Virandeira Folk son:
Chema Alonso (gaita),
David Oitabén (frautas),
André Taboada (violín),
Roberto González (guitarras),
David Casal (baixo) e
Álex García (batería
Virandeira Folk é unha banda de folk fusión que aposta pola mistura de xéneros, estilos e sons. Unha visión da música que foxe do contemporizador na procura do ecléctico, filosofía que é aceno de identidade do grupo e que xorde directamente da variedade de influencias musicais dos seus propios compoñentes.
Virandeira Folk prosegue a súa andaina polo panorama musical galego coa gravación dun novo disco, Metamorfose, unha proposta musical viva, fresca, moderna e singular. A banda viguesa tivo o seu debut discográfico no 2012 con Sons do Atlántico, un álbum que foi presentado no Culturgal daquel ano e que tivo unha gran acollida do público en escenarios como o Auditorio Afundación de Vigo.
Con Metamorfose (2015) o grupo evoluciona cara un espectáculo máis xenuino e vital, sen olvidar a expresividade e sensibilidade dos temas cós que a banda deuse a coñecer. Virandeira Folk invita ao público dos seus concertos a sentir durante hora e media a intimidade do Atlántico, a forza das danzas célticas, o exotismo dos seus influxos orientais… en definitiva, a vivir en primeira persoa unha particular viaxe que non poderá esquecer
Os cambios experimentados nos últimos anos levaron á banda a regresar ao estudo de gravación para plasmar esta nova identidade en Metamorfose, un álbum no que a gaita, a frauta e o violín mistúranse coa guitarra eléctrica o baixo e batería e os sons da música celta irmánanse con riffs e armonías máis propias do rock, o jazz, o pop… En definitiva, unha proposta ecléctica que de seguro sorprender.
Editado e distribuido por Inquedanzas Sonoras Metamorfose está á venda en formato físico en librerías das catro provincias galegas e próximamente en grandes superficies comerciais como El Corte Inglés ou Fnac
Metamorfose está dispoñible en formato dixital nas principais plataformas musicais da rede:
Amazon, Spotify, Google Play, Shazam, rdio, Deezer…
Producido e gravado por Pablo Gaez en Mousehole Estudios
Masterizado por Luca Martello en Major Oak Audio Mastering (Nottingham, Reino Unido)
TRACK LIST
1-Metamorfose: Virandeira Folk
2-Gypsy Girl: Sword of the Far East
3-Sempiterno: Virandeira Folk
4-Gillies: P.Gauthier, interpretada como Wolfstone
5-Alén: André Taboada
6-Thamanstorm: Roberto González
7-Two Fifty to Vigo: Angus Grant
8-Morrison's Jig: tema popular
9-Hector the Hero: tema popular
10- Prost!: Chema Alonso
O videoclip Gypsy Girl, amosa a calidade da música producida por Pablo Gaez e do video realizado por Area Productions.
Virandeira Folk - Gypsy Girl
DISCOGRAFIA PREVIA:
Sons do Atlantico (2012)
Podedes mercar o seu primeiro disco. nos seus concertos e na tenda física de http://www.inquedanzas.com/index.php, no Corte Inglés, e tamén en formato dixital en portais como Itunes ou spotify.
1. Ondanadas
2. O Refacho
3. De sete estralos
4. O Penedo
5. Vagalume
6. Noces de granit
7. Trégola
8. Ceol agus craic
9. Virandeira
10. Sons do Atlántico
11. Vagalume (instrumental)
PARA MAIS INFO:
VIRANDEIRA FOLK
CONTACTO:
Teléfono: 649.030.508
E-mail virandeirafolk@gmail.com
Facebook: facebook.com/virandeirafolk
Twitter: twitter.com/virandeirafolk
Youtube: youtube.com/virandeira