD Adeus e grazas , un traballo que recolle integramente o derradeiro directo do grupo celebrado o 7 de decembro
de 2019 no recinto ferial de Amio, en Santiago de Compostela. Durante o concerto, unha
cita ateigada de emoción e sorpresas, Jasper, Gus, Torroncho e Amós revisaron practicamente todo o seu repertorio apoiados por máis de 20 artistas.

 

O concerto de despedida resultou un acontemento moi destacado dentro da mundo da música galega tanto polo baleiro que NAO deixou nos palcos desde entón como pola extensa implicación de músicos na cita. No directo, concebido como “unha gran festa” e que se prolongou durante máis de 3 horas, colaboraron Picchio (Banda Bassotti), Sabela Ramil, Tanxugueiras, SonDaRúa, Rebeliom do Inframundo, Odolaren Mintzoa, Mini e Navia Rivas, Ramón Iglesias, Anxelo de Xermar, Patty Castro, Paul Zervero, Dakidarría, Pauliña, Xiana Lastra, Manuel Varela, Inés Duport, Roi Xesteira, Iago Pico, Vituco Neira e Carlos Gilino.

Cartas no Caderno 

Derradeiro concerto Amio 2019 

Adeus e Grazas

https://www.youtube.com/watch?v=7mKHZX77Cs8
 

 Adeus e grazas inclúe tamén de agasallo o disco Apocalipse NAO , que recompila tres pezas documentais homónimas (I, II e III) recollidas á banda ao longo dos seus case quince anos de traxectoria. A última da triloxía, nomeada Apolicalipse NAO I, inclúe material audiovisual inédito gravado após a despedida do grupo e que se poderá ver por primeira vez neste deuvedé. No traballo, tanto os membros da formación como as persoas achegadas á mesma e que compartiron as súas vivencias coa banda nestes anos falan do que supuxo o derradeiro concerto de NAO e do que significou a súa música para eles.
O dobre DVD publicado por NAO e PlayPlan poderase adquirir desde o luns 7 a través da páxina web www.inquedanzas.com por 19,90€ (gastos de envío non incluídos) e, a partir do mércores 9 de decembro, nos puntos habituais de venda de Inquedanzas Sonoras.

 

Eiqui tendes o enlace das fotos que fixen eu naquela noite inesquencibel.

https://musicaengalego.blogspot.com/2018/12/fotos-nao-adeus-e-grazas.html

 


Fotos realizada na xira de despedida no MillaRock en Milladoiro

https://musicaengalego.blogspot.com/2018/08/fotos-nao-no-milla-rock-en-milladoro.html



Fotos realizada na xira de despedida na Fabrica de Chocolate en Vigo

https://musicaengalego.blogspot.com/2017/02/fotos-nao-na-fabrica-de-chocolate.html

Ata que o lume se apague (2018)

Temas :

1 Franco Resurrección (feat. Coro Cantigas e Agarimos)

2 Alba de groria (feat. Eladio Santos ; Cristopher Nervo)

3 A fala es ti

4 Ceder á decepción (feat. Coro Cantigas e Agarimos)

5 Txoria Txori (feat. Belém Tajes & Patty Castro)

6 Náufrago a contravento

7 Ata que o lume se apague (feat. Coro Cantigas e Agarimos)

8 Cultura crítica (feat. Tanxugueiras & SonDaRúa)

9 Recordo de Pamplona

10 O mazo armado

11 Resistirei (feat. Óscar López González, Santiago Colmenero Fernández & José Carou)

12 Adeus e grazas (feat. Dani Lavesedo)

Alba de Groria

https://www.youtube.com/watch?v=dea81CWWTV4

Cultura Crítica

https://www.youtube.com/watch?v=8JKLngtfNl4
 

 Txoria Txori

https://www.youtube.com/watch?v=I6gI7qAxvoU
 

O mazo armado

https://www.youtube.com/watch?v=Kt6nnijGjd8&t=48s
 

Fotos Nao no Rock in Rian

https://musicaengalego.blogspot.com/2015/09/fotos-nao-no-rock-in-rian.html

 

Fotos Nao no Armadiña Rock

https://musicaengalego.blogspot.com/2015/09/fotos-nao-no-armadinarock.html



“Soñar” – “Crear” (2016)

 doble álbum

Temas:

