MILESIOS ALEN MAR

Milesios lanza o seu primeiro disco Alén Mar
O grupo de música celta Milesios acaba de publicar o seu primeiro disco, titulado Alén mar. Fiel á súa traxectoria, o disco contén obras tradicionais e obras compostas polo grupo. A peza que dá nome ao disco, Alén mar,  é unha das primeiras composicións do grupo e fai referencia á viaxe que os Milesios fixeron hai miles de anos desde as costas de Galiza cara Irlanda. Neste primeiro traballo, o grupo introduce por primeira vez a voz en dúas das catorce pezas que compoñen o disco. Unha das pezas cantadas constitúe a versión musical dun poema de Darío Xohán Cabana e, para a súa interpretación, Milesios conta coa colaboración especialde Pilocha Martínez. A outra peza cantada é un tema tradicionalno que Carolina Vázquez Castro se une ás voces que aportan os compoñentes do grupo. A produción de son correu a cargo de Ezequiel Orol, de Fuzz Audio Facilities, Daniel Díaz Trigo é o responsable das fotografías e o deseño gráfico, mentres Nerea Pallares escribiu evocadores textos para cada un dos temas.

Breve historia de Milesios
Milesios nace recén comezado o verán de 2009, do interese común por interpretar música de raíz galega e
irlandesa.
Desde entón, participan en diversos festivais:PenelaRock (2009), Rabafolc (2010), Festival celta máis pequeno do mundo (2011 e 2012), San Froilán (2011), Noite Celta de Porcía(2012)e Pardiñas(2012).
Ademais, actúan enlocais de música en directo de toda Galiza comoARepichoca, na Coruña, Clavicémbalo, en Lugo, O Con do Moucho, na Illa de Arousa, Taberna Marrucho, en Baiona, ou A Farándula e o Torreiro da Festa, en Vigo.
No ano 2011 participan no Proxecto Runas do Festivalde Ortigueira, sendo seleccionados con outros 10
grupos para afinal.
No ano 2012son seleccionados entre os 6 finalistas do III Certamen ‘Folk en la Sierra – FIS 2012’. A final foi aprazada para o presente ano 2013 por falta do orzamento necesario.

Brais Freire:frautas e gaitas
Breogán Pereira:percusións e voz
Manuel Mª Veiga: baixo, bouzouki, guitarra e mandolina
Moucheiro: guitarra, bouzouki e voz
Paula Veiga:violín
Xesús Villarino: frautas, ocarina, gaitas, voz e pandeireta

Información e contacto:
http://milesios.blogaliza.org/grupomilesios@gmail.com
Brais 677770944Breogán 697849254Moucheiro 629807906