BANDA DE GAITAS E BAILE OS CORIBANTES DE BUCHABADE


Os Coribantes de Buchabade” unen tradición, xuventude e intensidade. Nace no ano 2005 coma unha escola de baile e música tradicional galega con sede en Buchabade, Ponte Caldelas. A formación inicial da banda conta con tan só 6 membros, sendo director Andrés Lorenzo Castro, moi coñecido en toda a comarca pola súa participación en diversas agrupacións coma o grupo “A Roda”.
    O ano 2008 supón un salto de calidade para o grupo. Ademais dun aumento considerable do número de alumnos, conséguese un son distintivo da banda coa incorporación de instrumentos menos habituais na música tradicional, como guitarra, batería ou teclado.
    Na actualidade a Banda de Gaitas e Baile “Os Coribantes de Buchabade” está composta por uns 65 compoñentes: 25 gaitas, 25 pandeiretas, 9 tambores, bombo, batería,  teclado, violín, guitarra e baixo, ademais doutros instrumentos como congas, acordeón ou mesmo voces. Deste total, uns 30 participan tamén no grupo de baile. Compre destacar a xuventude da banda, onde os alumnos máis pequenos contan con apenas 5 anos, os maiores non chegan ós 20 e ningún dos profesores pasa da trintena.
    A pesares da súa curta traxectoria, o grupo fixo actuacións o longo e ancho da península, realizando intercambios con outras agrupacións (Barcelona, Murcia, Oporto, Badaxoz, Salamanca, Valencia, etc).
    “Os Coribantes” cerraron o 2011 con cerca de 40 actuacións repartidas por toda a comarca, entre as que destaca  o “IV Concerto Benéfico Quilo Solidario” no que recadaron dúas toneladas de alimentos para beneficencia.


    Dando un novo salto de calidade na súa música, o pasado 4 de Xaneiro presentaron o seu primeiro disco “Dende a ialma” no Teatro Principal de Pontevedra, sendo un éxito de asistencia e crítica.









CONTACTO:
E-mail: angel_lale@yahoo.es
Tlfno./Fax: 986 153 043
Móvil: 670 881 344



musicaengalego os coribantes de buchabade
musica en galego os coribantes de buchabade