ENTREVISTA COLECTIVA
ULTRÄQÄNIDÄ!!
Isto é unha auténtica
ciberentrevista interactiva, realizada en grupo na primeira semana do
ano 2013, ano 5 da era ulträqänida. É a resolución dun compromiso
adquirido co blogue mais traballador da música galega
http://musicaengalego.blogspot.com.es/
E nós estamos
encantados de ulträqänizär ese lugar fertil da música galega na
rede… e todo iso seria imposível sen a colaboura dos nosos amigos
que colaboraron dun xeito entusiasta neste ciber-retrinco
ultraqánido!!!
Aquí van, as
perguntas, senhora!!!
por exemplo...
escomenzamos cunha autopergunta: Quen é o mais ghuapo do ghrupo??
O
noso can Julius Furrendröps. É o máis ligón, sen dúbida... aínda
así recomendamos que o comprobedes v@s mesm@s quen é menos feo for
example, nesta ligazón da nosa Ulträweb, acó mesmo!
http://ultraqans.jimdo.com/ultraq%C3%A4nidos-uq-members/
Guillerme
Ignacio Costa (Quempallou) A mirar... a vós
quen carallo vos fixo tan ultra-cans??
O
lixismo extremo no que sobrevivimos e nos desenvolvemos xunto cunhas
birras e nicotina atesoura a mellor das transformacións, a
ulträqänización!! Son moitos anos tocando por palcos galegos, e
sabemos perfectamente que portar-se ben, ser educado, beber con
moderación e utilizar correctamente os cubertos na mesa non conducen
abosultamente a ningures…
Manu
“Knopfler” (Ultraqans) Stalin?
Si,
por suposto, un dos impulsores do T-34!
http://www.myspace.com/music/player?sid=81257241&ac=now
Antom
O Biciclista oye... vosotros por que tocais en
gallego?
Por
motivos estrictamente comerciais, xa o dicia Rómulo Permui! De todos
os xeitos estamos a traballar nun novo disco cantado exclusivamente
en oestrimnio!!!
Antom
O Biciclista y luego? sois poli-glotas? trilingües
armónicos?
Se
Can-cerbero, o can guardión do deus Hades do inframundo grego tiña
tres cabezas, imaxíne-se aos ultracanscerberos! Temos triple de
todo!!
Nelson
Quinteiro Tanto o deseño gráfico como a marca da
casa parécenme brutais. Quen é o voso debuxante e deseñador? A
quen lle debemos tanto talento????
Estivemos
a facer experimentos con orcos adiestrados tanto para compor os temas
da banda como para facer os desenhos debido ao fracaso do devandito
experimento no campo do desenho decidimos contar coa inestimable
axuda dun grande profesional, o mestre D Javi Prieto
http://www.javiprieto.com/
, os temas seguén a componhelos os orcos!!
Fernanda
Paz a velocidade da vosa música: ¿Ten algo que ver
co touciño?
Todo
nesta vida, senhorita Fernanda, ten que ver co toucinho!!! En
realidade, nós somos máis de torrezmos ou de raxos... zorzas!!!
Xose
Manuel Seixas A que huelen las nubes?
A
esterco se son baixas e a xurro se son aínda máis baixas ;) ,
algunas tamén cheiran a purín.
Roget
Beto Que opinades de que vos consideren os Jethro Tull
galegos?
Quén???????
Convidámolo a una ulträbirrä!!
Andreu
Perez Para cando un concerto ultra-canido no
principado d'Andorra?
Estamos
esperando a tua chamada, qänmarada!!!
Fernanda
Paz folkrock progresivo ou progresista?
Non,
erraches en profundidade, a nosa música é retrovangarda
clásico-contemporanea folclórica estáticoprogresiva eso sí, con
toques punk psicodélicos. Ou sexa, que facemos o que queremos ou o
que nos deixan coa música. Calquera etiqueta é un acerto ou unha
perda de tempo! Non se sabe!
Podedes
comprobar se o que dicimos é mintira acó mesmo! :
http://ultraqans.jimdo.com/uq-media/uq-m%C3%BAsica-uq-songs/
Fernanda
Paz Sería posible escoitar a vosa música nun gulag?
Non
hai dúbida, sería o ambiente perfecto para a nosa música, daría
un bo ritmo de traballo e subiría o nivel producción!
Fernanda
Paz Funciona ben a estructura de grupo por módulos?
Por
ulträmödulos, SI!!!
Rebe
Vázquez Castro para cando un concerto so para as
ultraqadelas ultrafans?e que voen os sosténs!! ;p
Imos
ter que facer un crowfinding
para mercar sosténs, bragas, gallumbos e demais para que no lo
lancedes ao palco durante as actuacións. Se poden ser usados,
mellor, é mais nutritivo!!
