Como
foron os vosos inicios e a que se debe o voso nome?
Os nosos
inicios foron por parto natural salvo o da nosa manager e boneca
hinchable Alecia King que foi por cesárea dunha árbore de caucho
brasileño.
En canto
ao do nome este foi escollido explícitamente por ela debido a que
era o único que non contiña consoantes como o “z” e o “x”
que son para elas imposibles de pronunciar.
Entón
podemos dicir que a xerencia da señora King foi determinante para o
éxito do grupo??
Por
suposto que non, a nós a verdade é que nos ía millor coa outra
manager, xa que exercía de vocalista femenina pero por casualidade,
a morte desta, apuñalada nunha voda coincidiu coa chegada ao grupo
dun troglodita humpa-lumpa que comezou a exercer a labor de baixista.
E de aí á
radio, e da radio ao éxito mundial.
Como
levades os éxitos despois de ser estrelas mundiais?
Mal,
especialmente o bombardinista David Trastoy que comezou a
experimentar con fármacos de deseño, pero os outros membros non nos
libramos.
Podemos
falar do clarinete Rubén Veiga, que se volveu adicto á empanada de
Troita, o percusionista Pablo, adicto ao Pladur polo que pasou 4
semanas nunha UVI Móbil, ou a Baruk Domínguez a regalar
calzoncillos por onde pasaba.
Iso por
non falar do baixista Bobé, que se volveu adicto á zorza e ás
nectarinas.
Isto
para vós é un pasatempo ou unha profesión?
O mesmo
che digo unha cousa, tamén che digo a outra.
A nós os
pasatempos solo nos gustan os do Progreso que traen a solución no
mesmo día e non como os da Voz de Galicia que tes que comprar o do
día seguinte para resolver o encrucillado de Dario Xohan Cabana.
Que vos
pide a xente nos vosos concertos?
Outras
tres
Pero
poderíase dicir que tomades en serio o da música?
Iso
depende de se tomamos unha concepción de seriedade dende o punto de
vista empírico ou dende un punto de vista de practicidade
materialista.
Se
contrastamos a estética de Fubini coa poética musical de Stravinsky
asiduo colaborador das Irmandades, comprobamos que ámbolos 2 están
errados, xa que a nosa música non se corresponde con ningún dos
periodos da historia ( poderíase vislumbrar unha similitude coa
salmodia contrapuntística do 1º Renacemento Flamenco, pero é
simplemente unha serependia semellante á de Santiago Pemán dando o
tempo para que nos entendamos). .En resumo: molamos a dios (segundo o
punto de vista da teoloxía de Auguste Comté)
Entón
tedes como referente a Santiago Pemán?
Pode ser
que si, pode ser que non, depende de se hai maruxía ou forte
marexada. E sobretodo ao final dos nosos concertos, cando hai
visibilidade regular creando ondas de 4 a 6 metros nos inodoros dos
locais.
A parte
deste señor temos como referencia a Cañita Brava e a Xil Ríos,
Leonardo Dantés, Juan Pardo el Puma e Palestrina (solamente o
kyrie).
Como
vedes o futuro?
A través
da quiromancia e do tarot aínda que tamén abusamos da bola de
cristal.
O certo é
que somos estrelas, humildes pero estrelas, polo que o noso futuro
será unha xigante vermella, unha SuperNova, ou xa por último un
Burato Negro, co que finalizaremos a existencia ata a chegada de
Pazagras en forma de antimateria e poñendo fin así ao eterno debate
entre Compos e Celta.
Pois
isto é todo por hoxe, xa o saben, esto son as Irmandades do Falo.
Moi bien,
moi bien, moi bien.