
Para escoitar COANHADEIRA preme eiqui
Coanhadeira son:
PATRICIA LÓPEZ: voz e percusión
XERARDO QUINTELA: Acordeón
CHECHU PÉREZ: Gaitas e zanfona
KINHOS SABURIDO: Percusións
ÓSCAR FREIRE: Saxo soprano e tenor
SAMUEL SOTO: Bouzouki
EFREN NÓVOA: Baixo
As “coanhadeiras” eran en algunas zonas, as personas (ou a mesma basoira empregada) para separar e recoller os restos que quedaban na aira nas “mallas”.
Esta Coanhadeira musical nace en Ourense no ano 2006, tratando tamén de recoller eses restos da “malla” que sofre a nosa cultura musical, restos sempre aproveitábeis. Xurde inicialmente como grupo de “gaiteiros”, cunha base e sons eminentemente tradicionais, tanto na formación como nos “escearios” percorridos, chámense festas, romarías e demais eventos lúdico-musicais.
A transformación e a adaptación se cadra están na mesma base da tradición, mais este principio non é sempre ben interpretado. No noso caso, a formación clásica dalgún de nós e a experiencia doutros na música tradicional e folc, mestúranse coas inevitábeis e insconcentes influenzas musicais actuais de todo tipo. Engádense instrumentos “non tradicionais”, e sérvese todo cun claro entimento de pertenza a unha cultura diferenciada, demasiado rica e valiosa como para renunciar ás súas peculiaridades, e sen necesidade doutros “engadidos” .
Bicos con luvas
No disco, que inclúe un total de once novas cancións entre composicións propias e versións de temas tradicionais, colaboran músicos como Gonzalo Abeleiras, Gutier Álvarez, Diego Pérez e Ugía Pedreira, como letrista dun dos temas.
O título do álbum coincide cun dos seus temas e escolleuse pola forza figurativa dunha frase que transmite imaxes diferentes a cada persoa que a escoita. Porque, no fondo, para Coanhadeira aí reside a esencia da súa música: a transmisión de ideas, sensacións e emocións diferentes a través das melodías que lle ofrecen ao público. Por iso escolleron esa canción e ese título, un nome aberto que lle outorga ao espectador a capacidade de imaxinar, de crear diferentes imaxes ao escoitar tanto a canción como simplemente o seu título.
Bicos con luvas encabeza así un conxunto de cancións que inclúe temas de autoría propia como, ademais da canción que lle pon nome ao disco, Pasatempo, Nuno ou Eu ben sei. Esta última, musica de forma totalmente orixinal unha coñecida letra de Rosalía de Castro e é unha canción que xa está a ser difundida pola rede. O seu vídeo serve de agradecemento a todos os mecenas que colaboraron na campaña de Verkami lanzada polo grupo para producir este álbum.
Eu ben sei
Coanhadeira - Ézaro (2015)
DISCOGRAFIA PREVIA:
"Po"2010
1. Gargantiña
2. Carvalhesa de vinhais
3. Tres bágoas
4. Camiño das lebres
5. Un
6. Caixa de cordas
7. Pendello sen cobertura
8. Serán en Liñares I
9. Serán en Liñares II
10. Regueifa de Castrís
11. O testamento da árbore
"Haique" 2010 recolle o principal do repertorio do grupo dende a súa formación, (como grupo de “gaiteiros”, partindo dunha base eminentemente tradicional e baseándose na recollida da tradición musical popular) con renovacións de arranxos nalgún caso, e conta coas colaboracións de Guadi Galego e Fonso “Skarnio”. O grupo está detrás de todos os procesos que levaron a sacar HAIQUE, dende a pre-produción, a idea orixinal ( plasmada por Heitor Real), até a mestura e seguramente a distribución. Asemade Coanhadeira xa está a preparar os temas do que será o seu segundo traballo, con data prevista de saída a comezos do 2010.
Para mais info: COANHADEIRA.COM
musica en galego coanhadeira