Para escoitar TREIXADURA preme eiqui
TREIXADURA é sinónimo de música tradicional, ritmos, cantigas einstrumentos galegos que encaixan tanto nas romarías máis populares coma nas festas e eventos urbanos, co obxectivo de que o público goce bailando, cantando e escoitando música de seu.
O grupo Treixadura está formado por:
Toniño López: Tambor e pandeireta.
César Longa: Acordeón.
Pablo Nogueira: Gaita e percusións.
Magoia Bodega: Gaita e bombo.
Xaquín Xesteira: Gaita e percusións.
Orfeón Treixadura (10 voces): Alberte Raposo, Delio Domínguez, Toño D. Fontenla, Moncho Marín, Álvaro Lamas, Gustavo Cuntín, Mingos Lorenzo, Antón Cabaleiro, Xurxo Raposo e Pablo Rei.
15 músicos que proveñen de propostas musicais variadas e teñen encomún o gusto e o respecto pola música tradicional, motivo abondo para que hoxe representen e dignifiquen este proxecto.
Treixadura ofrece desde 1990 un espectáculo musical sorprendente a través de dúas concepcións ben arraigadas na tradición galega: o canto e a gaita. O resultado é unha proposta artística que recupera a música tradicional e, á súa vez, representa unha achega á cultura a través das súas composicións e a recuperación de pezas e cancións populares.
Fieis ao compromiso co seu público, tentando elevar a música tradicional ao máximo nivel, Treixadura foi modelando o seu camiño transformando o estilo, sen renunciar ao seu son característico. Ao longo da súa traxectoria son moitas as melodías que rescataron do anonimato e outras tantas creadas para que a cadea de transmisión da música tradicional continúe viva. Un xeito de facer cunha personalidade moi característica, de fiar a raíz musical da nosa cultura co xeito de entender hoxe a música tradicional.
28 anos de gravacións e concertos, 7 discos no mercado, unha variada gama de colaboracións discográficas e vida en común, compartindo co público o poder e a forza evocadora, máxica e reconfortante do canto colectivo.
Treixadura foi galardoado nos primeiros Premios Galegos da Música Martín Códax, entregados en decembro de 2013, como o Mellor Grupo de Música Tradicional Galega. En 2014 recibiron a homenaxe da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística pola súa exquisitez no tratamento musical e escénico do noso folclore e o seu traballo a prol da recuperación da música tradicional galega.
Discografia:
Treixadura quere recupera-las melodías dos inicios para descubrir cómo lles cae a madurez e a experiencia ós seus temas más emblemáticos.
Máis unha vez, coa colaboración do ben querido Coro da Agrupación Folklórica Cantigas e Agarimos.
Este “Camiño longo” será o rexistro dunha parte da vida compartida con todo o público do grupo: «30 años de emocións que embotellamos coa esperanza de que vos leven, como a nos, a revivir momentos inesquencibleis. Que vos preste! «
Camiño longo é un disco que percorre a traxectoria artística, visual e histórica da longa traxectoria musical de Treixadura, que recolle tradición e que valora a súa riqueza cultural.
Camiño longo Constará de 17 cancións e máis de 100 páxinas da historia do grupo nas que poderemos atopar fotos inéditas, momentos das súas grabacións, imáxenes de concertos e ....
Inda canto (2018) é unha nova aposta do grupo por reinventarse e seguir a andar camiños musicais a carón da tradición. Composto por 12 cancións Inda canto ten unha mensaxe clara, tras vinte e oito anos en Treixadura “inda cantamos, aínda temos folgos para cantar, tocar e achegar a tradición galega á xente a través dos nosos concertos. Temos moitas gañas de seguir contribuíndo a fomentar a nosa cultura, difundindo composicións propias e antigas que respectan a tradición”. A música tradicional ten a súa orixe na necesidade de comunicarse da tribu, do pobo, de transmitir… Galicia ten unha marabillosa tradición de letras e cancións, moitas veces esquecidas, e Treixadura fai un traballo de recuperación e difusión moi importantes para non deixalas no esquecemento.
TEMAS
1 – Inda canto
2 – Foliada de Suevos
3 – D corazón, un cariño
4 – Pasodobre do gaiteiro
5 –Foliada da Estrela da Guía
6 – Muiñeira de Baiona
7 – O carro
8 – Muiñeira da Revolta
9 – O can de Melide
10 – Soidades
11 – Pasodobre da benvida
12 – Maruxa
Vendima tarda (2014) CD + DVD
Treixadura celebra os seus vintecinco anos na música tradicional co lanzamento do álbum gravado en directo Vendima tarda. O disco contén dous CDs con temas clásicos do grupo, canda outros novos.
O disco foi gravado no Centro Cultural Afundación (García Barbón) de Vigo nos dous concertos que ofreceu os pasados días 3 e 4 de outubro con motivo da gravación ao vivo do seu disco de 25 aniversario; concertos que tamén foron rexistrados en vídeo.
Nestes eventos especiais Treixadura repasou a súa carreira de 25 anos convidando para elo aos compañeiros que nalgún momento da súa historia formaron parte do grupo e, así mesmo, contaron coa colaboración especial da histórica coral Cantigas e Agarimos de Santiago.
O novo disco será a base da súa xira de concertos de 25 aniversario para a tempada 2015.
Esta si que é muiñada 2011
Con este traballo, Treixadura pretende “revivir a música e os cantos populares que aínda se ocultan no substrato dun pobo que garda con celo o seu patrimonio cultural”. Para desenvolver esta declaración de intencións, o grupo contou coa colaboración dos coros decanos Galegos “Cantigas e Agarimos” (Santiago de Compostela), “Cántigas da Terra” (A Coruña), “Real coro Toxos e Froles” (Ferrol), “Coral de Ruada” (Ourense) e “Agrupación Musical de O Rosal” (O Rosal, PontevedrA).
Unha semaniña enteira 2006
Unha noite non é nada 2003
Unha noite no muiño 1999
Obrigado 1996
Para máis info: Treixadura.com
musicaengalego treixadura
musica en galego treixadura