SACHA NA HORTA XA TEN GAÑADORA DO CONCURSO DE DESEÑO

Queridísim@s amig@s das musas do deseño, prácenos comunicarvos que XA TEMOS GAÑADOR@!!!!!!!!!!!!!!!!

Como denotan claramente os nosos caretos retorcidos pola concentración (e o apalomine da sobremesa), a cousa estivo complicada. Pero finalmente chegamos a un acordo sen case que ningunha violencia.

Por ter sido quen mellor captou a esencia sachadora; ter aportado, pois, o deseño co que máis nos identificamos; por ter sabido incorporar ideas aportadas por outra compañeira, demostrando unha sólida competencia no traballo en equipo e a cooperación (valores todos eles que esta banda sempre atendeu e gustou de expandir como esporas pola fraga humana); pola enorme carga de simbolismo que cada elemento entraña no bocexo e por esa tan tipicamente galega humildade á hora de titular á súa obra como “CUTRE IDEA” , concedemos o premio “SACHAZO 2013” a Pseudomorcega Meboide.
Parabéns pola obra, compañeira!!



Con todo, non puidemos deixar sen recoñecer dalgunha maneira a achega que rompeu o xeo a tan masiva e brillante participación. Concedemos a Lety Cor Kafe un accésit pola súa aclamada obra e o seu símbolo gañador, cunha dotación dunha camisola de Sacha na Horta.
Parabéns tamén a ti pola fermosa obra!!
Queremos agradecervos a tod@s de corazón a vosa participación neste concursiño, que resultou tan cheíño de chispa e ideas a esgalla. E pedirvos que vos manteñades ben alerta porque nesta tempada de “festa horteira” ben seguro habedes recoñecer non poucos elementos dos vosos deseños nos escenarios nos que sachemos. E por certo que volo imos agradecer!

E non perdades de vista o noso caralibro porque pronto vos daremos a coñecer os novos atavíos da banda!!