Murmel ou de como as bruxas do norte ingresaron na Real Academia de Akelarres

Para escoitar MURMEL OU DE COMO AS BRUXAS DO NORTE INGRESARON NA REAL ACADEMIA DE AKELARRES preme eiqui


Rabudas? Si. Contestatarias? Si. Malas? Non. Bueno...un chisco... Bruxas: rebeldes e molestas na Historia. Unha historia onde se dubidaba se a muller tiña ou non tiña alma,se era humana ou animal...
Murmel son bruxas do século XXI con ganas de facer unha homenaxe ás suas pobres ancestras maltreitas a través da música, da ironía e do humor.
Son peludas,son teimudas e debaixo do cucurucho levan medos de risa,risas de medo,poesías celludas,conxuros fundamentais,bailes para desfacer tolemias e algunha que outra idea brillante...

Rúcula: inventora tola
Malfume:mimá qué xenio!
Xogabón:soña coas fadiñas...

Cantan,bailan,recitan e rin en distintos estilos dende o medieval ata o ultratúmbico.

As tres bruxas son: Lucía Vázquez, Iolanda Zúñiga e Sara Veneros 


Técnico de son/efectos : Roberto Mallo.
Fotografias de:   
Alberto Pérez Barahona. e
Pelu Vidal

Contacto : murmelbruxas@gmail.com
Contratación: Sin sal