RUXE RUXE





Formados en 1996, Ruxe-Ruxe están considerados como un grupo de culto así como unha das bandas con maior proxeción do rock galego grazas a súa persoal mestura de estilos como rock, punk, ska ou folke.

Ao longo destes 20 anos de andaina Ruxe-Ruxe son coñecidos e recoñecidos polos seus potentes e enérxicos directos que xa puideron desfrutar os asistentes as mellores festas e festivais, tanto de galegos como alén das nosas fronteiras: "Derrame Rock", "Brincadeira", "Festival das Revenidas", "Castelo Rock", Festival Folke de Vilariño, Castanhazo Rock, Festival de Pardiñas, Festa Vikinga, Festigal, Festival Antros Pinos, Rock´n´Oia, Festa da Dorna, Festa dos Botes, Festas da Guadalupe, Festa da Fraga, Mendebala Festival, Sauga Folk, Festival Ilha de Sao Jorge, Rokkaronno, son so un exemplo da nada despreciable traxectoria de Ruxe-Ruxe.
Compoñentes:



RUXE RUXE son:
 
Vituco Neira – voz e guitarra
Xan Pericán – saxo, coros e pandeireta
Xaco Barona – gaita
Xulia Neira - baixo
David Barbas - guitarra e coros
Iago Jorge - batería





Ruxe Ruxe
Miudiño Session #22

Miudiño Sessions, un proxecto non comercial de difusión da nosa cultura, feito dende a paixón pola nosa música e lingua

Desta volta os equipos de gravación d'A Regueifa foron até a compostelana parroquia de Aríns para filmar a ... Ruxe Ruxe


https://www.youtube.com/watch?v=xBsYK-LVMyo




 

Unha noite no interior dunha faísca (2023)










CREBAS

https://www.youtube.com/watch?v=dZmrZ21YGsc
 

VAIA ONDE VAIA

Direccion Alberto Lora 

Produccion Luneda 

https://www.youtube.com/watch?v=kw_2FGa7rF0&list=TLPQMjcwMjIwMjPbhlfC617hrA&index=3


 Ruxe Ruxe
CHERNÓBIL

Produción: Arkadia Universe.

Dirección: Luis Taboada.

Interpretación: Iria Varela e Aitana Iglesias Rodríguez.

Canción gravada por Xurxo Pinheiro no Laboratorio Soyuz.

https://www.youtube.com/watch?v=tZuq526fuwU




 
 
 
O espectacular universo gráfico creado

arredor dos Ruxe Ruxe reunido nunha mostra



Abriu as súas portas na Zona C de Santiago de Compostela unha exposición que non poden perder as seguidoras e seguidores do rock en galego; mais tamén calquera persoa que se interese polo deseño gráfico, a animación, os trebellos, o coleccionismo musical; e en xeral quen lle apeteza mergullarse nun universo gráfico tan único como o que banda Ruxe Ruxe foi quen de construír arredor do seu proxecto durante 25 anos.

A arte dos seus case 20 traballos discográficos, cartelería de infinidade de concertos, as súas icónicas camisolas, ilustracións, deseños web, videoclips animados, chapas, revistas, esculturas, artesanía, pegatinas e ata tatuaxes recompilados ao longo de 25 anos, forman unha colección que convén revisar e reivindicar pola singularidade artística e o valor contracultural de todo este universo xerado arredor dunha banda.

GUÍA PARA NON PERDERSE NADA IMPORTANTE



A mostra Ruxe Ruxe (1996-2021): 25 anos de universo gráfico visitarse na ZONA C Punto de Información Cultural de Santiago de Compostela (Preguntoiro 1 - Praza de Cervantes), desde hoxe mércores 4 de agosto ata o remate do mes de setembro. A entrada é de balde.
 
 HORARIO AGOSTO

De martes a sábado de 11h a 14h.

Domingo e luns pechado.

HORARIO SETEMBRO

De martes a sábado de 11h a 14h e de 16h a 19h.

Domingo de 11h a 14h. Luns pechado.



Petos Furados (2020)

... EP recompilatorio con máis cancións que estaban perdidas e sen rumbo polo mundo adiante.

A nosa homenaxe á DKTC, a ZENZAR, ó Rock Bravú, á liga Nacional de Billarda ou aos mesmísimos Clash !!!!

