ROGER DE FLOR


"Non me cabe a menor dúbida de que o tipo de personaxe que é Roger de Flor chamaría a atención de calquera cineasta con ganas de contar boas historias, relatos humanos ademais, sobre persoas que viven, rin, aman, sofren... Sen lugar a dúbidas Roger de Flor rompe con moitos dos estereotipos da farándula, pola súa condición de “crooner galego”, de artista en tempo de crise, de bohemio atrapado nunha comarca industrialmente fenecida, etc.."

Carlos Alberto Alonso
Director, guionista e productor.




Roger de Flor
Rodarei

"Rodarei" é unha adaptación libre ao galego dunha vella melodía do músico británico Ronnie Lane.

Interpretada por Roger de Flor, o violinista caraqueño Pedro Montilla, e o sempre incombustible percusionista Sergio Galego

https://www.youtube.com/watch?v=H7Sy24qylqQ

Apelón (2016)

Apelón é unha rúa de Mugardos onde vivíu Roger de Flor e onde compuxo a meirande parte do material deste traballo discográfico.

No disco atopamos doce temas, tres en galego, , un en italiano, sete en castelán, e un inglés ( “Spring”,  musicalización do poemario de William Blake).


Gravouse en Estudos Anca e foi misturado por Víctor Gacio e min mesmo. A distribución corre a cargo  de Feiticeira Producións.
Tamén se inclúe unha adaptación de Ewan Mckoll “Dirty Old Town”, xunto con Serio Galego, que ten por título “Ferrol Vello”. O vídeoclip deste tema centrase na zona portuaria de Ferrol, en lamentable estado de abandono,... Unha mensaxe de . A inclusión é un guiño a Os Silvestres.

 Ferrol Vello

https://www.youtube.com/watch?v=OptiXlZjdRs




 A Néboa
 É unha adaptación de Cat Stevens a cargo de Adán Arias, irmán de Reger, “A Néboa”.

https://www.youtube.com/watch?v=qzQrJPd17Mk



Nas temáticas do disco volven a aparecer algunhas constantes na súa carreira, como o amor, desamor, celebracións da vida, a amizade… mais tamén aborda novos camiños traducidos en pequenas doses de misticismo e poesía, ou en xeito de crónicas de historias vinculadas ó mundo da música ou da búsquea da liberdade individual.

Unha vez máis, volve contar con colaboradores de prestixio de Ferrolterra, como poden os músicos Alvarito Lamas, Amparo Arias, Cabe García, Eugenia Sanmartín e Sergio Galego, entre outros.



"Tres anos de música

As cancións de “Apelón” xurdiron ó longo dos últimos tres anos e finalmente Roger de Flor atopou unha coherencia entre algunhas delas “e vin que había aí un disco novo”. Teñen en común o estar compostos na súa maioría en Mugardos “e que é un pouco volver á miña faceta máis persoaL e íntima, aínda que con máis aperturismo porque emprego catro idiomas e introduzo tamén unha parte poética”. "

Extracto sobre o disco publicado no Diario de Ferrol obra de M.J. Rico http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/roger-flor-explora-novo-sua-vertente-mais-intima-no-disco-apelon/20160

DISCOGRAFIA PREVIA

No ano 2009, con motivo da xira de presentación do documental “Roger de Flor: Naturalidade Silvestre”, http://musicaengalego.blogspot.com.es/2011/07/naturalidade-silvestre-e-un-documental.html nace esta banda coa fin de acompañar ao mencionado compositor fenés.
Nembargantes, co paso do tempo, vai adquirindo identidade propia gracias á retranca especial do Marqués das Vinhas e o seu charango, a mestría coas escobillas do gran Sergei, a bonhomía humana e instrumental do Sr. Cabezón “Cabe”, a “naturalidade silvestre” de Roger de Flor e a súa recente e flamante nova adquisición, o contrabaixista Óscar Painceiras; ademáis de colaboracións estelares puntuais como Magín Blanco, O Neno Elliot ou María “Faltriqueira”.




No 2013 sacan o seu primeiro longa duración “Roger de Flor presenta a; Os Silvestres, con 12 temas:

Entusiasta seguidor da moda
Camiño só
Os dous amigos
Collendo cogumelos
Sesta Campestre
Ana
Son un desastre
Non penso volver a ver a TV
Ileale
A cancion do trotamundos
Nada é tan importante
Hai un lugar no norte



Gravado e masterizado en Estudo de Gravacion INVISIBLE , producido por Victor Gacio e Roger de Flor, foi editado e distribuido por Inquedanzas Sonoras.

 Hai un lugar no norte”, que foi presentado en xuño deste mesmo ano no Torrente Ballester (Ferrol) para comezar a continuación unha xira por toda a xeografía galega. Ademáis das súas novas creacións, nas que se incluen cancións de Roger de Flor, O Marqués das Vinhas e Cabe, tamén se incluirán algunas adaptación ao galego de artistas como The Pogues, The Kinks ou Donovan. Estas pezas e outros clásicos do seu repertorio conforman os seus apaixoantes directos..



Ademáis, veñen de sacar un novo videoclip para promocionar o seu inminente traballo, despóis do exitoso “Non penso volver ver a tv”. Esta vez titulase “Hai un lugar no norte” e foi gravado na liña ferroviaria do cantábrico pola produtora “Producciones mutantes”.
http://www.youtube.com/user/videosrogerdeflor

Novo videocliip de Roger de Flor e Os Silvestres 
"O xogador"


 Pontedeume  en Xuño do 2013
 https://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=CQpIytMenH8

Representante dunha nova xeración de músicos de Ferrolterra como Quant ou Boy Elliott. Aantepoñendo as ideas e a calidez o virtuosismo instrumental, o cantautor Roger de Flor (seudónimo de Rogelio Arias) esconde un manantial de naturalidade asilvestrada,  socarrón retratista da sociedade que lle  tocou vivir. Durante 2006 Roger de Flor deu forma a un traballo producido no estudo La Buhardilla (na AVV de Limodre, Fene) coa colaboura do músico Victor Gacio no que baixo o título de "Canciones de amor y retranca"  presentanse media ducia de temas.



ossilvestres@yahoo.es

687 27 52 24