Xoán Eiriz "Desde que empecei a cantar, fai máis de trinta anos, sempre tiven como pensamento fixo amosar que o galego é unha lingua flexible para cantar calquera tema".
Sempre en galego, porque o seu traballo vai enfocado nunha mesma liña, a de dignificar o idioma e facer entender á xente a través da voz que o galego vale máis que para facer máxicas as composicións poéticas.
O seu novo disco, “Trinta anos e unha cantiga de amor”, resume as tres décadas adicadas a música . En concreto, elixe 18 cancións que amosan o seu carácter ecléctico e falan de aquí e de acolá.
Son clásicos como “Unha noite na eira do trigo”, de Curros Enríquez ou “Alfonsina y el mar” para rematar o conto con aquela que di en francés “Non me deixes non” e cantaba un tal Jacques Brel. Para Eiriz esta é a cantiga de amor máis bonita de todos os tempos aínda que, en realidade, sexa de desamor porque está pedindo que non o abandonen.
O álbum que xa está no mercado é o undécimo da súa carreira pero o primero en directo. Saiu do concerto que o cantante ofrecía no Rosalía en decembro de 2011 e que tiña ademais o aditivo de solidario porque os cartos da taquilla foron a parar aos proxectos que desenvolve o colectivo Terra de Homes, e que van dirixidos a suplir as carencias en atencións médicas que existe en África. O seu repertorio traduciuse daquela en bisturí, cama de hospital, vendas e unha casa, á que ofrecen españois de todo estado para que os internos descansen antes de voltar. Nun fogar adoptivo.
Explica Eiriz que a decisión de editar aquela noite xurdiu despois. No momento en que os focos do Rosalía se apagaron e Eiriz tivo unha sensación de satisfacción inmensa. Propia de cando todo funciona á perfección como se o concerto estivera programado como unha máquina de reloxería.
Os que queiran mercalo que envíen, por favor,unha mensaxe privada ou un e-mail a :xoaneiriz@mundo-r.com coa vosa dirección.O prezo e de 10€ gastos de envío incluidos.Mil apertas¡¡¡