😈 Que o demo nos perdoe !!!!

Xa dispoñible en tódalas plataformas de internet !!!

(O desenho da capa é de Naia, Zé & Associates)
Alfaia Punk EP (2020)

"Alfaia Punk (EP) son seis cancións que tiñan que sair xa oficialmente do armario. Seis cancións de espíritu ceibe que levaban tempo fuxidas polo mundo, clandestinas, ilegais e sen papeis. Son a nosa pílula de amor e respecto aos irreductibles, aos que comparten palabras e momentos en tempos incluso de dor e ausencias, a Carvalho Calero, aos Skacha, aos Korosi Dansas e ao vello Thorens que aínda fai soar todas aquelas vellas alfaias nas tardes de resaca. Pero sobre todo Alfaia Punk (EP) é a nosa homenaxe aos que nunca se renden veña como veña a partida."

No EP atopamos AFOUTEZA, a que foi sen dúbida unhas das cancións do confinamento. Co seu retrouso "renderse non é opción, teremos sempre a forza necesaria para vencer", conseguiron que decenas de colectivos, escolas, asociacións de veciños, equipos deportivos, etc, fixeran a súa propia versión do tema e o colgaran nas redes sociais.
Aquí tedes o videoclip oficial:

AFOUTEZA

https://www.youtube.com/watch?v=v2s_ZmhvZpw



Tamén atopamos unha homenaxe a dous grupos históricos, como son Korosi Dansas e Skacha. E outra ao merecido protagonista do Día das Letras 2020, CARVALHO CALERO, musicando o seu poema "Nom sei se matei".

Para o tema que dá nome ao EP, "Alfaia Punk", Diego Pérez @Diebujitos fixo un dos videoclips máis espectaculares da banda. Ruxe Ruxe convertidos en debuxos animados:


ALFAIA PUNK


https://www.youtube.com/watch?v=uMf8wdgAQck




*Este EP só está disponíbel nas plataformas dixitais, non se editará en formato físico.

Ruxe Ruxe O estraño falar dun monstro da aldea (2020).

Gravado en Euskadi nos estudios de Kaki Arkarazo.


Temas
  1. Sae o sol
  2. O estraño falar
  3. Aríns – Angrois
  4. Lei de vida
  5. Lume na aldea
  6. Estrelas e sereas
  7. Cretino
  8. Doente e afiado
  9. Golpe a golpe
  10. Terra nai
  11. Manicomio
  12. Diaños
  13. San Fins

RUXE RUXE
O ESTRAÑO FALAR

https://www.youtube.com/watch?v=-jqGbO8mpok&feature=youtu.be&fbclid=IwAR1XGjDNMnq2BaWMHJpTErFtguFLD70y16ngVRTSD9QpjRo1HjD-0OThZwc


O ESTRAÑO FALAR" é o 2º corte de "O ESTRAÑO FALAR DUN MONSTRO DA ALDEA" (Lobicán Records 2020).
Video: Aaron Vilariño

RUXE RUXE
"Sae o sol"

https://www.youtube.com/watch?v=MWO-4Qkf284


"SAE O SOL" é o 1º corte de "O ESTRAÑO FALAR DUN MONSTRO DA ALDEA" (Lobicán Records 2020) de RUXE RUXE.




ALFAIA PUNK

https://youtu.be/uMf8wdgAQck


Novo sinxelo acompañado dun videoclip caralludo!
Idea orixinal de Ramón Díaz
Ilustrado e animado por Diego Pérez @diebujitos

20 Segundos (2016)

Co espíritu de loita por bandeira, do rock do país, libre e de combate, do realismo máxico e do corpo a corpo sinceiro e emocional, a esencia dos Ruxe Ruxe queda patente neste o seu onceavo disco.

Con este disco celebran os seus 20 anos, que seica lles pasaron como 20 segundos, e é diso precisamente do que falan neste novo disco, de todas as experiencias vividas polo grupo neste tempo.



