CANTIGAS DE MULLERES

Dispoñible hoxe 12/12/12

Mulleres sol na musica gálega
Cantigas de Mulleres é unha colección de 17 fermosas cancións interpretadas por grandes artistas da escena musical galega, cun amplo abanico que vai dende as novísimas Sonia Lebedinsky ou Sés, deica a veterana Señora Carmen.
Un disco que se engade á colección "Cantigas" do selo Fol Música e que reivindica o talento, a creatividade e a forza cultural das mulleres galegas na música.
Coa direccion artística de Uxía e deseño de O Pastor, esta edición trilingüe (galego, castelán e inglés) está tamén pensada para o público internacional.

TRACK LIST: 1 - UXÍA - As Nosas Cores 2 - GUADI GALEGO - Madama
3 - MARFUL - Tris Tras 4 - SÉS - Fala de Mel 5 - MERCEDES PEON - Derorán
6 - IALMA - 6 AM 7 - ROSA CEDRÓN e CRISTINA PATO – Mirabella 8 - SONDESEU - Espadelada de Penosiños 9 - LEILÍA - Voz das amigas 10 - SUSANA SEIVANE – Xoaniña 11 - LOBALÚ - Cantar 22 12 - SEÑORA CARMEN - Rosiña do mes de maio 13 - DOA - Levousa Fremousa 14 - MARIA MANUELA - Ven que te levo 15 - MÓNICA DE NUT - Por que hei de cantare 16 - FÍA NA ROCA - Noite Negra 17 - MALVELA - Pola Rúa de San Pedro

Fol Musica quere agradecer os selos e artistas participantes nesta compilacion

Gañamos a pulso unha visibilidade que hai uns anos non tiñamos e logramos un amplo abano de público feminino de todas as idades. Boa parte do público que acode aos nosos concertos son mulleres que entenden o que outras mulleres cantamos, que se senten identificadas coas letras das nosas composicións, que descobren, ao escoitarnos, a súa propia voz.
Somos moitas as mulleres na composición, non só as intérpretes. Non somos só voces transmisoras do que outros escriben....cada vez somos máis as mulleres autoras: creadoras de textos e melodías que nos expresan e reivindican; voces que atronan contra o silenciamento e entoan cántigas tecidas coas nosas emocións.
Mulleres plurais, diferentes entre nós, con discursos propios e postas en escena intensas e apaixonadas, actualizándonos e reinventándonos na sonoridade, na necesaria complicidade entre as mulleres galegas do canto, a voz das amigas.
Tamén sentimos a necesidade imperiosa de desmitificar, rachar tabús e retratar unha visión renovada da muller, fóra do eterno cliché, fuxindo dos estereotipos obsoletos.
Así somos nós no canto....forza matriz, mulleres-sol das que non se arredan, das que non temos pelos na lingua, das que non cantamos só ás pombas e as flores, das que facemos cantigas na nosa língua e coidamos a valiosa herdanza das cantigas das nosas avoas, pandeireta en man.
Morganas que berramos forte ou docemente susurramos unha nana, mulleres que sabemos que a revolución pendente, a do século XXI, é a nosa, cando mostremos as nosas cores e en todas partes resoe o cantar forte e poderoso das mulleres deste país que, tamén, ten nome de muller.

Uxía
Novembro 2012

ESCOITA CANTIGAS DE MULLERES EN SPOTIFY

MERCA CANTIGAS DE MULLERES EN ITUNES

MERCA O CD EN CALQUER LUGAR DO MUNDO