Para escoitar MALANDROMEDA preme eiqui
Desde Santiago de Compostela chega este dúo de Hip-Hop , formado por HEVI e CALDEIRADA.
Malandrómeda despois de cinco anos de silencio discográfico, volven por partida dobre, Matapadre presenta 'Cada can que lamba o seu carallo' e 'Os corenta e oito nomes do inimigo'. Dous LP's que saen simultaneamentes. A partires do 26 de febreiro poderedes disfruta-los novos temas da histórica formación galega, tanto en formato físico como nas plataformas dixitais.
Rapeiradas (2022)
O deseño e collages son obra de Daniel Alonso Mallén.
A gravación e mistura correreon por conta de Hevi no Laboratorio Soyuz e en La Follable II nos días parvos da primavera do 2022.
Foi masterizxado por Cem Oral.
Contou coa colaboración de Sokram, Xavi G. Pereiro e Menina Arroutada.
Temas:
Pepe Caralladas
rampa pra turistas
Furricón emocional
AP9
Podedes escoitalo enteiro e no seu bandcamp:
https://malandromeda.bandcamp.com/album/rapeiradas
DISCOGRAFIA PREVIA:
No inferno das ideas (2021)
Producido por Playboy Navigatore.
Gravado e misturado por Hevi entre xuño do 2020 e agosto do 2021 no Laboratorio Soyuz.
Cem Oral: Masterizado.
Daniel Alonso Mallén: Deseño e collages.
Temas:
O recibiño
No inferno das ideas
Sonata número 300
Iso perdímolo hai tempo
Podedes escoitalo enteiro e mercalo en:
https://malandromeda.bandcamp.com/album/no-inferno-das-ideas
San Amaro Remexido (2021)
Todas as cancións foron remexidas en decembro do 2020 por Santomé, ArreOh!, Susiño do Vocoder e MØU
Masterizado: Cem Oral
Deseño e collages: Daniel Alonso Mallén
Temas:
Días Libres Remexido por Santomé
Nin barco nin ostias Remexido por ArreOh!
Unha casa no camposanto (con Oh! Ayatollah) Remexido por Susiño do Vocoder
Quero nécoras Remexido por MØU
Podedes escoitalo enteiro e mercalo en:
https://malandromeda.bandcamp.com/album/san-amaro-remexido
Gravado e misturado por Hevi no Laboratorio Soyuz
“Nin barco nin ostias” gravada en febreiro do 2018
“Unha casa no camposanto” gravada na primavera do 2018
“Días libres” e “Quero nécoras” gravadas en decembro do 2019
Misturado na primavera do 2020.
Cem Oral 'O Milloreitor': Masterizado
O Máster do son: Microfonía e bombas de palenque
Daniel Alonso Mallén: Deseño e collages
Temas:
Días libres
Nin barco nin ostias
Unha casa no camposanto
Quero nécoras
Podedes escoitalo enteiro e mercalo en:
https://malandromeda.bandcamp.com/album/san-amaro
Gravación e mistura: Hevi en decembro do 2019 e misturado na primavera do 2020
Masterizado: Cem Oral
Microfonía e pacencia: O Máster do son
Deseño e collages: Daniel Alonso Mallén
Temas:
Hoxe dormes fóra
Xigantes e cabezudos
Catro agullas pra unha bolboreta
Galician Edi Murfi
Podedes escoitalo enteiro e mercalo en:
https://malandromeda.bandcamp.com/album/animais-da-feira
Catro agullas pra unha bolboreta
Vídeo realizado por Música Prepost
https://www.youtube.com/watch?v=-NVdmEK1a18
Os corenta e oito nomes do inimigo (2016)
Paisaxismo e paisanismo. “Os corenta e oito nomes do inimigo” é afogar en Ribeiro, cagarse en Dios, chorar nos bares, pasear por Vista Alegre mentres chove e chupar unha hostia na cara.
As once cancións do novo LP de Malandrómeda permítennos ver a Hevi por primeira vez sen chándal, espido, na súa versión máis rúa e emocionante despois de cinco anos de silencio.
Unha auténtica viaxe por ambientes e paisaxes de desgarro sonoro e poético que combinan a vangarda e o costumbrismo coma quen pasa de santa a satán.
Mentras perdes tempo en explicar que non tes tempo poderías estar rompendo os teus libros de autoaxuda.
Tés diante un disco feito co corazón, para escoitar coas lupas de ver por dentro que eles mesmos patentaron hai xa dez anos, dos que din cousas que mancan pero curan.
Un traballo que marca o camiño do que está por vir, producido e escrito por unha das plumas máis áxiles do noso tempo e vestido polo artista Bluemouse, que vai directo ao caixón dos discos de culto, onda ós de Jeros, Los Mirlos e Os Resentidos.
Selo: Matapadre
Distribuidor: Gran Sol
Autoproducido entre outubro do 2012 e febreiro do 2015.
Artwork por Bluemouse.
Lista de cancións:
Cara A:
01 Chegar e encher
02 Encontro con *!@#$%!!
03 Pelegrín, pelegrín, pelegrín
04 VHS do futuro
05 Internete non existe
06 Paso entre o barullo e nin me
cheiras
Cara B:
07 A enerxía cinética non vai impedir
isto
08 Ti e máis eu
09 Os teus bicos xa non me saben
10 Facédesme parvo
11 Emerxencia
CADA CAN QUE LAMBA O SEU
CARALLO(2016)
Imaxinemos unha traxicomedia intestinal cuspida en restras de chistes, ratatatatatá, disparar a metralleta da felicidade coma Madame Butterfly segundo Carmen de Mairena. Ser picante e penitente, devoto de Santo Antonio Machín e da Virxe do Carme: o colecionista de bragas usadas que nunca colgará as súas parvadas no Facebook. Iso é Malandrómeda.
Participante doutras coñecidas dixestións sónicas coma Fluzo ou Non Residentz, Hevi rapea pezas astutas e absurdas, alimento e excremento, a obra dun cerebro tribal que afumea: da vangarda á retagarda nunca Galicia foi tan caníbal.
“Cada can que lamba o seu carallo” é a metade doente do seu novo traballo e cumio de paisaxes estercadas. Eiqui convirte o verbo en carne, a auga en caldo e en verbena ó mesmiño rosario da aurora. Arrabal-eiro sen milenarismo, popeiro efunky, veneno puro con gaseosa pra perreare coma Ricky Martin “livin´la vida loca”.
(Por favor, entoe o seguinte parágrafo con voz de Javier Gurruchaga)
Miñas donas, meus señores, ladys and gentlemen. Só poderan suspirar “me gustarìa muucho”cando alguén propoña volver escoitar seguido este estupendo e marabilloso disco. E que Scooby Doo terme da súa vela, auuuuuuuuu!
Distribuidor: Gran Sol
Autorpoducido entre outubro de 2012 e febreiro de 2015.
Artwork por Sokram.
Lista de cancións:
Cara A:
01 Os calcetís de Drácula
02 Que prea!
03 Osborne
04 Máis millor
05 Bótalle caldo (Cumbia malandra)
Cara B:
06 Golibuz
08 Bum-xanca
08 Estimulancias
09 Levaetrae
10 A porta Liebezeit
DISCOGRAFIA PREVIA
Vinilo 12″ Malandrómeda – Que nos leve pra diante 2011
7_2008
Vinilo 10″ Malandrómeda “Chegan Tarde EP”
Os Estranos Sempre Traen Malas Novas_2006
Para mais info, descargas e contratacion: malandromeda