Se algo podemos destacar de SÉS é o seu enorme carisma e forza persoal, xa de sobra amosada en centos de concertos e actuacións ao longo de toda Galiza, percorrendo diferentes escenarios, pobo tras pobo e cidade tras cidade. Aos poucos e grazas á transmisión boca-orella, a súa intensa personalidade e honestidade á hora de manifestarse, foi conquistando o público cun caudal de enerxía que chama pola unión e o cuestionamento do establecido.
Formada na música e no baile tradicional, Sés é profesora e licenciada en Filoloxía Galega e Antropoloxía Social.

Diante un eco (2022)
Diante un eco é o oitavo traballo discográfico da cantautora galega. Un título que fai referencia á concepción cíclica da historia, tristemente avalada pola deriva sociopolítica dos nosos días.
Diante un eco é tamén para SÉS unha volta aos inicios, pero desde o oficio e a madurez, e sobre todo desde unha visión alternativa da sofisticación, horizontal e intercultural. Unha sólida reafirmación na estética popular da que a cantora se considera amante e deudora, sen complexos e sen renunciar á calidade poética que a caracteriza.
Temas:
CANTAN AS BALAS
PARA CANDO EU MORRA
DIANTE UN ECO
PARA TE SACAR
RESPIRAR POR RESPIRAR
SEGURAMENTE
NON TEÑO FE
QUE SEXA SÚA
EU NON SON A QUE PENSAS
QUEN SE SALVA
NINGUEN PENSA
Cantan as balas
Gravación, mestura e masterización: Xabier Ferreiro
Gravado en Estudios Bruar en 2022
Video producido por Mirmidón Produccións coa realización de Sara Traba
https://www.youtube.com/watch?v=TB7NsK86LVA

Para Cando Eu Morra
Gravación, mestura e masterización: Xabier Ferreiro
Gravado en Estudios Bruar en 2022
Video producido por Mirmidón Produccións
Diante un Eco
https://www.youtube.com/watch?v=x2rVUvWgSsQ&list=OLAK5uy_mOW3tZ_Sy1CkpO_VE4Y9WnszKVEsl3OlA&index=3
Para te Sacar
https://www.youtube.com/watch?v=85THFSAHs7A&list=OLAK5uy_mOW3tZ_Sy1CkpO_VE4Y9WnszKVEsl3OlA&index=4
O medo dunha nena
“O medo dunha nena” é unha canción triste escrita desde a tristura real. Desde ese estado cru e feo que na maioría de nós se agravou durante os últimos tempos.
1. Liberar As Arterias
2. Quen Son Os Meus
3. Espiña Sen Rosa
4. Trampa De Odio
5. Mafia
6. Na Fronteira
7. O Silencio Non Marcha
8. A Única Señora
9. Para A Curación
10. Desenganeime Sen Crer
11. Non Queda Nada
12. A Bala Vendida
https://www.youtube.com/watch?v=5N24v33L344
https://www.youtube.com/watch?v=BLN8UTCt0Ok
https://www.youtube.com/watch?v=xYALZclB2GM
https://www.youtube.com/watch?v=bZ2yC1Ae87Q
https://www.youtube.com/watch?v=2kaml1SIwS0
https://www.youtube.com/watch?v=-kZA5aaJjdg
https://www.youtube.com/watch?v=8iGoDh5Vrds
Rabia ao Silencio (marzo 2019)
A ‘Rabia ao Silencio’ que cantaba Atahualpa Yupanki da nome ao sexto traballo da cantora que levará por teatros de todo o país nos vindeiros meses cunha formación de trío: con Sés á voz, guitarra e percusión; Sabela Galván á voz, acordeón e frauta; e Tito Calviño á guitarra.
