Para escoitar TERBUTALINA preme eiqui
Membros
M. Terbutalino,
Mon Terbutalino,
Torres Terbutalino,
Álex Sevilla-Terbutalino
A Terbutalina nace no incentro entre Ventín, Muíño do Vento e Esteiro (condados do estado de Muros) no 2010. Ex-membros de grupos como THE, Metralla, Skaiola Borrokal ou Süiss dan en se xuntar, tirar para adiante e elaborar unha recua de temas a medio camiño entre o rock de garaxe, o punk e outros sons.
Arte do disco: guillotina estudio
Xente da noite
Gravada en directo e mesturada en A Ponte
https://www.youtube.com/watch?v=tZifRGDUKQo
Que retemble o chan
Gravada en directo e mesturada en A Ponte
https://www.youtube.com/watch?v=pVPP_alh2P8
Sempre Fresco
Videoclip dirixido por Gero Costas
Producido por Producciones Mutantes
A canción foi gravada e mesturada no Estudio A Ponte (Roxos), por Tomás Ageitos
Masterizado por Robin Smichtd (24-96 mastering studio)
https://www.youtube.com/watch?v=mFzbFYV6VA8
Unha variable situacional difícil de predicir e de controlar que fai que persoas sensatas, maduras e sen problemas de personalidade, nun momento determinado, realicen inexplicables condutas de risco, que non son en absoluto habituais para elas e que poden desembocar nunha das maiores festas do país.
Turbotalina Video Xogo Terbutalina fixeron un video xogo das Carrilanas de Esteiro e os 10 primeiros clasificados irán de balde a presentacion do novo traballo da banda o 19 de marzo na Capitol 🎟️ 10 entradas en xogo para os 10 mellores!!! https://qaramelo.itch.io/gran-prix-turbotalina
Costa Abaixo
Sinxelo presentado na Sala Karma en Pontevedra en febreiro do 2022
https://www.youtube.com/watch?v=vflPgwS7JyA&list=OLAK5uy_kUi1evhy5mHntTsQhHHFw3ZwY7pSSN2rE
Espabila gallego (2019)
- Marisco Barato [https://spoti.fi/2kiNG2c]
- Muinheira de Costa [https://spoti.fi/2m6NQtR]
Pura Makica https://spoti.fi/2kdZK4C
- Gravado en cinta analóxica no Estudio A Ponte (Roxos), con Tomás Ageitos como técnico de gravación e mesturas.
- Producido por Tomás Ageitos e Terbutalina.
- Masterizado por Dr. Chou.
- Deseño de Prenom.
Terbutalina - Pura makica
https://www.youtube.com/watch?v=4DqLMyuXfhM&feature=youtu.be
Gravado en cinta analóxica no Estudio A Ponte (Roxos), con Tomás Ageitos como técnico de gravación e mesturas.
Producido por Tomás Ageitos e Terbutalina.
Masterizado por Dr. Chou.
Deseño de Guillotina Estudio.
Un LP de dez coplas de rock’n’roll no que a banda vai dende o punk ao pop e dende o rock ata a música tradicional galega.
Muinheira de Costa
Videoclip dirixido por Rubén Domínguez.
Producido por Prenom
Gravada en cinta analóxica no Estudio A Ponte (Roxos), con Tomás Ageito
DISCOGRAFIA PREVIA:
http://terbutalina.bandcamp.com
http://www.terbutalina.net/
Sonido Esteiro (2017)
Un Ep de catro temas editado por Triunvirato e Folc Records.
1.Goodbye neuronas
2.Andar de xaneira
3.Ninguén che quere
4.Orujo/Brujería
Gravado ao vivo en cinta analóxica no Estudio A Ponte (Roxos), con Tomás Ageitos como técnico de gravación e mesturas.
Mastered by Dr. Chou.
Deseño de Guillotina Estudio.
Tendes toda a info en castelán " lo estrenamos en exclusiva desde Notodo para el mundo." en:
http://www.notodo.com/terbutalina-estreno
A MUERTE, que resultou escollido Mellor Álbum en Galego de 2014 nos Premios da Música Independente). Foi gravado ao vivo en cinta analóxica. Do máster encargouse Jim Diamond (The White Stripes, The Sonics), de Ghetto Recorders en Detroit.
