GHARBO

Para escoitar GHARBO preme eiqui
O Centro Coreográfico Galego (CCG) coproducirá na presente tempada escénica 2012 o espectáculo titulado «Gharbo!» xunto á compañía de danza CONTRA2 que representa Nelson Quinteiro.
«Gharbo!» propón fundamentalmente unha fusión entre a música e a danza tradicional e novas formas musicais e de movemento máis experimentais, con un elenco no que destacan profesionais da música tradicional da altura de Suso Vaamonde, Xosé Lois Romero, Ricardo Rozas e Nelson Quinteiro, así coma bailaríns da traxectoria de Pastor Rodríguez Feal e Iván Villar.
Para a consideración deste proxecto, o Centro Coreográfico Galego valorou especialmente a súa calide e interese artístico, a traxectoria profesional e solvencia da compañía e dos artistas, e a achega ao desenvolvemento e á renovación das artes escénicas en Galicia.
O proxecto supón o reto de levar adiante un montaxe destas características sen máis apoio institucional que o asesoramento técnico e artístico, así como a cesión de músicos, técnicos e xastras da propia axencia. Unha nova formar de entender o sector cultural e a súa relación coas administracións públicas.
A montaxe será presentada diante dos medios e profesionais do sector o xoves 12 de abril ás 13:00 h no Centro Ágora da Coruña. A súa estrea será os días 10 e 11 de maio ás 20:30 h no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.

Para máis info: GHARBO
Contratacións: Koldobika Gomila contradous@gmail.com TL.:881 888 931 / 615 684 769