ZENZAR


BOCIXA
voz
LAURA ROMERO
Baixo.
MANOLO
Bateria.
MARIO GRELA,
guitarra
PACO CERDEIRA,
quitarra.



 Zënzar, unha lenda do rock en galego nacidos “Da terra das sombras e da oscuridade…”, xa que así foi como comezou todo alá polo principio de outono na Meirama de 1987. Zénzar, a banda decana do rock galego e en galego, segue a afinar os instrumentos cumplidos os 31 anos de actividade constante.

Os de Cerceda comezan o 2020 cun novo traballo discográfico entre mans, o décimo que publican (sen ter en conta maquetas e colaboracións noutros discos). Este novo disco ten novidades con respecto ós anteriores. Con Roi Gil, técnico de directo e o sexto zênzar, ós mandos técnicos da gravación por primeira vez, conséguese unha potencia similar á dos directos. Ademáis, todo o proceso de gravación e creación tivo lugar no local de ensaio, recentemente mellorado e equipado. Tamén se trata do primeiro con Laura ó baixo. Por primeira vez na historia de Zénzar, un disco é composto, gravado e deseñado unicamente por membros da banda. Despois de recibir por sorpresa a homenaxe en forma de disco de 18 bandas galegas (Vai polos padriños), despois de cinco anos de concertos trala saida do disco Camiñando entre serpes e do achegamento a novas xeracións sendo gañadores do Correlingua ou levando a cabo a actividade Música e Lingua, a banda segue a apostar polos directos enérxicos e guitarreiros habituais. A actividade Música e Lingua: repaso da nosa música contemporánea e o papel da muller nela, desenvolvida habitualmente nos auditorios dos centros de ensino secundario ou próximos a el, está a ter moi boa acollida entre o alumnado e o profesorado debido ser algo novidoso e orixinal. Durante a primeira parte, tres membros da banda (Bocixa, Paco e Laura) conversan co alumnado sobre a música en alego, de experiencias persoais en relación á lingua e á musica, de estereotipos de xénero na música e sobre o proxecto Músicas Galegas Ilustradas. A segunda parte é un concerto de 45 min con todos os membros da banda. Para a meirande parte da mocidade presente é o seu primeiro concerto de rock en directo e unha oportunidade única para achegarse ós músicos e á müsica en vivo.

 Para escoitar a ZENZAR preme eiqui



ZËNZAR
Non é casual

Primeiro tema que lanzan os Zënzar co gallo da xira 35 ANOS BOURANDO.

"Non é casual" é un tema que xorde da necesidade de poñerlle humor a unha serie de problemas que os cinco membros da banda foron atravesando durante un tempo, e que obrigaron a baixar o ritmo do proxecto Zënzar en xeral.

Realización e animación do stopmotion: Iris Branco [www.irisbranco.com]


https://www.youtube.com/watch?v=prG2BYjvO5o



Benvidas ó futuro (2020)

Este disco non sería o mesmo sen as persoas que achegaron un cachiño da súa arte: Mini Rivas, Manuel Silveira e Xavi Pardeiro, O Reverendo, polas súas verbas para O Samurai. Ramiro Vidal polos seus versos convertidos na letra de Standing Rock, e tamén polos seus recitados na mesma xunto con Emma Pedreira e Laura Rey. Juankar (Boikot), voz en Abusei. Xavi Pardeiro, O Reverendo, por agasallarnos o seu tema Maruxa. Zeltia, voz en Todo se extingue, e Miguel Duarte, Manuel Silveira e Roi Gil, que solearon no mesmo tema. Úrsula Prego, Saínza Bocixa, Carlos Caramelo, Peter Brea, Manuel Silveira, Anxo Silveira, Manolito Buyo, Xavi Pardeiro, que berraron con nós en A culpa foi de Leño. Manuel Macou, pola súa arte desinteresada en realización e montaxe audiovisual. Ramón Yoshimura, Jackie López, Juan Luís Rúa e todas aquelas que apoian sempre cunha cámara na man. Carlos Blanco e Xosé Touriñán por ser uns criminais cómplices. lván Bernárdez, Iria Pedreira e máis xente que sempre están dispostos a botar unha man. Programadoras de concertos e público, técnicos de produción, son e iluminación. O noso gradecemento especial a Roi Gil, técnico de son oficial da banda e neste caso peza indispensable para a gravación, mestura e masterización. Sen eI nos mandos técnicos este disco non sería igual.

Este é un disco que ile adicamos a Tabe, en especial o tema O Samurai.

Gravado en decembro de 2019 e xaneiro de 2020 en Nave 17.

Gravación, mestura e masterizacíón: Roi

Deseño gráfico: Laura Romero

Distribución: Inquedanzas Sonoras

Contratación: contratacion@zenzar.info www.zenzar.info

Temas:



Zënzar e amig@s
A culpa foi de Leño

https://www.youtube.com/watch?v=Yc0swFofTbc


Revisión do tema "A culpa foi de Leño" que pechará o novo disco de Zënzar , gravado, mesturado e masterizado por Roi Gil, coa colaboración de amig@s nas voces.