1 O Sol e a Treboada (feat. Jasper, Gus, Amós & Anxo)

2 Encadeados no Portal (feat. Jasper, Gus, Amós & Anxo)

3 Voltaremos (feat. Jasper, Gus, Amós & Anxo)

4 Bonito Funeral (feat. Jasper, Gus, Amós & Anxo)

5 Venceremos Nós (feat. Jasper, Gus, Amós & Anxo)

6 Porque este Soño é necesario para un Soño (feat. Jasper, Gus, Amós, Anxo, Mini Rivas & Navia Rivas)


O sol e a treboada

https://www.youtube.com/watch?v=wWCSi5LUUJM
 

Venceremos nós

https://www.youtube.com/watch?v=tmSS4oJtJWI&list=RDnZzL-ibYk-0&index=2
 

 

Bonito funeral

https://www.youtube.com/watch?v=gQ-4gywNjuc
 

 

7 Intro Garate (feat. Jasper, Gus, Amós & Anxo)

8 Feminino Plural (feat. Jasper, Gus, Amós, Anxo & Moraysys Silva)

9 O Sacrificio (feat. Jasper, Gus, Amós & Anxo)

10 Como Irmáns (feat. Jasper, Gus, Amós, Anxo & Lierni Arozena)

11 Somos Río (feat. Jasper, Gus, Amós, Anxo & Luken Arkarazo)





Coma irmáns

https://www.youtube.com/watch?v=C_DDuF3rpC4
 

Fotos Nao no Rock In Vila 2015

https://musicaengalego.blogspot.com/2014/08/fotos-nao-festival-rockin-vila-2015.html



 

 

 

CARTAS NO CADERNO (2014)

Ep que conta con cinco temas:

1 Cartas No Caderno

2 Acción Galega

3 Os Vampiros https://somosnao.bandcamp.com/album/cartas-no-caderno


4 Je Veux

5 Coma O Vento

As “ Cartas no caderno “ están xa pechadas. Listas para compartir e espallar. Despois do paso adiante que supuxo o último disco “Cancións de amor e liberdade”, en menos dun ano, apresentannos as súas "Cartas no caderno".
Grazas á agarimosa acollida do anterior traballo e os novos camiños que se lle abriron ó grupo, tráennos agora, cinco temas cargados de intensidade e forza
Unha pequena xoia da música galega, que demostra o bo momento da banda e a súa condición para alcanzar novos retos e seguir crecendo.

Estas 5 cartas que nos envía NAO reflexan o compromiso, a creatividade, o amor e a elegancia coas que NAO trata as súas cancións, levando a súa proposta por novos derroteiros, pero manténdoos fieis ós seus principios. Un tema propio que dá nome o single e catro versións feitas desde o respecto e a admiración máis profunda: “Acción Galega” de Xenreira, “Os Vampiros “ do gran Zeca Afonso, “Como o vento “ de Sétima Legiâo e “Je Veux” de Zaz.


 

Jasper: Guitarra e Voz
Gus: Guitarra
Paul: Baixo
Amós: Batería


Neste disco NAO contan coa fortuna de achegar gorxas e instrumentos de persoas que coa súa actitude e determinación fixeron e fan historia. Nomes, países e traxectorias diversas cun nexo en común: a súa actitude. Aí están Xurxo Souto de Diplomáticos de Monte Alto (GZ), Sigaro e Picchio dos míticos Banda Bassotti (IT), Xosé Manuel Pereiro de Radio Océano (GZ), Álex – Eina, Inadaptats (PPCC), Manuel Payno de Caxade e Os tres trebóns (GZ), Jony e Fonta de Kaotiko (EH), Paula Chaves (GZ), Mini de A Quenlla (GZ) e Antía e Adrián da Liga Gaiteira Galega (GZ).

Nomes, países e traxectorias diversas que conflúen. Exemplo e referencia que marcaron as súas vidas e que hoxe teñen a sorte e privilexio de acompañarlles na gravación, e xuntos fan da nova proposta un disco soñado, feito entre amigos, para seguir soñando, para seguir camiñando.

