DESPOIS DE TI A CHUVIA


Despois de ti, a chuvia
Xosé Carlos Caneiro e Emilio Rúa.
O disco-librodespois de ti, a chuviaé un exercicio de solidaridade entre dous artesáns das verbas e da música: Xose Carlos Caneiro (poeta, escritor e periodista) e Emilio Rúa (compositor e músico).
A obra, editada por Francisco Castro (Editorial Galaxia), e co apoio da CRTVG, foi xestada durante o ano 2011, e presentase nun formato de disco-libro. Nel, o lector poderase atopar coa poesía sinxela e elegante de Xosé Carlos Caneiro, e coa súa particular visión do mundo e das cousas cotiás; así como cun disco onde Emilio Rúa musicou de xeito doce e coidado varios dos poemas que inclúe o libro.

O disco que forma parte do libro disco, foi grabado durante o verán de 2011 no estudio 5 da Radio Galega, baixo a producción do propio Emilio Rúa, e con Toño Vázquez como técnico de son. Nel participaron músicos de diferentes disciplina como José Gayoso (guitarra acústica, guitarra española, mandolina e dobro), Seginho Sales (teclados e acordeón), Alberte Rodríguez (contrabaixo) e Guillermo Prieto (trompeta).


Para mercalo  Galaxia