JOHN HAPPY DRIVER

Para escoitar JOHN HAPPY DRIVER preme eiqui
Son:

Consta de unha batería na cal Brais Abeijón deslumbranos  co seu reconocible estilo, unha guitarra que sostén os acordes de Manuel Rama (ou Torres), e un baixo que…un baixo que toca Alberto Morales (ou Kuber).


"Somos un Grupo de tres membros empadronados no concello de Muros con un estilo punk-hardcore, con letras un tanto sarcásticas  e divertidas.

A banda naceu dun choque inevitable de tres figuras musicais e artísticas, que se viron obrigados a tocar unha noite no Bar Torres, en Esteiro, marcando o fin do verán 2010. Foi o alí onde, moi meditado, xurdiu o nome de John Happy Driver (tradución de Juán conductor feliz) na honra de un conductor de Ponte Nafonso, caracterizado polo seu bo humor, e a súa constante loita por manter un autobús feliz cando leva e trae aos escolares.
Despois de un parón, debido a motivos personais e individuais, volvimos a escena no café concerto Tabasco, na Serra de Outes, tocando co grupo Terbutalina.
Pouco despois ingresamos na Sala Nasmo de ensaio, onde nos lanzamos na composición de temas e ampliamos o repertorio considerablemente en un corto espazo temporal. Volvimos a tocar no Torres a principios de Xullo de 2011, ensinando o noso novo directo.
Pouco despois fomos chamados para tocar en Lariño co grupo Desterrados no bar Leiradal
En Agosto tivemos un novo concerto en Lariño nunha festa do Mexillón , e en Muros no Festival da Sala Nasmo. E apartires de ahi tocamos en varios sitios máis.
No temario das letras encontramos unha variedade de temas, sempre con bo rollo, dende paranoias como “Gintonic espasial” hasta críticas á telebasura e a personaxes como Belén Esteban, incluso unha versión de un canto tan popular como os “bistecoles” da Roda. Todo isto mezclado con un punk forte e marcado de corta duración.
E é que as cousas claras, e o chocolate espeso."


Se queres saber máis no facebook JohnHappy Driver
contacto:
johnhappydriver@hotmail.es





musica en galego john happy driver

musica en galego john happy driver