DESBROZADORA

Para escoitar a Desbrozadora preme eiqui

Desbrozadora nace no veran do 2009 de man de Xusto (I'm Drunk,Extincion, Morte,Deathwalking Terror) e Couselo (Nois D'anjrois,Zoare) coa intencion de meter unha chea de barullo en estilos poco habituais nas suas bandas... pero con toda a leria o proxecto tornase un chisco mais serio o ter xa varios temas definidos, nese intre e na procura dun vocalista encontran dous: Victor (I'm Drunk,Cadalso) e Paula (Tanatopraxia avanzada, Vaginal grinder e autora do Podrezine!) que nun principio intentan darlle xogo as duas voces, escribindo os temas para facelos asi, pero Paula ten que marchar de Compos quedando a banda con so unha voz. Definido todo isto, chega o momento clave... encontrar un cordasgordas para pechar a formacion, o requisito esta xa claro: querer desbrozar por ahi endiante, polo local pasa Donato (Nightcrawler bassman) que nese momento estaba o 100% para darlles un empurron os rondadores, co que finalmente Adrian (Extincion) chega e pecha as fiestras co seu bo facer ritmico grabando a primeira demo do grupo "Non pagues mais de 3 euros" e presentandoa por diversos paraxes da xeografia galega. Pero todo o bo remata e Adrian deixanos para centrarse mais cos Extintores lorolorololo. A busqueda nesta ocasion e rapida e indolora: Zas (Extincion, Nois D'anjrois) e o "incoming verme" que chega e desbroza todo canto tiña diante, asi todo queda en familia.