Nesta ocasión haberá unha gran novidade: será o primeiro traballo da banda en ter edición física, en vinilo. Os selos encargados de lanzar o seu disco serán:
Folc Records (Guadalupe Plata, The Phantom Keys, Los Chicos, MFC Chicken) e
Grabaciones de Impacto (Drunk Mums, The Cubical, Nave Nodriza).
E despois? Pois non parar de tocar, que para apalancarse hai tempo a jodelo.
descargar o disco (.zip / 37,2MB)
A muerte (2014)
Estas dez novas cancións supoxeron unha evolución na liña creativa da Terbutalina e deron forma á rabia, ao entusiasmo e á decepción. O seu sexto traballo mantivo e incrementou a intensidade e a actitude propia dos seus anteriores traballos, mais a composición e as melodías gañaron peso e fondo.
A muerte foi gravado nos estudios A Ponte (Niño y Pistola, Das Kapital, Cró!) baixo a observación e a dirección orquestral do grandísimo Tomás Ageitos. O deseño da capa corre, como é marca da casa, por conta de Arinspunk
RITMO SERBIO (2013)
13 temas de Terbutalina.que din "Facemos gastropunk, o punk morreu e comémolo nós".
Ritmo serbio contén cancións rápidas e directas aos pulmóns que inciden na fórmula Terbutalina: festa, velocidade e empanada.
http://terbutalina.bandcamp.com/album/ritmo-serbio
Meses despois viaxan até L.A. para gravar o que será o seu primeiro LP de estudio Broncodilatador. Un disco con 15 racións de gastropunk e música de diferentes estilos sempre baixo a premisa “mellor arriscarse e que rompa”. Até que o álbum saia á luz (coma se dun feto se tratar), sacan un EP para ir abrindo boca e pernas titulado Que-de-leite! con 3 temas dese futuro LP dispoñible para libre descarga.
http://www.terbutalina.net/
Sonido Esteiro (2017)
Un Ep de catro temas editado por Triunvirato e Folc Records.
1.Goodbye neuronas
2.Andar de xaneira
3.Ninguén che quere
4.Orujo/Brujería
Gravado ao vivo en cinta analóxica no Estudio A Ponte (Roxos), con Tomás Ageitos como técnico de gravación e mesturas.
Mastered by Dr. Chou.
Deseño de Guillotina Estudio.
Tendes toda a info en castelán " lo estrenamos en exclusiva desde Notodo para el mundo." en:
http://www.notodo.com/terbutalina-estreno
Terbutalina Ninguén che quere
Realizado por Producciones Mutantes.
AL OTOMANO SE LE VA LA MANO (2015)
As novas once cancións da banda estarán dispoñibles, como é marca da casa, en libre descarga en formato dixital desde as súas distintas plataformas web.
O disco gravouse no Estudio A Ponte Roxos, (onde xa gravaran o seu anterior traballo, As novas once cancións da banda estarán dispoñibles, como é marca da casa, en libre descarga en formato dixital desde as súas distintas plataformas web.
A MUERTE, que resultou escollido Mellor Álbum en Galego de 2014 nos Premios da Música Independente). Foi gravado ao vivo en cinta analóxica. Do máster encargouse Jim Diamond (The White Stripes, The Sonics), de Ghetto Recorders en Detroit.
Nesta ocasión haberá unha gran novidade: será o primeiro traballo da banda en ter edición física, en vinilo. Os selos encargados de lanzar o seu disco serán:
Folc Records (Guadalupe Plata, The Phantom Keys, Los Chicos, MFC Chicken) e
Grabaciones de Impacto (Drunk Mums, The Cubical, Nave Nodriza).
Terbutalina - "Sudar Sangre"
Videoclip da canción de Terbutalina, adianto do disco "AL OTOMANO SE LE VA LA MANO" (11/11/2015), realizado por Producciones MutantesE despois? Pois non parar de tocar, que para apalancarse hai tempo a jodelo.
Bailen, hostia! Bailen!
descargar o disco (.zip / 37,2MB)
Letras "AL OTOMANO SE LE VA LA MANO"
Sudar sangre
Énchense de terra. Beben máis que ti. As túas suelas novas xa conocen mil baldosas. AS TÚAS SUELAS NOVAS SUDAN SANGRE! SUDAN SANGRE! NINGUÉN AS CONTROLA... E coñecen os tacóns e déixanche tirado. As túas suelas novas andan revoltosas. AS TÚAS SUELAS NOVAS SUDAN SANGRE! SUDAN SANGRE! NINGUÉN AS CONTROLA... SUDAN SANGRE! SUDAN SANGRE!