17 novos temas gravados, misturados e masterizados por Iago Picos nos Estudios Pousada Son (Aldea da Pousada, Ames)


ruxe-ruxe - 20 segundos
Videocreación de Sr. Cea dende o cortello.
https://www.youtube.com/watch?v=mmYzveJxdiA

Tema que da título o novo traballo da banda de Arins, que se presentará en directo na sala Capitol en Compostela o sábado 10 de decembro acompañados dos irmáns DESEQILIBRIO MENTAL. As entradas están á venda dende xa, de maneira dixital, en www.ruxeruxe.com 

botarse a andar
https://www.youtube.com/watch?v=VTXCirwHp_Y

traballo videográfico by Isidro Cea


DISCOGRAFIA PREVIA:
UN MUNDO PERFECTO (2015)
O décimo traballo discográfico de Ruxe-Ruxe conten 14 cancións con letras reivindicativas e temática de amizade, amor e vida. O contrapùnto ao seu  anterior traballo "Némesis" levannos agora a unha  viaxe cara

Un mundo de cor e soños.

Un mundo no que sempre tes oportunidades e soños polos que loitar.

Un mundo de ilusións malia as dificultades, "o importante é estar vivos e respirar"

Un mundo de primeras, segundas e infinitas oportunidades.

Un mundo de sensacións e optimismo no que a amizade, o amor, a vida e as loitas personais acadan sempre o premio do bo "karma".

Despois de 20 anos Ruxe-ruxe lonxe das modas o grupo continúa a camiñar por onde quere, sempre dende a liberdade "punkeira" e o respeto pola cultura a a lingua galega.


Iago Pico, responsable da grabación e producción, nos Estudios Pousada Son de Ames, atopasecun proxecto que considera como "o máis maduro" ata o de agora  e no que acadan o cumio da súa capacidade artística.

Este disco distribuese na Galiza  por Inquedanzas Sonoras (Avd/Martínez Garrido nº1 baixo 1 – Vigo 36205 Tel: 886115343 info@inquedanzas.com) ,e na España por Discmedi, contando coan sua presencia xa nas distintas plataformas dixitais.

https://www.youtube.com/watch?v=dGIhI0e7frc&feature=youtu.be
Ruxe-Ruxe - Soños é o titulo do tema que abre "Un Mundo Perfecto".






NÉMESIS (2014) é un disco conceptual a modo de ópera rock. É a viaxe en tres actos dunha persoaxe de a pé que un día se levanta pola mañán e decátase de que a terceira guerra xa comezou. Non hai tanques nas rúas nin mísiles atravesando o ceo pero o mundo caese a pedazos enriba da súa cabeza coa excusa dunha crise económica que deixa man libre e argumentos ficticios para que os poderosos sometan ós débiles. Observa ese mundo cheo de odios, estados miseria, delincuencia, políticas escuras e sometedoras. Observa a irmáns que matan irmáns. Ve crimen e destrucción. Despois reflexiona sobre o seu sitio no mundo e énchese de dor e dunha amarga decepción que remata en odio. Comeza a súa revolta, a súa loita persoal contra todo e acaba enguedellado nunha sanguenta batalla que acaba arroxandoo a el e ás súas pantasmas dende a azotea máis alta para deixalo reducido a unha simple mancha de sangue sobre cemento e sen saber nin tan sequera que foi da súa vida.
O espíritu da deusa NÉMESIS e da súa xustiza retributiva alimenta unha historia de ficción na que todo parece tan real que semella estar a falar do mundo no que vivimos.
Ficción ou realidade?


https://www.youtube.com/watch?v=UGNj4JNxQts

RUXE-RUXE , "Estado Miseria" é o terceiro adianto de "NÉMESIS" o novo disco que presentarán na Sala Capitol en Compostela o sábado 12 de abril de 2014.
https://www.youtube.com/watch?v=UGNj4JNxQts


WARNING !!! Némesis son:
 22 berros afogados e tristes nunha noite chuviosa, escura e bretemosa.
 22 refachos de odio e xustiza, de deusa doente e anoxada.
 22 contos tan reais, absurdos e cotidianos que parecen mentiras.
 22 películas de medo, tráxicas, cómicas, terribles e de mal e incerto final.
 22 lostregos gravados en Pousada Sons, Ames, e producidos por Iago Pico

NÉMESIS SOMOS TI MAIS EU ó ABEIRO DUN TELLADO QUE SE CAE A PEDAZOS mentras fóra soan desesperadas e atronadoras as sirenas. TAS AVISADO ¡!!


