PRADAIRO


Podedes escoitar temas de PRADAIRO eiqui





Os músicos que compoñemos pradairo somos:
Sandra Golán (Voz e pandeireta)
Marián Ferreira(Voz e pandeireta)
José Antonio Ferreira(Gaita, bombo, clarinete e voz)
Nuria Golán (Voz e pandeireta)
Carlos Mosquera (Gaita e voz)
Bel Ferreira (Voz e pandeireta)
Ricardo Martín (Richi) (Percusión e voz)
Malena Ferreira (Voz e pandeireta)
Estevo Lamas (Acordeón e voz)
Os dez integrantes do grupo de música tradicional Pradairo a través das  voces, o acordeón, as gaitas, o saxofón, as percusións de man interpretan temas tradicionais cun estilo sorprendente.


Pradairo nace no outono de 2006 co obxectivo de levar adiante un proxecto musical que achegase
un valor engadido ao traballo de recollida de pezas tradicionais galegas das últimas décadas.
Ao pouco de se constituír, en 2007, gaña o certame de música folque de Radio Obradoiro.

 Logo viñeron dous discos,
'Aliaxe', en 2008, e











'Pateado' en 2011.












Ademais, participaron no concurso Loïc
Raison de grupos noveis do Festival Intercéltico de Lorient acadando a segunda posición.

Un total de dez cantareiras, cantareiros, gaiteiros, percusionistas e acordeonistas compoñen
Pradairo. Persoas todas elas vencelladas á música tradicional galega durante máis de vinte anos,
logran ofrecer un produto cultural fresco e actual sen perder de vista nosa música de raíz.

CONTACTO: adredecultura@yahoo.es