Edición especial USB+CD e tirada limitada de 100 exemplares, con deseño especial e contidos especiales con escolma de 32 temas da nosa discografía.

Capa feita por Laura Romero.

CD 10 euros, USB 15 euros (+ gastos de envio previo ingreso en conta )

Pedidos e reservas en zenzarrockengalego@gmail.com e en breve no catálogo de Inquedanzas Sonoras.





Camiñando entre serpes (2015)
O décimo álbum de Zënzar conten once novos temas de rock reivindicativo e poesía urbana.

Gravado ao vivo nos estudios de Javier Abreu,  Temas como Cortina a versionar un poema de Díaz Castro, Nada que perder ou A xente fala adiantan un traballo que está xa dispoñible na rede e que conta coas colaboracións de José M. Ares á gaita e de Xenderal á voz e ao beatbox.

Editado e distribuido por: Inquedanzas Sonoras

https://www.youtube.com/watch?v=OdswrxcFXkk

Cortina e o avance do  vindeiro disco de Zenzar. A partir dun poema de X. M. Díaz Castro (Nimbos. 1961) que fala sobre as duras condicións de vida dun home galego do campo ...
https://www.youtube.com/watch?v=OdswrxcFXkk


https://www.youtube.com/watch?v=NseA2yeFSj0#t=40

ZENZAR Cousa puco seria
coa colaboración de Xenderal á voz , novo adianto de “Camiñando entre serpes”
https://www.youtube.com/watch?v=NseA2yeFSj0#t=40

https://www.youtube.com/watch?v=CDB2KU7wlEo#t=143

Zënzar A Xente Fala tema incluido en “Camiñando entre serpes” o novo disco.
https://www.youtube.com/watch?v=CDB2KU7wlEo#t=143
https://www.youtube.com/watch?v=3BEuy1GUlEo&feature=youtu.beZENZAR NADA QUE PERDER
Tema adianto do novo traballo de Zënzar..
https://www.youtube.com/watch?v=3BEuy1GUlEo&feature=youtu.be

Vaise Armar (2013)
13 pezas inéditas, que recollen a esencia do que é hoxe en día Zënzar un grupo mais maduro musicalmente e máis aberto a sóns e ritmos que empezaron a ter máis presenza nos dous albums anteriores de estudo un rock con moita forza e enerxía que se abre a temas máis persoais e íntimos. Ao igual que con A Tribu souperon rodearse de grandes amigos como Pablo Dalama (frauta e gaita), X.M. Ares (gaita), Loli Nogueira (voz), Mario "Invivo" (voz), Victor Neira "Ruxe Ruxe "(voz), Mou "Dios Ke Te Crew" (voz) e Javier Pardeiro “O Reverendo” (voz).




DVD Zenzar Ao Vivo  2011








A Tribu (2009), Contou coas colaboracións de Xurxo Souto, Vituco Neira (Ruxe Ruxe), Mª Xosé Silvar (ex-Chámalle Xis e actualmente no seu proxecto XES), Pablo Dalama (ex-Xochilmica, Mamá Cabra), Gende Beat (o xefe do beat box galego) ou percusionistas como Manolo Suárez e David Bolaño e o gaiteiro José M. Ares.






Sigue... e dálle - 2006.








Rockanrol - 2002.








Todo vai ben - 2001.








 Disparados ó futuro - 1997.








Fascinados polo prohibido - 1995 (maqueta).





https://www.youtube.com/watch?v=qzjcxvFMRWU

Zenzar No teu rostro
Manuel Silveira "Aquí vai unha canción, que compuxemos Tabe máis eu, non está nin ben gravada nin ben tocada, pero reflexa o que eramos Zenzar naqueles anos (a gravación e do 93), sinxela pero directa, como diría Tabe...Rock n' Roll..."
https://www.youtube.com/watch?v=qzjcxvFMRWU


0 repertorío
O repertorio componse de temas do novo traballo e tamén de clásicos da banda, repertorio 100% en galego e enfocado a problemas reais da Galicia do século XXI: a eucaliptización, as políticas do espolio, as loitas das labregas e dos labregos, a historia das mulleres do rural, a contaminación, as redes sociais e o progreso tecnolóxico que non é tan bonito como nolo pintaron, etc. Moitas das letras falan tamén da propia historia do grupo, destancando Samurai dedicado a Tabe, canción pertencente ó novo disco. Entre os clásicos da banda podemos destacar moitos: Tiven un bar, Arrastrado, A culpa foi de Leño, A tribo, Casa no cementerlo, etc.
A duración é de 1 h e 30 min.


Contacto

Teléfonos: 620599007 e 615512023 

Email:   contratacion@zenzar.info

PARA MAIS INFO:  ZENZARWEB