DUPLO SON

Para escoitar DUPLO SON preme eiqui

Duplo Son nace en febreiro de 2007 da man dos percusionistas David Barajas “Tarteiras” e Víctor González “Charlie”. Este é un proxecto que resulta da desaparición da banda de fusión coruñesa”Von-Q”, da que tamén virán, como clarinetista e compositor, Brandán Lourenzo, e no baixo, Antonio Rómero “Tono”. Por último, para completar este conxunto inicial, incorporáronse Dani Bustos como batería, Anahí Varela á voz, e Jorge Peña á guitarra. En novembro de 2009, a formación sofre unha renovación de importante ,coa saída de Anahí e Brandan, pasando a formar parte Serxio Moreira aos teclados e Paula Rey como nova vocalista.

Duplo Son persigue un estilo fresco e vivo, onde a potencia rítmica levada polas numerosas percusións se enfronta ás melodías nun xogo no que todo atopa o seu espacio. A fusión é a bandeira, e a lingua galega o vehículo de expresión, sen ningún tipo de prexuizo onde os límites só se atopan na propia imaxinación de cada composición; os sons da música latina, o jazz, o funky, o mestizaxe e incluso a tradición galega forman parte do seu abanico sonoro.