https://www.youtube.com/watch?v=DHhvdx6595g

Ruxe-Ruxe Nemesis Contra todo
https://www.youtube.com/watch?v=DHhvdx6595g






https://www.youtube.com/watch?v=VSpy8XGx-V4Ruxe.Ruxe Nemesis Terceira Guerra

https://www.youtube.com/watch?v=VSpy8XGx-V4







MÁIS CANCIÓNS SOBRE TOXOS, CARDOS E SILVEIRAS (Lobicán Records 2012)

SON DEXASETE IDEAS FERIDAS, ESPETADAS E DESESPERADAS. sON DEZASETE PORFÍAS. DEZASETE OUVEOS ADOECIDOS E CUSPIDOS A LUME E FRIO. "MÁIS CANCIÓNS SOBRE TOXOS, CARDOS E SILVEIRAS" SON DEZASETE ALENTOS DE ANIMAS PERDIDOS NUNHA NOITE DE LUA CHEA, LÓSTREGOS E DESAMPARO... SOMOS TI E MÁIS EU... NAMORADOS, FUXIDOS, ESPIDOS... E MÁIS QUENTES CA NUNCA AO ABEIRO DA INTEMPERIE.




"MÁIS CANCIÓNS SOBRE TOXOS, CARDOS E SILVEIRAS" é unha escolma de cancións con maiúsculas, un disco gravado en Oceano Estudio polo pretixioso productor Javier Abreu (Os Resentidos, Los Piratas, Boikot, etc.) e que conta cunhas colaboracións de auténtico luxo: (Xavier Diaz (Berroguetto), Dios Ke Te Crew, Roi Maceda(Quempallou), Bocixa (Zenzar) e Esteban(SKacha), o que fai deste traballo discografico un disco imprescindible para os seguidores do rock feito na Galiza.
 NA FURA DE DIANTE (Lobicán Records 2010) son quince latexos de corazón vello e consumido. Quince dentelladas de animais fora ialma, de cans doentes e vencidos, de decepcións e liortas. NA FURA DE DIANTE é un oceano terrible no que ti e mais eu loitamos por continuar sendo peixes ... Tas avisad@...  RUXE RUXE
"XIGANTES" (PAI 2008), xigantes / ratos mortos / ferrallas / rock and roll / paifocos / anacos cicuta / gurb / matemáticas / colección de ideas cativas corvos / feliz 

 

 

 

FERRALLAS

https://www.youtube.com/watch?v=yEVR_XCFREM
 

COMERCIAL (PAI 2006), comercial / o home do tempo / macacos / estas balas / ié-ié / morreu xo / neve / falou balbino / na eirexa do san martiño / cando o demo non ten nada que facer...
FERVENDO"  (PAI 2004), choiva aceda / ee.uu. / mar endiante / inem / dalle / paxaros / ás escuras / debe ser / mil homes circo / espectros / exorcismo / barlanchos / neghra é a marea "
A TERRA DOS COMENTOS" (PAI 2002), a terra dos comentos / ¿ti quen carallo es? / jimmy lois o neno / lobicán / na miña casa non manda ninguén cando morra o vello / benvida ó subcomandante panchito unha rezada do pinto d´herbón / marcha atlética a santa compaña / abondo / outra rezada do pinto d´herbón o capador / ó trás trás / porca miseria ¿ti quen carallo es? (version piano bar co maestro reverendo)
NON TEMOS MEDO" (Clave Records 2000)  radio ruxe / a ras das mareas / non temos medo / non sexas lercha /a foliada dos ruxe / heite chamar / homiño da aldea /fraile o que non baile / estamos en gherra / festa / come on carolina peixes carmucha / carras carras / land rover
"RUXE RUXE" (EDISCO 1999) radio ruxe / a ras das mareas / estamos en gherra / come on carolina / non sexas lercha / festa / fraile o que non baile ruxe ruxe     






Contacto:  

676 268 496  

lobicanrecordsgz@gmail.com     

+ info en:   

 www.ruxeruxe.com 

www.facebook.com/ruxeruxe   

 www.youtube.com/LobicanRecords

Pagina oficial do grupo: http://www.ruxeruxe.com/

TODA A INFO SOBRE RUXE RUXE EN   
https://www.luneda.gal/ruxe-ruxe