Mai


Måi é unha nova formación liderada por Iseo Agilda que, logo de máis dunha década nos escenarios con Sacha na Horta e Blues do País, nos tráe o seu novo proxecto personal.




 

Nigredo (2023)

Nigredo é o título do primeiro disco de Måi e nos sérve de entrada na cova de måi. Nela atoparemos un pop-folk boregal, unha simbiose do orgánico e o artificial, unha proposta que parte dun son moi persoal, deseñado xunto a Tomás Ageitos na produción e composición e o cello de Margarida Mariño. Con tímbricas tradicionais electroarraigadas, que serven de atmósfera na que a voz lixeira pode voar lonxe, transitan por ritmos urbanos e eclécticos. É este un ritual de amor e de conexión coa vida. Entra na cova e únete a måi.

Serán oito temas que poderás atopar en todas as plataformas de música. Para a edición en físico tan especial que teñen preparada haberá que agardar ás presentacións en directo un mes máis. A primeira há ser o 11 de marzo na sala Rebullón das Pedriñas (Mos) e o 24 de marzo na Gentalha do Pichel en Santiago de Compostela . Mentres tanto, non perdades ollo das novidades deste proxecto porque pronto han traer un novo videoclip que promete achegarnos un pouco o ceo.

Temas

Son verdor
Altair
Serpe de son
Cando volvan as baleas
Templo escuro
Big Bang
+
Inshallah
Aquí podedes escoitalo: https://maimusica.lnk.to/Nigredo Seguimos en Youtube: https://youtube.com/@mai6648 Instagram: https://instagram.com/mai_musica?igshid=YmMyMTA2M2Y= Facebook: https://www.facebook.com/musica.mai Twitter: https://twitter.com/musica_mai TikTok: https://www.tiktok.com/@mai.musica?_t=8YYLDyU3FJe&_r=1

📸 @javieralvarezfoto

Altair


Escrita por Iseo Agilda e Tomás Ageitos

Masterización - Dr Chou

Cello - Margarida Mariño

Videoclip Idea orixinal e Dirección - Judith Adataberna


Cando volvan as baleas


Fotografía: David Hernández

Dirección artística: Roberto C Mouriño

Composición, música, mesturas e gravación Tomás Ageitos nos estudios A Ponte

Letras, voz Iseo Agilda

Colaboración na voz Pura Mesura (Yolanda Pose)

Máster Dr. Chou

https://www.youtube.com/watch?v=ppluIZbXR9I

Son verdor



Voz, música e letra: Iseo Agilda

Produción e mesturas: Tomás Ageitos

Chelo: Margarida Mariño

Máster: Dr. Chou

Gravado en Estudios A Ponte

Publicado por Dálle que libras

https://www.youtube.com/watch?v=9Jb6H74j8ig
contacto nas nosas redes: contacto@maimusica.com