Cartas no Caderno

 https://www.youtube.com/watch?v=nZzL-ibYk-0&list=RDnZzL-ibYk-0


Os vampiros

https://www.youtube.com/watch?v=0AAOCvIk_Ag
 




Cancións de Amor e Liberdade (2013)

1. O Lobo

2. Entre a Utopía e a súa Lei

3. Pedagoxía do Opresor

4. Qué Dicir

5. Fantaseo

6. Heroes da Resistencia

7. É Triste

8. En Busca e Captura

9. Os Medios son a Fin 0

10. Nova Poesía Galega I

11. Nova Poesía Galega II

Historias repetidas unha e mil veces... excepcións cheas de dignidade; “ser valentes nun país de vergoña”. Ser coraxe á indiferenza política, cultural,social… nunha dura realidade onde o simple feito de cantar e interactuar na lingua propia convértese nun acto militante. Que a día de hoxe unha banda como NAO axite a escena galega cun novo traballo tan impresionante como “Cancións de amor e liberdade”, faime recordar que, aínda que moitos neguen a evidencia, nun país onde o compromiso e a creatividade non abundan, eles sexan capaces  de demostrar nestes trece temas que con esforzo, paixón e persistencia todos podemos chegar a ter o noso momento. E este é o seu.

Sen dúbida NAO facturou o disco que levan anos procurando: máis melódico, máis variado, máis poético, directo… É un disco que consegue o que poucos; manter un nivel alto do principio a fin. Que logra poñernos a pel de galiña coas súas letras, mentres percorremos unha viaxe entre o amor e a liberdade por riba de todo.

Moitos podedes pensar que despois de oito anos e dous discos un vai cheo de recordos e poucos soños; escoitade este novo traballo...porque NAO toma corpo e medra. Medra entre escenarios e estradas; entre desertos e barricadas; entre aplausos e sorrisos; entre golpes baixos e bágoas. NAO é metáfora, axitadora e rebelde. É un latexo común. NAO mira cara adiante…. “Cancións de amor e liberdade” é uns cantos pasos adiante, e así convértense, por méritos propios, nunha das mellores bandas do país, que fan deste disco unha XA referencia fundamental da música galega.

 
En Agosto do ano 2012 comezamos a preproducción-composición do disco nos Estudios Mafia do Carballiño, da man dun vello amigo de NAO: Óscar Fernández "Chichi"
.
POR QUE CANCIÓNS DE AMOR E LIBERDADE? Porque iso mesmo é o que leva facendo NAO oito intensos anos. Este pretende ser o noso disco definitivo, é por iso que resume no seu título dun xeito tan directo a filosofía da banda. 

Podedes  escoitar este disco de NAO desde o seu bandcamp premendo eiqui 

Heroes da Resistencia

https://www.youtube.com/watch?v=s-0xrMTrOkw
 


 
 


COAS TUAS MANS
NAO nace nun latexo en común.
Unha idea transformada en son, actitude e amizade. Unha idea transformadra, unha metáfora axitadora e rebelde.
Máis toma corpo e medra.

Medra entre escearios e estradas;
entre desertos e barricadas;
entre aplausos e sorrisos,
entre golpes baixos e bágoas.

Xogando coas palabras espiunas é magoou mentes, escandalizou almas e espiu corpos.
Hoxe NAO pretende cambiar a historia coa cabeza alta e a voz valerosa. Demostrando que coas nosas mans e as túas mans podemos cambiar o mundo, trocar o destino e sacudir o desprezo.
Hoxe NAO pretende cambiar a historia coa cabeza alta e a voz valerosa. Demostrando que coas nosas mans e as túas mans podemos cambiar o mundo, trocar o destino e sacudir o desprezo.
A todos e todas lembra e leva dentro.

Hoxe NAO pretende cambiar a historia coa cabeza alta e a voz valerosa. Demostrando que coas nosas mans e as túas mans podemos cambiar o mundo, trocar o destino e sacudir o desprezo. Hoxe NAO pretende cambiar a historia coa cabeza alta e a voz valerosa. Demostrando que coas nosas mans e as túas mans podemos cambiar o mundo, trocar o destino e sacudir o desprezo.

As palabras espidas (2007) 

Temas: 

1 Xogando á contra 

2 As palabras espidas 

3 Só quero un adeus 

4 Desexos 

5 Mentir por mentir 

6 A dar a cara 

7 Cos ollos pechados 

8 A xustiza pola man 

9 Se tivera outra vida 

10 A noite e o día 

11 Sodes a crema  

PAXINA WEB : http://www.somosnao.com/