Desta volta Sés proponnos un traballo acústico, máis íntimo e directo do que nos ten afeitos, para traer á Galicia do século XXI xoias musicais que na pasada centuria chegaron de ultramar (Cuba, Arxentina, Brasil...), mais tamén de diferentes puntos da Península Ibérica, na voz de Carlos Puebla, Mercedes Sosa, Zeca Afonso ou Fuxan os Ventos, entre outros. Cancións adaptadas á nosa lingua que foron, no seu momento, semente ou crónica dos grandes movementos sociais do século XX, cancións que exemplifican a pluma e a voz profundas, humanas e solidarias.
‘Rabia ao Silencio’ (Altafonte, 2019) é un traballo composto por unha escolma de cancións populares, folclóricas ou de autor adaptadas pola autora. Todas elas están ligadas a un pobo do que manaron e ao que nutriron. Sés escolleu cancións cunha historia detrás, que explica minuciosamente no libreto do disco: as ditaduras uruguaia e arxentina en letra de Benedetti ou Atahualpa Yupanki; a emigración galega vista por Fuxan os Ventos; a revolución sandinista; a cubana en boca en Carlos Puebla; un corrido popular mexicano dos tempos da revolución ou unha canción-denuncia da discriminación da comunidade negra dos anos 30.
Segundo a propia autora, “Rabia ao silencio’ é unha débeda contraída con quen me esinou a pensar musicando e narrando a verdadeira historia e non a dos vencedores. Máis que coma un traballo propio, está concibido coma unha homenaxe a persoas que nos legaron grandes valores; ademais nun momento sociopoliticamente miserábel e artisticamente pobre. Agora que se confunde a profesionalidade musical coa indiferencia, o individualismo e a covardía, ‘Rabia ao silencio’ era unha obriga para min”.
DISCOGRAFIA PREVIA:
READMIRANDO A CONDICIÓN (2017)
Readmirando a condición é o tema que abre o quinto disco da autora galega,‘Readmirando a condición’ que está composto por doce temas, dos cales once corresponden os do seu primeiro álbum, que contiña éxitos como “Tempestades de sal” ou “Non son fada”.
Desta volta, a cantora dálle un son máis “SES” ao seu disco de debut, convertendo aqueles temas nun son -en moitos casos- totalmente diferente, cunha sonoridade máis potente. Estas once cancións foron gravadas desde cero e producidas e arranxadas por ela mesma mesma, a diferenza do primeiro disco.
Este novo disco só se venderá nos concertos da banda e na súa web a partir do día 1 de decembro do 2017.
.
OPOÑERSE Á EXTINCIÓN é o cuarto álbum oficial de SES e chegará aos nosos ouvidos o vindeiro 2 de decembro.
SES é forza, incorformismo e paixón. Cantautora que viste as súas cancións de blues, rock e sons latinoamericanos acompañados dunhas letras de marcado carácter reivindicativo contra case todo o establecido.
Dos coros africanos aos ritmos ska, do blues á pachanga, de Aretha a Janis, da Habana a Budapest… SÉS é unha descarga de ritmos e sons cun denominador común: as boas vibracións. Unha banda de dez músicos con sección de vento e coros, un feixe de temas orixinais cantados en galego e unha vocalista que canaliza toda a enerxía do escenario: María Xosé Silvar, lidera SÉS cun torrente de voz imposible, espontánea e chea do eclecticismo máis festeiro e bailable.
OPOÑERSE Á EXTINCIÓN segue a liña do inconfundible estilo de SES coas novas composicións e diferentes temáticas onde fai demostración da gran voz que posúe.
Este novo traballo continúa na liña dos dous discos anteriores, cunha onda ecléctica que vai do rock ao blues pasando pola canción de autor latinoamericana, pero atrevéndose desta volta con novas sonoridades e deixando máis espazo para a cantareira que hai no seu interior.
A SES compositora vai medrando e madurando, aínda que sigue a tratar os temas de sempre: o amor en todas as súas versións (inclúe unha canción dedicada á filla dunha das súas cantoras), sen esquecer un tema clave da súa personalidade como artista, a denuncia social.
