SONHOS

Para escoitar SONHOS preme eiqui

Sonhos é unha formación xurdida no ano 2003. A súa música é unha viaxe a través de diferentes xéneros, sen fronteiras musicais e apostando pola fusión de estilos. O seu repertorio conxuga dende creacións propias ata versións, onde cada integrante plasma a súa personalidade. Chegados dende diferentes lugares da xeografía española, e influídos por diversos xéneros comparten un mesmo espazo creando así un son propio que lles permite moverse en diferentes áreas musicais.
Sonhos actuou en diversos espazos de Salamanca como o Auditorio Fonseca, a Praza Maior, no Festival de Música Sudamericana organizado pola Universidade de Salamanca e na Cumbre Iberoamericana celebrada no ano 2005, entre outros. No ano 2006 realizan unha xira por Holanda tocando no Festival de Verán de Rotterdam e en outras cidades como Amsterdam e Middelburg. Participan en diversos concursos, acadando o terceiro premio no GZcrea organizado pola Xunta de Galicia e o 2º e 4º premio do concurso “Vive para cumplirlo” coas cancións “Linda” e “Extraña María” no ano 2008.
A finais do ano 2009 estrean “Sonhos“, o seu primeiro traballo discográfico, gravado nos Estudios Grabando.eu de Salamanca, no que ofrecen nove temas máis un engadido, no cal tres son versións escollidas de Bruno Martino, Meredith Wilson e Peninha e os outros seis son temas propios. Este novo disco achégase a diferentes estilos onde habitan matices de fado, de bolero, de bossa, ou de jazz, e caracterízase pola variedade de idiomas, con letras en galego, inglés, portugués, castelán e italiano.