Autopista
Sobre as sete da tarde espertamos. Xa ninguén sabe onde andamos. Veñen á mente movidas borrosas. Toda a noite apalpando baldosas. E A CABESA QUE CON TANTA SERVESA XA NON PENSA. ADEMAIS ERA DESA, DA BOA, DA QUE SOLUSIONA UNHA NOITE, UNHA FESTA. “Oigan, chorbos, no se pasen de listos. Me suda la polla que sean artistas. Alguien tiene que pagar este vino”. E nós sen pasta para a autopista. E A CABESA QUE CON TANTA SERVESA XA NON PENSA. ADEMAIS ERA DESA, DA BOA, DA QUE SOLUSIONA UNHA NOITE, UNHA FESTA.
Marchou sen min
Levanteime ás sete da mañá. Tomei café para manterme en pé e fun directo para a estación, pero alí non había ninguén. MARCHOU SEN MIN E NON CREO QUE VAIA VOLVER. Vámonos todos xuntos ao casino. A ver se hoxe collo e me arruíno. Uns sacan pedra e outros papel e a mala sorte non se deixa ver. MARCHOU SEN MIN E NON CREO QUE VAIA VOLVER.
Aditamin 500mg
Salo, espéroche no portal. Xa non timbro; mellor, baixa. Se subo, non vai baixar ninguén. Eu sempre o digo. Nunca falla. EU QUERO QUE SEXAS ADITA A MIN. EU QUERO SER O TEU PEOR VISIO. Cada día terás recaídas. Pasarás as noites sen durmir. Nena, son a túa última saída. Pasarás as noites sen durmir. EU QUERO QUE SEXAS ADITA A MIN. EU QUERO SER O TEU PEOR VISIO.
Mambo
Mira como me miras. Mira como respiro, que quedo sin aliento cada vez che miro. MAMBO! DAME MAMBO! MORENA, DAME MAMBO! Mira como me miras. Mira, morro de frío, pero póñome máis quente cada vez que che miro. MAMBO! DAME MAMBO! MORENA, DAME MAMBO!
Artista
Son artista. Portada de revista. Ponme na lista que son artista. DÁME MÁIS TICKETS! Son artista. Portada de revista. Perdona que insista, que son artista. DÁME MÁIS TICKETS!
Mala tinta
Eu non che miro mal. Non teño mirada mellor. Estou tan branco que podería ser un vampiro e bicarche o cuello e chuparche o sangue, pero estou tan farto e canso… Sobre cristales ando descalzo. DISME “TES MALA PINTA”. DOS TEUS TATUAJES EU SON A TINTA. Eu non che quero mal. Podría ser moito peor. Ser unha pedra, un cabrón, entrar de noite na túa habitación, romperche os cristales, enchelo todo de sangue… E a miña mala sorte converteuse no teu deporte. DISME “TES MALA PINTA”. DOS TEUS TATUAJES EU SON A TINTA.
Griten
Tal como empezou, normal que acabe así. Se vén a policía, eu non vivo aquí. Controlen o volume, coidado co ruído e, por favor, non sexan aburridos. E GRITEN MÁIS SE QUEREN! GRITEN MÁIS SE QUEREN! Non sei onde estou, nin sei a onde vou. Non sei que fago aquí. Apiádense de min! Non se de onde veño, nin sei onde vou ir. Non sei que fago aquí. Apiádense de min! E GRITEN MÁIS SE QUEREN! GRITEN MÁIS SE QUEREN! GRITEN MÁIS!
Miradas turbias
Fenómeno estraño... Pupilas en baños... AS MIRADAS TURBIAS PÓÑENME DOS NERVIOS! E hoxe choven alfileres... E cando chovan alfileres non miren para arriba... NON MIREN PARA ARRIBA! AS MIRADAS TURBIAS PÓÑENME DOS NERVIOS! NON MIREN PARA ARRIBA!
Se o sei non volvo
Pillen sitio no tanatorio. Saír de festa con nós seica non é bo. Imaxino o que dirán mañá ao espertar desta puta pesadilla. NON SEI A QUE HOSTIA VIN... OUTRA VEZ FEITO POLVO! SE O SEI NON VOLVO! Seica non é bo! NON SEI A QUE HOSTIA VIN... OUTRA VEZ FEITO POLVO! SE O SEI NON VOLVO!
