MARFUL

Para escoitar MARFUL preme eiqui

Marful son catro músicos con maiúsculas: UGIA PEDREIRA (voz), MARCOS TEIRA (guitarra), PEDRO PASCUAL (acordeón diatónico), e PABLO PASCUAL (clarinete baixo).






Manual de Sedución foi gravado nos Estudios Savik Sound de Caritel (Pontevedra) e contou coa colaboración de Xacobe Martínez (contrabaixo), LAR Legido (bateria e percusións), David Herrington (trompeta, fliscorno), Diego Galaz (violino), Alejandro Vargas (piano), José Manuel Díaz (contrabaixo), Alfredo Rodríguez de Factoria Teatro (narración), Paulo Gacio (flauta traveseira), Quim Farinha (violín) e Germán Díaz (serra). O técnico de son foi José Trincado.








MARFUL convidavos a disfrutar do seu videoclip "Romaxe da nosa señora da Barca" no que musica a Lorca e que foi gravado no Panteón dos Galegos Ilustres na igrexa de Sto. Domingos de Bonaval en Compostela
 https://www.youtube.com/watch?v=aXzHwuh8Jnc



Xa no ano 2006 Marful propoñiannos unha cocteleira inspirada nos ritmos que soaban nas vilas galegas, entre os anos 30 e 50, nos salóns de baile e nos cafés cantantes. Unha época musical marcada polos ritmos de tradición americana que cohabitaban coa música popular e a canción melódica. Música elegante para unhas letras persoais e irónicas, letras en femenino feitas pola propia Ugia Pedreira e por escritores como Anxo Quintela, Ricardo Carvalho Calero, Olga Nogueira, Manolo Pipas ou o francés Jacques Prévert.

Para máis info marful