Como comezou o que
tal vez será o mellor grupo bravú en sinco metros á redonda (como
decides vos), Skalopendra?
Todo empezou no IES
Faro das Lúas que, jrasias a Jorge o noso profesor de música nos
deu a idea de faser un jrupo para actuar no instituto, justounos a
idea e empesamos a darlle caña no que naquel tempo se chamaba ‘The
Harbour Of The Dreams’ e empesamos a faser versións de Franz
Ferdinand e U2. Daquela aínda contabamos con Bouzas cantando e
jitarra ritmica á parte de nos: Chris jitarra solista, Xoán ao
baixo e Nolo á batería.
Un
curso despois démonos conta de que éramos uns maricóns tocando eso
e queríamos pasalo ben tocando e faser bolos por ahí adiante asique
cambiamos o aspecto radicalmente.
Máis
tarde, xa ensallando na casa de Nolo e non no instituto uneuse Morón
de corista e ‘showman’ (co que non contabamos é con que tería o
posto de Bouzas máis tarde). Con esta formasión conosemos a moitos
grupos dos que nos fixemos dalgúns bós compañeiros e doutros
soupemos que eran uns papóns (coma en todolos lados). Grupos coma os
increíbles ‘Rumblin Rose’, os ‘A Sacho’, os
‘Borderline79’,etc.
Despois
duns consertos tocando xa unha malloría de temas propios tivemos
varias casi-desaparisións do grupo por problemas radioactivos con
Nolo, Chris e Bouzas, finalmente Bouzas optou por deixar Skalopendra.
E
nos disimos que nese momento foi onde naceu o verdadeiro Skalopendra.
Seguimos
dandolle duro no inverno e bajeando no verán, todo o contrario que
os grupos normales. E conosemos a jrupos coma os ‘The Fé Kaos’,
os ‘16Balas’ e un larjo etc.
Ajora
dedicamonos a tocar o que nos deixen e pasalo o mellor posible.
Cales son vosas
influencias?
Ao prinsipio os
Heredeiros da Crus, pero fumos medrando e cada un desarrollou uns
justos diferentes.Morón movese máis polo rock n’ roll máis
clasicote que hai coma ZZ Top, os Creedence... . Chris escoita
movidas chungas de musica esperimental mui raras pero ás veces moi
duras coma Tame In Pala, ou The Mars Volta. Xoán escoita desde as
muiñeiras máis enxebres dos Terribles da Arousa hasta o punk máis
trapalleiro que se pode escoitar no primeiro CD de Siniestro Total.
Nolo escoita de todo un pouco de todo pero eso sí, a maioría en
jallejo ou en spanish porque sinón di que non entende as letras.
Así é que temos temas
máis ska, outros máis duros e outros máis rockeiros.
Eso de mezclar
tantos estilos diferentes e bó?
Pensamos que sí
porque é moi aburrido pasar todo o tempo tocando o mismo estilo, por
eso ai miles de grupos que de onte pa acá cambian facendo algo moito
máis ‘rancio’ que nos primeiros éxitos destas bandas. Para nós
tamén é máis etretenido e máis levadeiro.
Que é o que mais
vos gusta deste mundillo e o que menos?
O que máis, e sexamos
sinceros, saber que desde que chegamos para montar hasta que nos
vamos do local para a casa a bebida paja. Outra cousa é o de tocar
música feita por nós, e pasalo ben e esas mariconadas (risas).
O que menos, o
desprezo de moita xente hacia a música e os músicos nacionais
porque en Jalisia ai moitos grupos moi moi moi bós, pero a xente
como quere ser ‘rockera’ pois escoita o novo CD dos GNR en ves de
ir ao ensallo dos vesiños que tocan no jalpón da abuela do Ramón.
E despois non mola tampouco a xente dos grupos que veñen a decirche
como tes que faser as cousas rindose de ti e esmajandoche a cabesa ca
mirada, pero a esos nada, non son nin esterco. Pero o peor, o
peorsiño de todo esto son as mentiras, o engaño ao que todo grupo
está sometido, á frase de SEXO, DROGHAS E ROCK N’ ROLL. Servesa e
tabaco non faltan nos consertos, rock n’ roll tampouco, pero o do
sexo e a mentira máis jrande do mundo! AQUÍ NON SE MOLLA UN CHURRO!
Xa pasou de moda esto de:
-Ei mosa sonche unha
estrela rockeira, ves ao esterco?
E con eso xa estabas
arreglado, hoxe en día merda para os músicos.
Como definiríades o
voso estilo musical?
Buf! Qué gran dilema!
E aljo moi diferente a o que hai en Jalisia, somos un jrupo máis do
panorama Jallejo.
Tedes algún
concerto anecdótico?
Hai máis de un, por
exemplo os consertos que demos en Catoira sempre tivemos mala suerte
e nunca nos veu casi nadie a mirar como fasemos festa, o que demos en
Cambados na discoteda Zao foi enorme pero o que destaca na nosa
carreira foi no festival Punkallada Festival xa que os compañeiros
de Zero Celsius e de Upcoming Of Devastation quedaron sin tocar
porque o concerto foi pechado pola polisía por un problema de cartos
co organizador e os de son entre outros, foi unha experiencia única
acabar de tocar o conserto noso e ver á polisia entrar no resinto.
Antes de rematar,
como vos describiríades coma personas?
Qué clase de prejunta
é esa? Bueno, Morón é de Carril... Christian é
do Sixto... Xoán é un tocapelotas e Nolo é un repunante
tanto nos ensaios como no día do conserto, pero non nos levamos mal
de todo.
Por último, como
decides que é a vosa evolución?
Cremos que
evolusionamos coma os Pokémons (risas). Cremos que a nosa evolución
e algo lenta, pero aínda nos queda toda a vida por diante para
chegar a ser un dor grandes no panorama bravú de Jalisia. Xa non
disimos á altura dos Diplomáticos ou dos Papaqueixos, pero estar
ahí si que sería un jran plan de futuro!
SAUDIÑA, CABESIÑA E
SUERTE!