XAN CAMPOS TRIO


Para escoitar XAN CAMPOS TRIO preme eiqui

Xan Campos (piano)
Horacio Garcia (contrabaixo)
Iago Fernandez (bateria)





Xan Campos Trio é un grupo de jazz con máis de cinco anos de experiencia percorrendo as salas e festivais máis importantes do
país composto por Xan Campos (piano), Horacio García (contrabaixo) e Iago Fernández (batería).

Xan Campos e Iago Fernández inícianse no jazz case de xeito paralelo no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra (con Abe Rábade e Paco Charlín), onde non tardan en destacar polo seu talento. Ambos colaboran en numerosos proxectos e traballos discográficos durante anos, o que forxa unha enorme complicidade entre os dous músicos.

Máis adiante, durante a súa etapa de formación no Centro Superior de Música do País Vasco (Musikene) coñecen a Horacio García, contrabaixista cunha longa experiencia en diferentes formacións e estilos, co que se completa a química e nace Xan Campos Trio.



Xan Campos Trio é enerxía e jazz. Tras oito anos xuntos sobre os escenarios, e tamén fóra deles, a banda non se etiqueta nin lles preocupa que corrente jazzística é a súa. Para a revista estadounidense All About Jazz son “como a sacudida do primeiro café da mañá”, eles simplemente pensan en  experimentar e gozar da música xunto co seu público, sen medo a saírse da norma, nin rachar cos prexuízos.

A súa é unha proposta para todos os públicos, para quen adora o jazz e tamén para quen nunca o probou. Despois da boa acollida do seu anterior disco Orixe Cero, Ectropía aposta por seguir na mesma liña e profundizar no seu particular son, onde atopamos jazz, rock alternativo, música clásica, rock progresivo e electrónica. Once temas cargados de dramatismo e unha enerxía constante que se sinte dende o primeiro ao último minuto do disco.

Que é Ectropía?
A tendencia natural da enerxía a organizarse
ou unha atrevida proposta de jazz contemporáneo.


O  disco de Xan Campos Trio, Orixe Cero, non ten pasado nin futuro, é o instante mesmo, un traballo realizado á marxe de
calquera idea estética preconcibida onde a única protagonista é unha innovadora visión do jazz.

As múltiples influencias do disco abarcan xéneros que van dende o rock, o pop, a electrónica á música folque, todo elo combinado
coa madurez e experiencia de tres músicos que, a pesar da súa curta idade, son un referente dentro do jazz contemporáneo do país.

Orixe Cero fai fácil o difícil. Tras unha aparencia sinxela, fresca e contundente, agóchase un traballo innovador e complexo, cargado
de estruturas rítmicas elaboradas, progresións harmónicas e melodías pegadizas. Os temas camiñan continuamente entre o esperado
e o inesperado, gardando un perfecto equilibrio entre o que o oído agarda e a sorpresa, cun resultado, sen dúbida, completo e im-
prescindible.

O disco convértese tamén nun pequeno tributo ao avó de Campos, o batería Juan Rial “Palleiro”, un dos primeiros músicos de
jazz de Galicia nos anos 50 e autor do último tema, o valse “Dulce Pepita”, que é recuperado para o peche desta Orixe Cero.

Máis info:


http://xancampos.bandcamp.com/album/orixe-cero
http://www.xancampos.com/
http://www.facebook.com/xancampostrio