Luísa Villalta O outro lado da música, a poesía

A Editorial Galaxia recupera este texto, que xa vira a luz no ano 1999, publicado na colección Ensaio. Un texto referencial da autora no que “nos diferentes capítulos deste douto e orixinal ensaio léva a cabo unha relectura da historia da poesía galega procurando nesta a presenza substantiva da música, dende a Época Medieval ata as Irmandades da Fala e a época Nós”, asegura o crítico Armando Requeixo, no limiar. “Ler O outro lado da música, a poesía é un exercicio fundamental para mellor comprender tanto a poesía galega de todo tempo coma a propia escrita de Luísa Villalta, de principio a fin”, engade.

Villalta, música e poeta, aseguraba que a poesía para ela era “un modo de comprender o mundo e comprenderme eu mesma a comprender o mundo”, sendo “o comprender un estado de conciencia”, en definitiva, unha forma de ser e estar na vida. Neste volume achegámonos á Luísa poeta, pero tamén á especialista en música, que asumía que ambas as artes bebían a unha da outra.

Un libro fundamental do que o poeta e dramaturgo Lino Braxe dixo que “poucos ensaios hai tan acertados sobre a música e a poesía”. Luísa Villalta (A Coruña 1957-2004) foi poeta, narradora, dramaturga, ensaísta, filóloga e violinista. É autora dalgúns dos títulos esenciais da nosa poesía, como Música reservada. Foi cilaboradora asidua da revista GRIALou a Festa da palabra silenciada.