LISTADO DE TEMAS:
1. Torre de Almasí
2. Desde o Altar
3. A Sodomita
4. Dúas Lúas
5. A Paz Esquiva
6. Con Tambores de Mar
7. Polo Teu Corazón
8. Co Sorriso Ante a Malicia
9. Bótanlle Leña
10. Se A Alma Non Me Doe
11. Romance Da Bela Rosa
12. Semente De Vencer
TRONZAR OS VALOS (2015) editado por Fol Música reúne 12 novas cancións (tronzar os valos, opio barato, 2000 anos máis, Sentir Sen Pensar, Como Eu Canto, Novas Ganas de Soñar, Baixo o Cemento, Máis Que Quimera,
Humanamente , Iconoclasta, Un Pensamento, Un Xeito de Borrarte ).
“TRONZAR OS VALOS” un traballo feito con orgullo identitario, frescura e vitalidade, que pretende concentrar nunha presa de cancións viscerais e paixonais a potencia do directo.
Dispoñible edición física e álbum dixital
Zona de compras | Amazon
Spotify | Deezer | iTunes | Google Play
"Co xenio destrozado"
Gravado nos estudios BRUAR, da Coruña, e producido por MARÍA XOSÉ SILVAR, a propia SÉS, neste traballo contou cos músicos:
Tito Calviño (guitarra), Marcos Pazo (batería) e
Fran Sanz (baixo).
Un proxecto en feminino no que o carácter, a forza e a creatividade de María Xosé rompe o molde da muller na música galega.
"Admirando a condición" (2011)
Logo de colaborar con grupos coma Zënzar ou Xabier Díaz, publica o primeiro disco de Sés (o nome «caseiro» de María Xosé Silvar), un proxecto 100% en galego e 100% en feminino.
Para escoita-LO preme eiqui
COLABORACIÓNS:
Sés, María Xosé Silvar ten colaborado con outros grupos e artistas, dos máis destacados do panorama galego.
Con Zënzar canta con Bocixa da mítica banda rockeira de Cerceda a peza ‘Caneando ruainas’, escrita nunha antiga xerga empregada polos canteiros ourensáns, incluido no disco ‘A tribu’.
Con Xabier Díaz e Guillerme Fernández, participou no álbum titulado ‘Arrolos de Salitre’, interpretando unha fermosa nana, ‘Caravel de mel’.
Eiqui vos deixamos o enlace coas fotos do Concerto de SES na reconquista de Vigo. Agardo que vos gusten. O/A que queira algunha so ten que mandar un privado co seu correo electronico e mandamoslle un DropBox https://www.flickr.com/photos/24629645@N06/sets/72157643280111225/
ivan@dezetapro.com
T. +34 649381132
ou en http://ses.cunde.gal/
FORMACION PREVIA:
En 2007 crea xunto a tres amigos a banda Chámalle Xis!, un dos grupos revelación daquel ano e un dos gañadores do concurso A Coruña Son, apadriñado por Santiago Auserón.
2. Quen Son Os Meus
3. Espiña Sen Rosa
4. Trampa De Odio
5. Mafia
6. Na Fronteira
7. O Silencio Non Marcha
8. A Única Señora
9. Para A Curación
10. Desenganeime Sen Crer
11. Non Queda Nada
12. A Bala Vendida
Editado por: Altafonte Music
Liberar As Arterias
https://www.youtube.com/watch?v=5N24v33L344
Quen Son Os Meus
https://www.youtube.com/watch?v=BLN8UTCt0Ok
Desenganeime Sen Crer
https://www.youtube.com/watch?v=xYALZclB2GM
O Silencio Non Marcha
https://www.youtube.com/watch?v=bZ2yC1Ae87Q
A Única Señora
https://www.youtube.com/watch?v=KVYdb-OIubE
Non Queda Nada
https://www.youtube.com/watch?v=2kaml1SIwS0
Na Fronteira
https://www.youtube.com/watch?v=-kZA5aaJjdg
Mafia
https://www.youtube.com/watch?v=8iGoDh5Vrds
Para A Curación
https://www.youtube.com/watch?v=vM_rhvOQme4
A Bala Vendida
https://www.youtube.com/watch?v=yux6qowZ5oM
Espiña sen rosa
Espiña sen rosa (Incluído no disco Liberar as arterias, 2020)
Rabia ao Silencio (marzo 2019)
A ‘Rabia ao Silencio’ que cantaba Atahualpa Yupanki da nome ao sexto traballo da cantora que levará por teatros de todo o país nos vindeiros meses cunha formación de trío: con Sés á voz, guitarra e percusión; Sabela Galván á voz, acordeón e frauta; e Tito Calviño á guitarra.
