- Quen son k-raxe e dende cando andades facendo ruido?
K-RAXE somos 5 individuos de Carballo
e Cerceda que ainda que non levamos moito tempo a bourar coma K-RAXE,
dende comezos do 2011, xa levabamos anos dandolle en distintas
formacións. Xuntaronnos multitud de casualidades, algúns xa
tocáramos xuntos, amizades en común e distintas voltas do azar
deron cos nosos osos neste proxecto do cal estamos a disfrutar
moitisimo tanto dende o ámbito persoal coma no musical.
- Cales son as vosas influencias e como vos etiquetariades?
Influencias temos moitas, a verdade é
que no grupo os gustos son moi variados o cal nos abre un elenco de
posibilidades bastante amplo (sempre que estemos dacordo), escoitamos
dende o máis clásico do rock ó máis moderno, ademáis de case
calquer outro estilo que non ten que ver co rock, asi que ainda que
as nosas influencias sempre veñen máis do rock non pechamolas
portas a nada.
Non queremos encasillarnos con
ningunha etiqueta en concreto porque tampouco saberíamos facelo,
ainda que evidentemente o estilo que facemos basease no que a nos
gustanos chamar FERRO, xa hai moito metal polo mundo. Cada quen que
opine ó escoitarnos, é mellor xa que nos teñen etiquetado de
moitas maneiras distintas
- Que nos imos atopar cando escoitamos a k-raxe?
Raiba, moita raiba, disconformidade
ante o que nos toca vivir, ante un sistema inxusto e unha sociedade
clásista e moita indignación coa propia natureza humana, tan fácil
de corromper. En lineas xerais, tampouco estamos cabreados todo o día
que hai que disfrutar pero sen calarse nunca.
- Porqué o galego nos vosos textos?
Evidentemente, expresamonos na língua
que empregamos na nosa vida cotiá, cada un que cante no que queira,
tenos pasado que che digan que coa música que facemos irianos mellor
en inglés, xa está ben de tópicos, temos unha língua da que nos
sentimos moi orgullosos.
- Como védelo panorama musical da nosa terra?
Vivimos nunha terra moi prolífica,
por sorte agora é máis fácil escoitalos grupos que saen, antes
coñecianse a catro e xa bo era, nestes “novos tempos” tense
maior acceso á musica e vemos que hai infinidade de grupos de
tódolos estilos, non temos nada que envexarlle a ninguén, hai
nivelazo con denominación de orixe.
- Que nos imos atopar nun concerto de k-raxe?
Bueno, tentamos centrarnos bastante no
son, queremos que o sonido sexa contundente. Polo tanto cremos que
nos nosos directos vaise atopar moita raiba pero tamén moita festa.
Polo de agora está funcionando moi
ben, non pensamos que tivera tan boa acollida, bueno, o cd en formato
físico ten un deseño moi elaborado que axuda a que entre polos
ollos antes que polos oidos, deseñado por Martín de MACHINA, e
nestes tempos que corren no que a xente xa o colle todo en mp3 non é
fácil sacar adiante un cd, asi que non nos podemos queixar de
momento.
- O videoclip presentación foi CONTROL DO MAL, que chegou a ser finalista no festival de CANS, como xurdiu?
Todo empezou de casualidade, tocábamos
nun festival en Compostela e xurdiu que na organización había xente
de DEICA AUDIOVISUAL, propuxeronnolo tema de facelo clip xuntos e
puxemonos a traballar nelo. Foi toda unha experiencia, ademáis de
forxar unha boa amizade cos compañeiros de DEICA AUDIOVISUAL, bos
profesionais e mellores persoas. Pasamos un fin de semana de
traballos forzados en Neiva, na zona de Viana do Castelo pero pagou a
pena.
O video funcionou moi ben, non só foi
finalista no festival de CANS, tamén o foi no festival de Primaveira
do Cine de Vigo.
- Gañástelo concurso NOVO SON da radio galega, como foi tocar no XVII DERRAME ROCK?
Outra gran experiencia que nos tocou
vivir, non estamos afeitos a tocar en grandes festivais e gustounos
moito ver como funciona dende dentro todo, non íamos ser sempre
espectadores. A ver ser se repite máis veces.
- Plans de futuro?
A verdade é que plans hai moitos pero
que se poidan contar poucos, non podemos poñernos datas para nada xa
que os nosos traballos fan moitas veces de freo ó grupo polo que
tentamos ir con calma e centrarnos en tocar todo o que poidamos,
esperamos gravar algo novo pronto pero bueno, xa veremos como de
longo é ese pronto, o que si seguiremos é facendo ruido, non vos
esquenzades de nos.
- Que lle diriades á xente que non vos coñece?
Se tédele oportunidade de escoitarnos
non a perdades, igual atopamos a alguén que lle guste e todo hehehe,
non xulguemos sen escoitar.
Na nosa web www.k-raxe.com
haberá sempre algo para escoitar ou ver, non perdadela ocasión.
Unha aperta e moitas gracias.
FERRO!!!