Loaira


LOAIRA

O grupo Loaira xorde por mor das inquedanzas que os seus compoñentes amosan na búsqueda de sons novos e versátiles, bebendo directamente da Música Tradicional Galega, mais apostando fortemente pola música de autor. A súa proposta musical está intrínsecamente ligada ao eido da Literatura e para conseguir esta comuñón entre música e literatura contan coa colaboración da poetisa Mariña Pérez. Todos os membros contan cunha dilatada experiencia, froito do seu paso por outros grupos, así como a colaboración con músicos doutras bandas.

LOAIRA SON:

Clara Pino, arpa celta e voz.

Nace en Vigo no ano 1972. Inicia os estudios musicais no Conservatorio de Música de Vigo a idade de oito anos. Entre os seus traballos máis salientables na música clásica destaca a de ser membro do octeto renacentista Música Reservata, co cal deu numerosos concertos.. Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago, comenza os estudos de música tradicional na disciplina de arpa celta impartida por Rodrigo Romaní no Conservatorio de Música popular, en Vigo. Do ano 2004 ata xullo de 2007 pertence ó dúo Sete Saias co cal edita un disco, contando coa colaboración como Rodrigo Romaní, Xosé Manuel Budiño.

Rubén Abel, guitarra.

Finaliza o grado superior coas máximas calificacións en Santiago de Compostela. É premiado en diversos concursos e festivais: "Cursos Universitarios Internacionales de Música en Compostela", premio Andrés Segovia- Juan Miguel Ruiz Morales (2004); "XVII Concurso Internacional de Guitarra de Cantabria", 1º premio (2004); "62ª edición del Concurso Permanente de Jóvenes Intérpretes" de Xuventudes Musicais de España, 2º premio (2004); "VII Concurso de Interpretación Villa de Salou", 1º premio (2004);"XIII Concurso Internacional "Guitarras Admira", 1º premio (2005); "IV Concurso Internacional de guitarra Concello de Gondomar", 1º premio (2006); "I Concurso Internacional de guitarra Valle de Egüés", 2º premio (2006); "V Concurso Internacional de guitarra José Tomás Villa de Petrer", 1º premio xuvenil (2006); "V Concurso Internacional de guitarra César Aira"(León), 2º premio (2007); "II Concurso Internacional de guitarra Valle de Egüés", 2º premio (2007); "VI Concurso Internacional de guitarra Villa de Aranda",1º premio (2007); "V Concurso Internacional de guitarra de Moisycos" (Italia), 1º premio (2008). É seleccionado polol INJUVE como solista nos circuitos de música clásica 2007. Becado pola Fundación Segundo Gil Dávila e pola Sociedade de Artistas Intérpretes ou Executantes de España (Beca Ramírez), realiza estudos de postgrado na Universidade de Música e Artes Dramáticas do Mozarteum de Salsburgo (Austria) baixo as ensinanzas do Catedrático Eliot Fisk e de Ricardo Gallén, obtendo tamén as máximas calificacións. Ofrece concertos en España, Francia, Italia, Xapón, Rusia, Tailandia. Invitado para participar en Festivais Internacionais de Guitarra, (Magnitogorsk, Tailandia, Asia, Pontours-Lalinde, Moisycos, Villa de Aranda, Zarautz, Morelia, Lima.) imparte tamén clases maxistrais e é xurado en diversos concursos internacionais. Actualmente é profesor de guitarra no Conservatorio Superior de Música "Eduardo Martínez Torner" de Oviedo, compaxinando a súa actividade docente coa concertística.

Roi Adrio, percusión.

Nace en Vigo no ano 1985. Inicia os estudios no Conservatorio Superior de Música de Vigo á idade de 9 anos. Prosegue a súa formación adentrándose no mundo da música tradicional e a percusión. Estuda batería no seminario Permanente de Jazz de Pontevedra. Membro de APERTA (Asociación de Percusionistas e Tamborileiros de Galicia) Membro, entre outros proxectos, de Faltriqueira e Quempallou, grupo co que leva editado tres traballos discográficos.

Pedidos: sonsgaliza@sonsgaliza.com