K-RAXE

Para escoitar K-RAXE preme eiqui

COMPOÑENTES:
Suso - Guitarra
Ángel - Baixo
Diego - Batería
Dani - Voz
Manu - Técnico

Banda de metal afincada entre Carballo e Cerceda (A Coruña). A súa xestación tivo lugar a finais do ano 2009 baixo o nome de N.O.S .Os compoñentes viñan de tocar en distintas bandas do panorama da música galega coma Machina, Sensacha ou Fuzquenlla. A finais do 2010 a formación orixinal sufre cambios debido á marcha dun dos seus integrantes motivo que os leva a reestructurar o proxecto comezando polo nome que pasa a ser o actual, K-RAXE aínda que sen perder un ápice da súa identidade músical.
A música de K-RAXE abrangue diferentes estilos dentro do campo do metal mantendo unha línea de agresividade reforzada pola voz do seu cantante, ademáis de empregar o galego para facer chegala mensaxe das súas letras.
Durante o ano 2010 realizan diversos concertos pola xeografía galega compartindo escenario con bandas coma Machina ou In Vivo.

K-RAXE NOVOS TEMPOS

En abril do 2011 ve a luz o EP NOVOS TEMPOS do grupo K-RAXE. Gravado nos estudios OCEANO baixo o mando de Javier Abreu. Este traballo consta de sete cancións, en dúas das cales atopamola colaboración nas voces de Martin de MACHINA e Carlos XENDERAL; estas colaboracións foron gravadas nos estudios RAPAPOULO. 
 
 
 
 
Martín Loureiro encargouse do singular deseño do cd. 
 
Este traballo consta dos seguintes cortes:
1- Novos tempos
2- Súfreme
3- Control do mal
4- Confusión
5- Non podes
6- Metamorfose
7- Quero saber
K-RAXE son:
Ángel - baixo
Suso - guitarra
Diego - batería
Dani - voz
Manu - técnico de son
O cd pode conseguirse nos directos do grupo, na Sala a Reserva ou 
 
pondose en contacto co grupo a traves do correo info@hotmail.com
 
Ademáis pode atoparse en formato dixital na web do grupo
 

INFO:
http://www.k-raxe.com/
info@k-raxe.com
http://www.myspace.com/k-raxe
CONTRATACIÓN:
Abofe Xestión Musical: 678 617 763
abofe@hotmail.es

ENTREVISTA K-RAXE

  • Quen son k-raxe e dende cando andades facendo ruido?
K-RAXE somos 5 individuos de Carballo e Cerceda que ainda que non levamos moito tempo a bourar coma K-RAXE, dende comezos do 2011, xa levabamos anos dandolle en distintas formacións. Xuntaronnos multitud de casualidades, algúns xa tocáramos xuntos, amizades en común e distintas voltas do azar deron cos nosos osos neste proxecto do cal estamos a disfrutar moitisimo tanto dende o ámbito persoal coma no musical.
  • Cales son as vosas influencias e como vos etiquetariades?
Influencias temos moitas, a verdade é que no grupo os gustos son moi variados o cal nos abre un elenco de posibilidades bastante amplo (sempre que estemos dacordo), escoitamos dende o máis clásico do rock ó máis moderno, ademáis de case calquer outro estilo que non ten que ver co rock, asi que ainda que as nosas influencias sempre veñen máis do rock non pechamolas portas a nada.
Non queremos encasillarnos con ningunha etiqueta en concreto porque tampouco saberíamos facelo, ainda que evidentemente o estilo que facemos basease no que a nos gustanos chamar FERRO, xa hai moito metal polo mundo. Cada quen que opine ó escoitarnos, é mellor xa que nos teñen etiquetado de moitas maneiras distintas
  • Que nos imos atopar cando escoitamos a k-raxe?
Raiba, moita raiba, disconformidade ante o que nos toca vivir, ante un sistema inxusto e unha sociedade clásista e moita indignación coa propia natureza humana, tan fácil de corromper. En lineas xerais, tampouco estamos cabreados todo o día que hai que disfrutar pero sen calarse nunca.
  • Porqué o galego nos vosos textos?
Evidentemente, expresamonos na língua que empregamos na nosa vida cotiá, cada un que cante no que queira, tenos pasado que che digan que coa música que facemos irianos mellor en inglés, xa está ben de tópicos, temos unha língua da que nos sentimos moi orgullosos.
  • Como védelo panorama musical da nosa terra?
Vivimos nunha terra moi prolífica, por sorte agora é máis fácil escoitalos grupos que saen, antes coñecianse a catro e xa bo era, nestes “novos tempos” tense maior acceso á musica e vemos que hai infinidade de grupos de tódolos estilos, non temos nada que envexarlle a ninguén, hai nivelazo con denominación de orixe.
  • Que nos imos atopar nun concerto de k-raxe?
Bueno, tentamos centrarnos bastante no son, queremos que o sonido sexa contundente. Polo tanto cremos que nos nosos directos vaise atopar moita raiba pero tamén moita festa.
  • Que tal acollida tivo o voso ep NOVOS TEMPOS?
Polo de agora está funcionando moi ben, non pensamos que tivera tan boa acollida, bueno, o cd en formato físico ten un deseño moi elaborado que axuda a que entre polos ollos antes que polos oidos, deseñado por Martín de MACHINA, e nestes tempos que corren no que a xente xa o colle todo en mp3 non é fácil sacar adiante un cd, asi que non nos podemos queixar de momento.



  • O videoclip presentación foi CONTROL DO MAL, que chegou a ser finalista no festival de CANS, como xurdiu?
Todo empezou de casualidade, tocábamos nun festival en Compostela e xurdiu que na organización había xente de DEICA AUDIOVISUAL, propuxeronnolo tema de facelo clip xuntos e puxemonos a traballar nelo. Foi toda unha experiencia, ademáis de forxar unha boa amizade cos compañeiros de DEICA AUDIOVISUAL, bos profesionais e mellores persoas. Pasamos un fin de semana de traballos forzados en Neiva, na zona de Viana do Castelo pero pagou a pena.
O video funcionou moi ben, non só foi finalista no festival de CANS, tamén o foi no festival de Primaveira do Cine de Vigo.
  • Gañástelo concurso NOVO SON da radio galega, como foi tocar no XVII DERRAME ROCK?
Outra gran experiencia que nos tocou vivir, non estamos afeitos a tocar en grandes festivais e gustounos moito ver como funciona dende dentro todo, non íamos ser sempre espectadores. A ver ser se repite máis veces.
  • Plans de futuro?
A verdade é que plans hai moitos pero que se poidan contar poucos, non podemos poñernos datas para nada xa que os nosos traballos fan moitas veces de freo ó grupo polo que tentamos ir con calma e centrarnos en tocar todo o que poidamos, esperamos gravar algo novo pronto pero bueno, xa veremos como de longo é ese pronto, o que si seguiremos é facendo ruido, non vos esquenzades de nos.
  • Que lle diriades á xente que non vos coñece?
Se tédele oportunidade de escoitarnos non a perdades, igual atopamos a alguén que lle guste e todo hehehe, non xulguemos sen escoitar.
Na nosa web www.k-raxe.com haberá sempre algo para escoitar ou ver, non perdadela ocasión.
Unha aperta e moitas gracias.
FERRO!!!