FUCO XABIER

Para escoitar a FUCO XABIER preme eiqui

Musicalmente orixinario do mundo tradicional e folki, Fucoxabier foi tenor do Real Coro Toxos e Froles, e tamén membro de grupos como Os Chifros ou Amacuca, todos no entorno da comarca de Ferrol. Tras esta primeira etapa decide deixar a música.

Volve amesma co seu proxecto persoal, unha aposta por reinventar a canción de autor (ou canción, a secas) en galego. Fuxindo de tópicos e de enxebrismos, cobran importancia  os textos, nos que ademáis de letras propias hai poesía e versións de temas esquecidos.
Na parte musical apostou por unha estética convencional, con estilos entre o pop-rock, o folk, a balada, etc.
Sen ter ningún disco editado, sí aportou temas a tres discos colectivos:
• “Once máis 15”, disco de poesía musicada (2009).
• “Pressing Catch: 12 cancións dende o ring”, cancións para o espectáculo teatral Pressing Catch, da compañía compostelá Berrobambán (2010).
• “A Coruña Son 10”, concerto peche do obradoiro de creación de canción popular A Coruña Son (2010).