MAGIN BLANCO A NENA E O GRILO

Para escoitar  A NENA E O GRILO preme eiqui

Magín Blanco, unha das figuras máis senlleiras do pop galego, dá o salto ao público infantil co espectáculo ‘A nena e o grilo’, que presentará polos escenarios de Galicia trala saída do prelo do libro-CD homónimo da man da editora OQO. Nese traballo bibliodiscográfico, producido na parte musical por Uxía Senlle e ilustrado por Iván Prieto, veñen de colaborar músicos coma Guadi Galego, Ugía Pedreira, Fred Martins ou Tarci Dávila. O compositor ourensán exhibe un fato de cancións que, nas súas palabras, “non parten de ningún estilo en concreto” e que son “unha amalgama” das músicas que todos os colaboradores levan escoitado ao longo das súas vidas. Porén, resultan claramente recoñecibles ecos de rumba, bossa nova, reggae ou folk. Como traballo conceptual, ‘A nena e o grilo’ sitúase a medio camiño entre o pop e a música de autor, de feito, as armonías vocais son o recurso musical máis empregado. “Interesábanos transmitir o feito de cantar como xogo, divertimento e forma de comunicación, máis que outra cousa”, resume Magín Blanco.

CANCIÓNS


01. RUMBA DAS APERTAS
02. O MEU PAÍS
03. FACER UNHA CANCIÓN
04. NENA MENCIÑEIRA
5. NENA BOTÁNICA
06. AQUÍ EN BAIXO (É TODO AZUL)
07. CRI CRI
08. ERA FESTA
09. TEN O DEMO
10. VOU DO REVÉS
11. ARCO DA VELLA
12. QUEN SON
13. CAMIÑO DAS ESTRELAS








musica en galego magin blanco a nena e o grilo