FRACASADOS DE ANTEMANO

Para escoitar FRACASADOS DE ANTEMANO preme eiqui
SON:
Alba Clemente - voz
Brais López - voz e trompeta
Román Suárez - teclados
Emilio Suárez - guitarras
Alex S. Bardanca - baixo
Javier Tejera - batería

Fracasados de Antemano e unha das bandas cun directo máis amplio e potente de toda a escena emerxente do panorama galego e o Noroeste Peninsular.

O seu estilo basado nun Rock contundente aderezado de hip-hop, funk, ska ou reagge, un repertorio explosivo capaz de facer vibrar a públicos heteroxéneos cunha fórmula clara: a enerxía que guía uns directos caracterizados pola súa calidade musical.

A presentación do primeiro disco, con máis de 1000 copias vendidas en dúas semanas, acadou granrepercusión mediática e boa acollida por parte do público. Coa gravación de Javier Abreu (Boikot, ouLos Piratas entre outros) e a masterización de Metropolis Studios de Londres, Fracasados de Antemano realiza a súa xira 2011 cun claro obxectivo: Demostrar que a súa música pode extenderse por toda a Península Ibérica a través dun directo aínda máis potente e cosmopolita.

fracasadosdeantemano@hotmail.com