Pa-paou-mama
Queres experiencias novas, probar toda clase de drogas, bicar a tíos e tías e non ver a luz do día. E quen che vai safar? Papá ou mamá? PA-PAOU-MAMA! Conocer outra culturas. Chica lista chora a escuras. A vida xa non che dá a risa e pensas en suicidarte. E quen che vai chorar? Papá ou mamá? PA-PAOU-MAMA!
A muerte (2014)
Estas dez novas cancións supoxeron unha evolución na liña creativa da Terbutalina e deron forma á rabia, ao entusiasmo e á decepción. O seu sexto traballo mantivo e incrementou a intensidade e a actitude propia dos seus anteriores traballos, mais a composición e as melodías gañaron peso e fondo.
A muerte foi gravado nos estudios A Ponte (Niño y Pistola, Das Kapital, Cró!) baixo a observación e a dirección orquestral do grandísimo Tomás Ageitos. O deseño da capa corre, como é marca da casa, por conta de Arinspunk
RITMO SERBIO (2013)
13 temas de Terbutalina.que din "Facemos gastropunk, o punk morreu e comémolo nós".
Ritmo serbio contén cancións rápidas e directas aos pulmóns que inciden na fórmula Terbutalina: festa, velocidade e empanada.
http://terbutalina.bandcamp.com/album/ritmo-serbio
Hostias para todos (2012)
Gravouse en Portugal en cuestión dunhas horas e reflicte o son do grupo: sinxelo e sucio. É, tamén, o primeiro traballo da Terbutalina coa súa actual formación, de cinco membros. As composicións continúan na liña do gastropunk amosado no Broncodilatador, o seu primeiro LP. Trátanse de sete cancións dun ton máis escuro no que podemos catar desde punkeiradas como “Picolo (vas de verde)” ou “O teu corpo pide jerra” a hostións psicomotrices como “Xira Funeraria” ou “Suisidarse”. Estupidez, fame e velocidade.
Capa deseñada polas xeniais Arinspunk .
O sexto corte do disco, “Suisidarse”, contou tamén cun videoclip dirixido por Lucas Nadal (director de vídeos para grupos como Ataque Escampe ou Samesugas).
Gravouse en Portugal en cuestión dunhas horas e reflicte o son do grupo: sinxelo e sucio. É, tamén, o primeiro traballo da Terbutalina coa súa actual formación, de cinco membros. As composicións continúan na liña do gastropunk amosado no Broncodilatador, o seu primeiro LP. Trátanse de sete cancións dun ton máis escuro no que podemos catar desde punkeiradas como “Picolo (vas de verde)” ou “O teu corpo pide jerra” a hostións psicomotrices como “Xira Funeraria” ou “Suisidarse”. Estupidez, fame e velocidade.
O que é non ter vergoña…
Capa deseñada polas xeniais Arinspunk .
Terbutalina - Suisidarse
https://www.youtube.com/watch?v=Qhg0KJlI8X4
En 2011 lanzan o seu traballo de presentación Live in Catoira, que recolle 8 temas dun concerto perpretado en Catoira (de aí o nome, tampouco é cuestión de romperse a cabeza).
Meses despois viaxan até L.A. para gravar o que será o seu primeiro LP de estudio Broncodilatador. Un disco con 15 racións de gastropunk e música de diferentes estilos sempre baixo a premisa “mellor arriscarse e que rompa”. Até que o álbum saia á luz (coma se dun feto se tratar), sacan un EP para ir abrindo boca e pernas titulado Que-de-leite! con 3 temas dese futuro LP dispoñible para libre descarga.
Os 15 temas do Broncodilatador son unha pequena mostra do variado da súa aposta, unha proposta que levan amosando desde a súa formación nos diferentes concertos que teñen ofrecido ao longo da xeografía galega, nos que mesturan diversión, velocidade e empanada.
Ademais deste lanzamento, tamén colaboran cun tema no recopilatorio Galician Bizarre II, que recolle cancións de até 18 bandas.
ENLACES
BandCamp: http://terbutalina.bandcamp.com
Facebook: http://www.facebook.com/terbutalina
SoundCloud: http://www.soundcloud.com/terbutalina
contratacion@dotbeat.esCONTACTO:
terbutalina@terbutalina.net