OPHIUSA

Para escoitar OPHIUSA preme  eiqui

Ophiusa publicou a comezos de 2010 o seu segundo disco de estudio "Sen Planeta", onde a música do grupo, xa identificable e recoñecible, experimenta unha evolución cara á parte máis eléctrica e ecléctica dentro do seu propio son. Gravado nos seus propios estudios (Pink) a banda traballou sen presións e con liberdade, e iso tradúcese na posibilidade de experimentar sen présas, de probar, de xogar coa música e coas posibilidades que ofrecen aparatos coma os sintetizadores analóxicos ou os secuenciadores. De novo os temas incluídos no disco son compostos na súa totalidade. De novo optóuse pola autoprodución. "Sen Planeta" é o resultado desa liberdade creativa absoluta, fillo da imaxinación e da creatividade sen cortapisas e enfrontado directamente aos convencionalismos ao uso. Unha metáfora case dadaísta fronte a unha realidade cando menos turbadora e pouco real. ..
Para mais info: www.ophiusa.org