O único grupo galego que conseguira dito galardón no festival Folkherbst foi Berrogüetto en la edición de 1998
O gaiteiro Anxo Lorenzo regresou a pasada fin de semana á localidade alemana de Plauen para recoller o premio que o acredita como mellor grupo folk con voto do púbico. Así o recoñeceron fai apenas tres meses os asistentes ao seu concerto no Folkherbst, festival referencia da música folk en Alemania, que distingue aos mellares grupos entre os participantes de cada edición. Xunto a Anxo Lorenzo, foi galardoado o grupo Francés Pad Brapad, quenes completaron a noite musical no excepcional marco do ateigado teatro Malzahaus o pasado 28 de Xaneiro.
Este galardón supón un novo empuxe á carreira e proxección internacional de Anxo Lorenzo, quen trala publicación do seu primeiro traballo en 2010, xa se atopa en pleno proceso creativo do que será o seu segundo disco.