Desta volta Sés proponnos un traballo acústico, máis íntimo e directo do que nos ten afeitos, para traer á Galicia do século XXI xoias musicais que na pasada centuria chegaron de ultramar (Cuba, Arxentina, Brasil...), mais tamén de diferentes puntos da Península Ibérica, na voz de Carlos Puebla, Mercedes Sosa, Zeca Afonso ou Fuxan os Ventos, entre outros. Cancións adaptadas á nosa lingua que foron, no seu momento, semente ou crónica dos grandes movementos sociais do século XX, cancións que exemplifican a pluma e a voz profundas, humanas e solidarias.
‘Rabia ao Silencio’ (Altafonte, 2019) é un traballo composto por unha escolma de cancións populares, folclóricas ou de autor adaptadas pola autora. Todas elas están ligadas a un pobo do que manaron e ao que nutriron. Sés escolleu cancións cunha historia detrás, que explica minuciosamente no libreto do disco: as ditaduras uruguaia e arxentina en letra de Benedetti ou Atahualpa Yupanki; a emigración galega vista por Fuxan os Ventos; a revolución sandinista; a cubana en boca en Carlos Puebla; un corrido popular mexicano dos tempos da revolución ou unha canción-denuncia da discriminación da comunidade negra dos anos 30.
Segundo a propia autora, “Rabia ao silencio’ é unha débeda contraída con quen me esinou a pensar musicando e narrando a verdadeira historia e non a dos vencedores. Máis que coma un traballo propio, está concibido coma unha homenaxe a persoas que nos legaron grandes valores; ademais nun momento sociopoliticamente miserábel e artisticamente pobre. Agora que se confunde a profesionalidade musical coa indiferencia, o individualismo e a covardía, ‘Rabia ao silencio’ era unha obriga para min”.
SÉS - Serei curiosa
https://www.youtube.com/watch?v=gG1QI7drm2w
SÉS - A chamuscada
https://www.youtube.com/watch?v=WLjAhMJD7FM
DISCOGRAFIA PREVIA:
READMIRANDO A CONDICIÓN (2017)
Readmirando a condición é o tema que abre o quinto disco da autora galega,‘Readmirando a condición’ que está composto por doce temas, dos cales once corresponden os do seu primeiro álbum, que contiña éxitos como “Tempestades de sal” ou “Non son fada”.
Desta volta, a cantora dálle un son máis “SES” ao seu disco de debut, convertendo aqueles temas nun son -en moitos casos- totalmente diferente, cunha sonoridade máis potente. Estas once cancións foron gravadas desde cero e producidas e arranxadas por ela mesma mesma, a diferenza do primeiro disco.
Este novo disco só se venderá nos concertos da banda e na súa web a partir do día 1 de decembro do 2017.
.
OPOÑERSE Á EXTINCIÓN é o cuarto álbum oficial de SES e chegará aos nosos ouvidos o vindeiro 2 de decembro.
SES é forza, incorformismo e paixón. Cantautora que viste as súas cancións de blues, rock e sons latinoamericanos acompañados dunhas letras de marcado carácter reivindicativo contra case todo o establecido.
