E QUEN FAI MÚSICA PARA NÓS? é a elocuente pregunta que fixo unha rapaza de 3º da E.S.O. no marco dun obradoiro musical Xénero Versos para previr a violencia de xénero a través da creatividade. As palabras desta alumna foron o inicio dunha andadura coa cal buscouse dar voz a artistas galegas e intentar transmitir as súas mensaxes a todos os públicos.
E QUEN FAI MÚSICA PARA NÓS? converteuse nun proxecto que busca contribuír e apoiar a escena musical galega, no que colaboran 11 artistas provenientes de estilos musicais diferentes, que se atopan nun espazo común onde expresarse e crear novos temas. O resultado son 8 cancións que mesturan diferentes sensibilidades sobre ritmos próximos ao hip-hop.
As voces que se sumaron a este proxecto son a cantautora arzuá MJ Pérez; figuras da escena hip-hop galega como Nadie González, Neret, O Rabelo (con sona na cultura das regueifas), ST (integrante de Flow do Toxo) ou Aid (rapeira viguesa de longa traxectoria); cantantes e compositoras tan polifacéticas como ELBA (pop de vangarda dende Compostela) e Xoana (artista con matices de jazz e R&B comprometida coa lingua); o grupo de pandereteiras Lilaina (integradas en propostas tan potentes como Baiuca ou Xosé Lois Romero & Aliboria); e, finalmente, telma, prometedora artista do noso panorama tanto musical como escénico, que xunto con Sergio Maceira ao piano ofrecen a canción máis melódica do disco.
Temas:
01 AID x MJ PÉREZ – NA DISTANCIA
LETRA E VOZ: Aid, MJ Pérez
BEAT: Satareixas
GRAVACIÓN: Pancho Delis en Planta Sónica
MIXeMASTERING: Peter Petrowski
02 ST x O RABELO – BARRO
LETRA E VOZ: ST, O Rabelo
BEAT: Satareixas
COROS e PERCUSIÓN: Temible Olivina e Pandereteiras do Alargho
GRAVACIÓN: Pancho Delis en Planta Sónica
YouTube
ST x O RABELO - Barro
https://www.youtube.com/watch?v=s5G2G3EIrnI
03 XOANA – DE CERO A CEN
LETRA E VOZ: Xoana
BEAT: Satareixas
GRAVACIÓN: Pancho Delis en Planta Sónica
04 NADIE GONZÁLEZ – ANA KIRO
LETRA E VOZ: Nadie González
BEAT: Satareixas
GRAVACIÓN: Pancho Delis en Planta Sónica
Nadie González - ANA KIRO
https://www.youtube.com/watch?v=OJSHi4UDpGQ
05 telma – SOÑADOR
VOZ: telma
PIANO: Sergio Maceira
COMPOSICIÓN MUSICAL E LETRA: telma, Sergio Maceira
ARRANXOS: Satareixas
GRAVACIÓN: Pancho Delis en Planta Sónica
06 CUSPINDO BREA
LETRA E VOZ: Nadie González, O Rabelo
BEAT: Satareixas
GRAVACIÓN: Pancho Delis en Planta Sónica
NADIE GONZÁLEZ x O RABELO - CUSPINDO BREA
https://www.youtube.com/watch?v=ZH1eUlAY-40
07 NERET x ELBA x MJ PÉREZ – MENSAXE NUN BOTE
LETRA E VOZ: Neret, ELBA, MJ Pérez
BEAT: Satareixas
GUITARRA E BAIXO: ELBA
GRAVACIÓN: Pancho Delis en Planta Sónica
08 LILAINA – CHAMA MOZA A BAILAR
LETRA E VOZ: Andrea Montero, Alejandra Montero
BEAT: Satareixas
PERCUSIÓN: Andrea Montero, Alejandra Montero
MIXeMASTERING: Peter Petrowski
Paxina Web:
https://equenfaimusicaparanos.wordpress.com/
Podedes escoitalo enteiro no spoty.
CONTACTO:
Camilo Pampín
equenfaimusicaparanos@gmail.