CANTALINGUA 2013



Cancions a concurso

bases cantalingua 2013 PDF
Bases e info - Bases e info
Clica aquí para consultares as bases do Cantalingua 2013
Clica aquí para consultares os poemas de Cantares Gallegos para musicar


¿Qué é o Cantalingua?

O Cantalingua é un concurso musical ideado polas entidades organizadoras do Correlingua: a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, a Confederación Intersindical Galega-Ensino, a Mesa pola Normalización Lingüística e os concellos de Lugo, Pontevedra e Vigo, en colaboración co portal de música en galego Komunikando.net.
¿Quen se pode presentar?

Pois todos os grupos ou solistas de calquer estilo musical que manden unha canción en galego.
¿Que hai que facer?

Moi sinxelo, só tedes que enviarnos unha canción en formato MP3 [obviamente en galego] baixo licencia Creative Commons e un correo electrónico ou teléfono de contacto a correlingua@correlingua.org . As cancións serán colgadas nas páxinas Correlingua.org e Komunikando.net para que poidan ser desfrutadas por todo o mundo.



As cancións serán colgadas nas páxinas correlingua.org e cantalingua.org para que poidan ser desfrutadas por todo o mundo.

Ademais do tema en formato mp3, mándanos a foto da banda e un breve texto de presentación.

Os temas deberán ser orixinais, quedando excluídas as versións. A temática das letras será completamente libre, pero non poderán ter contidos obscenos nin discriminatorios.

Importante: o prazo para enviardes os temas remata o 1 de abril de 2013.



Con motivo do 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, a organización propón a todos os grupos que musiquen parcialmente ou completamente algún destes poemas (seguindo a 1ª edición. Pódense atopar todos os textos aquí

http://www.servizos.com/cantalingua/images/stories/grupos2013/poemnas%20cantares%20cantalingua2013.pdf

Poema nº 1: “Has de cantar...”

Poema nº 2:”Nasín cando as prantas nasen...”

Poema nº 7:”Un repoludo gaiteiro...”

Poema nº 9: “Campanas de Bastabales...”

Poema nº 11: “San Antonio, bendito...”

Poema nº 13: “Adiós, ríos; adiós, fontes...”

Poema nº 19: “Non che digo nada...”

Poema A gaita gallega, parte IV

Poema nº 30: Alborada (poema 30 do libro)

Poema nº 31: “Eu cantar, cantar, cantei...”




Os gañadores

Os grupos ou solistas gañadores serán elexidos baixo un sistema mixto de votación popular vía Internet, mais un xurado integrado por alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato. Os nomes dos gañadores serán coñecidos ao redor do día 15 de abril.


Mais… ¿hai premio ou non hai premio?

Por suposto que o hai! Como sabemos o difícil que é para os grupos galegos facer concertos, ese será o noso premio: 10 concertos para o Correlingua 2013, que se repartirán os tres primeiros grupos ou solistas clasificados no concurso.

Estas actuacións terán lugar entre os días 2 e 16 de maio de 2013, e contarán cunha remuneración económica de 600 euros por actuación.

Todos os concertos serán pola mañá e terán unha duración aproximada de media hora e deberán ser integramente en galego. No caso de que algún dos gañadores non puidese participar nalgún dos concertos, a lista iría correndo ata completar todas as datas cos grupos que queden entre os 10 primeiros.


E lembrade…

Aínda que soe a tópico… no Cantalingua o importante é participar. O obxectivo non é acadar un premio, senón espallar a música das bandas galegas -a vosa música- entre o maior público posible. Por iso vos pedimos a todos os grupos amateurs e profesionáis, aos rapaces e rapazas, profesorado... ¡PARTICIPADE! Axudádenos a dar a coñecer a música en galego entre os máis novos. Todos sairemos gañando.

MAIS INFO: http://www.cantalingua.org/