Xose
Manuel Seixas Cal é o xentilicio de Calatayud?
Calagurritano.
Pero non imos facer ningún tipo de xogo de palabras ao respeito.
Pero oiga, caballero! viñemos acó a falar do noso libro!:
www.ultraqans.com
Roget
Beto Como valorades a vosa actuación na Festa da
Carballeira de 2012?
Un
inmenso placer poder tocar nun dos grandes escearios de Galiza.
Baixamos do palco ás 6 da mañá e aínda seguia a festa brava!! E
seguiu unhas cantas horas mais! Damos fe, abofé!
Martin
Wu (The Homens) Vós que visitastes ese lado estremo e
escuro, contádenos: que hai máis alá dos 220 bpm?
É
moi doado 230, 240, 250, 260… 300!!!!! É como un plato de callos,
pero cada garavanzo é unha semifusa!!
Porcerto?
Bpm, (Birras Por Minuto, non?) ou Bolos Preñaos a Mazo?
Xose
Manuel Seixas Y como es el?
Ulträpeludo
Xose
Manuel Seixas En que lugar se enamoró de ti?
Debaixo
do palco, a altas horas da mañá.
Xose
Manuel Seixas De donde es?
É
de Krungthepmahanakhon
Amonrattanakosin Mahintharayutthaya Mahadilokphop
Noppharatratchathaniburirom Udomratchaniwetmahasathan
Amonphimanawatansathit Sakkathattiyawitsanukamprasit.
Xose
Manuel Seixas A que dedica el tiempo libre?
Inseminador
de p-orcos celtas namentres ensaiamos novos temas!
Roget
Beto o hip-hop en galego é música galega? unha
muiñeira en euskara é música galega? folque en galego tocado por
ianquis é música galega? se un neno pensa en galego, saúda en
castelán, canta en inglés, e vai armado cunha pistola... é música
galega? a música galega existe ou é un invento das nacionalistas??
Senhor
Roget a música galega é un invento das multinacionais para ter una
sección a maiores nos expositores das tendas de discos, esa que está
ao lado de New Age e CD´s de ocasión, onde penduran todo tipo de
aberracións como por exemplo o noso Disco!!! Por certo pódelo
atopar tamén no Corte Inglés da Curuña, os tipos con nautico e
executivos e as señoras cos pelexos aínda non o descubriron, pero
pode causar furor!
Natichi
Grandal Crespo Quem desenha as camisas do Antom?
As
camisas do Antom nom sabemos quem as fai, som roubadas.
Natichi
Grandal Crespo Quando vai ler o seu livro Amil?
Primeiro
terá que aprender a ler e despois terá que dictar a un moucho que
escriba con pluma de cormorán... Vaites, que ainda está todo por
decidir...
Natichi
Grandal Crespo Que há de certo do affair entre Xurxo
e Bobby Farrell?
Bobby
Farrel é Deus e Xurxo Souto é a Virghem!!
Alberte
Peiteavel Son certos os rumores dunha próxima
colaboración con Leonardo Dantés?
Bon,
todo isto está baixo confidencialidade extrema. De-se conta que
aínda temos que definir o tamaño do “pañuelo”, a sua cor,
textura e posterior uso depois do frenético baile. De todos os
xeitos, os proxectos paralelos da mundoloxía ultraqánida, podédelos
atopar eiquí
http://ultraqans.jimdo.com/ultraq%C3%A4nidos-uq-members/extensi%C3%B3n-ultraq%C3%A1nida/
Cao
De Mos De tod@s é coñecido que nas vosas creaciós
unha das vosas fontes de inspiración è Ana Kiro, para cando unha
versión ultraqanida da máis grande????
Boa
pregunta qänmarrada! O que tes que facer é ponher o cd de ultraqans
ao revés, entón entederás que a meirande parte dos temas son
retroversións de Ana Kiro e de discursos satánicos de Manolo Fraga
na sua época post-punk.
Superlatas
de Pende: Que opinades das desculpas polas"
polémicas" declaraciós do número un de youtube PSY
"Kill
those f---ing Yankees who have been torturing Iraqi captives/Kill
those f---ing Yankees who ordered them to torture/Kill their
daughters, mothers, daughters-in-law and fathers/Kill them all slowly
and painfully."
Vaites!
Comprendemos que pida perdón, xa que un grande da música e non
queremos que o maten o fucking Yankees sen nengunha piedade! Longa
vida ao qänmärrädä Park Jae-Sang…
OPA GANGNAM STYLE!! WOUF!!!