Por que
Guezos?
Un día
despois dun ensaio xa hai 12 anos, decidimos que xa era hora de
poñerlle nome ao que andabamos a facer. Como non tiñamos nada
pensado, abrimos un diccionario de barallete-galego ó chou e saíu
“Guezos” que significa rapaces de entre 12- 14 anos.
Cal é
a formación actual?
2 voces,
unha batería, un baixo, acordeón e teclado, guitarra acústica e
eléctrica 2 gaitas, flauta traveseira e whistle.
Que vai
escoitar alguén que poña un disco voso ou vaia a un concerto de
Guezos.
Melodías
directas, voces que cantan letras meditadas, moita potencia na
maioría das ocasións, ritmos variados, estilos diversos, algunha
que outra versión e nos concertos tempo para escoitar atento e tempo
para participar co grupo da festa.
Que
ofrecedes vós distinto aos demais grupos de folk ou de rock.
Vemos
grandísimos grupos de folk tradicional ou máis experimental ou
bos grupos de rock que utilizan tamén gaitas en plan residual ou
secundario. Non coñecemos a case nengunha formación galega que
empregue un instrumento coma a gaita co respeto e a importancia que
nós lle damos dentro dun contexto rock. Tan só o temos observado en
formacións estranxeiras e a verdade, chámanos moito a atención.
Cremos que esa é a diferenza e a marca do grupo.
A onde
queredes chegar?
Está
claro que cando se fai un grupo non o fas para tocar só diante da
familia e dos amigos. Existe a vocación de darse a coñecer, de
tocar en grandes festivais, de editar moitos discos máis, de ser un
grupo repectado polo menos dentro de Galicia, e sobre todo de manter
esta formación coa que xa levamos 5 anos durante moito máis tempo
si é posible.
De que
falan as vosas cancións?
De medo,
de ecoloxía, de amor, da vida en xeral.
Como se
fai unha canción no voso grupo?
Normalmente
un ten unha idea xa bastante desenvolvida e fai unha maquetiña na
casa que presenta aos demáis via email ou nun ensaio. Falamos das
impresións que nos da a canción e decidimos traballar nela ou non.
Despois cada un aporta no seu campo todo o que pode e traballámola
en equipo. A única premisa é que “si nos gusta, nos la quedamos”,
sin importarnos o xénero, o ritmo ou o estilo.
A verdade
é que temos un sistema bastante automatizado que nos funciona
bastante ben, pero agora queremos introducir novos métodos de
composición para experimentar que pasa si se fai doutro xeito.
Que
importancia lle dades o son nos directos?
O obxecivo
final sempre é soar potentes pero nítidos á vez, para elo estamos
sempre invertindo en mellorar o noso equipo de son, micros, mellores
instrumentos, novos sistemas “in ear” para lograr mellor
afinación nas voces e instrumentos de vento, e sobre todo sempre
levamos con nós un técnico de son que sabe perfectamente como
queremos sonar e que se adapta a calquera sala ou equipo de festival
que se lle presente.
Cales
son os vosos proxectos de futuro máis cercano?
Temos que
seguir a presentar por Galicia “O histérico Latexo” o último
disco co que levamos xirado por toda Galicia e estamos en
negoiciacións con grandes festivais, a ver si dunha vez por todas
entramos nese tipo de circuítos. Logo virá posiblemente a gravación
dun disco en directo con temas novos e algún dos de sempre rescatado
en novo formato para o 2013 ou principios do 2014.