FEDERACION GALEGA DE FESTIVAIS

Bota a andar a Federación Galega de Festivais
 

O sábado 26 de xaneiro de 2013 constituíase en Santiago de Compostela a Federación Galega de Festivais. 15 asociacións sen ánimo de lucro, organizadoras todas elas de festivais de música na Galiza, deciden xuntar esforzos para optimizar os seus recursos e garantir a supervivencia da rede de festivais que ao longo de todo o ano serve de altofalante á música do país.
A Federación Galega de Festivais nace co obxectivo de promocionar a música do país e a organización de concertos e festivais, con especial atención ás comarcas rurais. Pretende dar apoio ás asociacións que dinamizan o tecido cultural galego e fomentar a comunicación e o intercambio de ideas entre elas.
 

A nova federación acolle polo de agora as asociacións organizadoras do:
Castañazo de Chantada, 
Revenidas de Vilaxoán, 
A Festa da Poesía do Condado,
Treze-Catorze de Salceda,
Vibra do Bierzo, 
Festa Folc de Vilariño, 
Rebumbio de Mos,
Terra Brava do Incio,
Festival Furtivo Cangas
A Chorar a Cangas ,
A Rebusca e A Rebusca de outono de Manzaneda, 
Festival das Brétemas de Ponteareas, 
San Martiño Caníbal de Sarria, 
Festival Taíña de Goián,
Castelo Rock de Muros 
Berra Val Miñor.

 Moi logo ha aumentar o número de festivais, xa que hai varias asociacións que por distintos motivos non puideron enviar ninguén a Compostela ou non achegaron a documentación precisa para constituír a federación pero que se han asociar na vindeira Asemblea Xeral da federación, a primeira, que se prevé celebrar contra o mes de marzo. Ademais, desde a federación se quer facer un chamado ao tecido asociativo do país vinculado á organización de festivais musicais para se integrar neste proxecto que pretende darlle pulo á música ao vivo no país. Polo de agora, o contacto da Federación é o enderezo e-mail: fgfestivais@gmail.com.