Buxa

 

 Buxa é unha banda de stoner rock instrumental con residencia no Grove (Galicia).

Buxa son;

Marcos Pou (Batería),

Paco Míguez (Baixo),

Alex R. Moreira (Guitarra)

e Rodrigo Trigo (Guitarra),


A banda xurdiu en 2018/19, basicamente pola necesidade vital de facer música e se divertíren tocando. As súas maiores influencias ou referencias veñen da década dos 90, dos sons característicos de eses anos, de diversos estilos como poden ser progresivo, grunge, stoner, metal ou incluso pop, entre outros. O de facer música instrumental con carácter progresivo, onde a dinámica xoga un papel imprescindibel, foi acontecendo de xeito natural a medida que ían empastando instrumentos na procura do seu propio son. O seu principal obxectivo dende os comenzos foi acadar ese son propio que os identifique, tendo en conta todas as súas referencias musicais dende unha perspectiva actual, e aplicalo en temas que van avanzando por distintas partes con diferentes texturas sonoras.

O protagonismo recae na mestura de sons pesados con melodías afiadas que fan de fío condutor ó longo das composicións, coa intención de manter a atención do oínte, como si tratasen de contar unha historia a base de xogar cos sons, cos ritmos e coas dinámicas. Teñen cinco singles, con sete temas autoeditados, publicados nas plataformas de música online coma o bandcamp https://buxa.bandcamp.com/ .

En 2022 publicaron "Mestre" https://youtu.be/Gr0ixsIR1os, que foi o seu primeiro videoclip, realizado en colaboración coa productora SIRADELLAfilms. Foi presentado o sábado 29 de outubro de 2022 no auditorio municipal do Grove, nun acto colectivo de homenaxe realizado para conmemorar o centenario (101 aniversario por retrasos pandémicos) do falecemento do escritor Luís Antonio Mestre. En xuño de 2023 publicaron o videoclip do tema “Si, quero”, no que continúan coa defensa do seu, tratando desta volta o tema do medio ambiente.


Si, quero



Co gallo do día mundial do medio ambiente buxa publicaron o videoclip " Si, quero" sobre a xeración e xestión irresponsable de residuos e sobre algúns dos problemas derivados desta situación.

Clip dirixido por Alex R. Moreira e completamente autoeditado pola banda, tanto na música como nas imaxes.

O momento de actuar é agora.

 

Superpunteirolo

https://www.youtube.com/watch?v=OrfmowF7HU0

Luigi

https://www.youtube.com/watch?v=FRb9NrZnxRY
 

 
Contacto:

● buxatafona@gmail.com

● +34 656495862 (Alex)

● +34 626 04 94 21 (Paco)