Dos coros africanos aos ritmos ska, do blues á pachanga, de Aretha a Janis, da Habana a Budapest… SÉS é unha descarga de ritmos e sons cun denominador común: as boas vibracións. Unha banda de dez músicos con sección de vento e coros, un feixe de temas orixinais cantados en galego e unha vocalista que canaliza toda a enerxía do escenario: María Xosé Silvar, lidera SÉS cun torrente de voz imposible, espontánea e chea do eclecticismo máis festeiro e bailable.
OPOÑERSE Á EXTINCIÓN segue a liña do inconfundible estilo de SES coas novas composicións e diferentes temáticas onde fai demostración da gran voz que posúe.
Este novo traballo continúa na liña dos dous discos anteriores, cunha onda ecléctica que vai do rock ao blues pasando pola canción de autor latinoamericana, pero atrevéndose desta volta con novas sonoridades e deixando máis espazo para a cantareira que hai no seu interior.
A SES compositora vai medrando e madurando, aínda que sigue a tratar os temas de sempre: o amor en todas as súas versións (inclúe unha canción dedicada á filla dunha das súas cantoras), sen esquecer un tema clave da súa personalidade como artista, a denuncia social.
LISTADO DE TEMAS:
1. Torre de Almasí
2. Desde o Altar
3. A Sodomita
4. Dúas Lúas
5. A Paz Esquiva
6. Con Tambores de Mar
7. Polo Teu Corazón
8. Co Sorriso Ante a Malicia
9. Bótanlle Leña
10. Se A Alma Non Me Doe
11. Romance Da Bela Rosa
12. Semente De Vencer
A PAZ ESQUIVA
TRONZAR OS VALOS (2015) editado por Fol Música reúne 12 novas cancións (tronzar os valos, opio barato, 2000 anos máis, Sentir Sen Pensar, Como Eu Canto, Novas Ganas de Soñar, Baixo o Cemento, Máis Que Quimera,
Humanamente , Iconoclasta, Un Pensamento, Un Xeito de Borrarte ).
“TRONZAR OS VALOS” un traballo feito con orgullo identitario, frescura e vitalidade, que pretende concentrar nunha presa de cancións viscerais e paixonais a potencia do directo.
SES - TRONZAR OS VALOS
Dispoñible edición física e álbum dixital
Zona de compras | Amazon
Spotify | Deezer | iTunes | Google Play
"Co xenio destrozado"
Gravado nos estudios BRUAR, da Coruña, e producido por MARÍA XOSÉ SILVAR, a propia SÉS, neste traballo contou cos músicos:
Tito Calviño (guitarra), Marcos Pazo (batería) e
Fran Sanz (baixo).
Un proxecto en feminino no que o carácter, a forza e a creatividade de María Xosé rompe o molde da muller na música galega.
"Admirando a condición" (2011)
Logo de colaborar con grupos coma Zënzar ou Xabier Díaz, publica o primeiro disco de Sés (o nome «caseiro» de María Xosé Silvar), un proxecto 100% en galego e 100% en feminino.
Para escoita-LO preme eiqui
COLABORACIÓNS:
Sés, María Xosé Silvar ten colaborado con outros grupos e artistas, dos máis destacados do panorama galego.
Con Zënzar canta con Bocixa da mítica banda rockeira de Cerceda a peza ‘Caneando ruainas’, escrita nunha antiga xerga empregada polos canteiros ourensáns, incluido no disco ‘A tribu’.
Con Xabier Díaz e Guillerme Fernández, participou no álbum titulado ‘Arrolos de Salitre’, interpretando unha fermosa nana, ‘Caravel de mel’.
Eiqui vos deixamos o enlace coas fotos do Concerto de SES na reconquista de Vigo. Agardo que vos gusten. O/A que queira algunha so ten que mandar un privado co seu correo electronico e mandamoslle un DropBox https://www.flickr.com/photos/24629645@N06/sets/72157643280111225/
CONTRATACIÓN SES
DZProivan@dezetapro.com
T. +34 649381132
Máis info na sua páxina web SÉS