AID
Aida Alonso Iglesias, artísticamente Aid, estudante de Telecomunicacións na Universidade de Vigo, locutora de radio, colaboradora de televisión e mc.
Aíd nace en 1990 en Vigo, Galiza. Ten agora 20 anos de idade e vive nas aforas da cidade de Vigo. O seu contacto co hip hop chega entorno aos 12 anos da man do grafiti e a raiz disto caen nas suas mans os primeiros discos de rap. A sua afición a escribir e as suas inquietudes pola expresión xa dende moi nova deron lugar as suas primeiras grabacións caseiras de música rap sobre o ano 2003.
En 2004 con 14 anos, un amigo colga catro dos seus temas nunha coñecida páxina web, sacando á luz o que ía ser a sua primeira maqueta Demo (2004), coa que logra chegar a oídos da xente coa sorpresa que causaba unha nena de 14 anos facendo rap. Esto axudoulle a madurar no rap e como persoa e mantívose facendo música e directos pola cidade.
En 2005 créase a crew 8990 da que formou parte como mc ata a sua disolución.
Aquí Tenéis é a súa segunda maqueta, lanzada en xaneiro de 2007. Traballo autoeditado de 7 cortes e producións melódicas.
Dende verano de 2007 exerce de locutora e guionista no programa "Moito de Aquí" en Radio Piratona (106.0 FM Vigo), un programa adicado á divulgación dos grupos locais e en apoio a lingua galega.
Neste mesmo ano toma forma Licor Kafé, proxecto musical do que formará parte ata 2008.
O 22 de Octubre de 2008 proclámase gañadora da IV edición do prestixioso Festival Heineken Greenspace en Valencia por diante de máis de 1300 grupos, convertíndose na primeira rapera gañadora e na artista máis nova.
O 9 de Febreiro de 2009 sae ás rúas Jugando , o seu álbum debut. Un traballo que se foi forxando durante os dous anos anteriores ao lanzamento do disco.
O 28 de xullo de 2009 é elexida como artista da semana no portal musical iTunes co tema Boogie Vigo.
En setembro de 2009 é elexida artista do mes polo concurso Ones To Watch de Myspace.
En 2009 organiza e participa como mc na iniciativa Creando Hip Hop que imparte obradoiros de hip hop en escolas, institutos y centros culturais.
O 11 de xullo de 2010 é elexida gañadora do concurso Márcate un Squares de Kellogs.
En tan so un ano a sua música logrou gran repercusión debido a un estilo que rexeita a delincuencia e os estereotipos rapeiros e que aposta por un rap limpo e de valores.
máis info www.aid.gl