EIGUALDEIXA

Para escoitar EIGUALDEIXA preme eiqui

Naceu a mediados dos oitenta, e non chegou a gravar nada serio pero os seus directos lograron acadar unha importante sona fóra da Vila dos Viadutos. De feito, os concertos de Eigualdeixa, sempre foron sinónimo de cheo absoluto.
Unha década despois da súa disolución, os primeiros integrantes da banda volven xuntarse enriba do escenario para ofrecer diversión, sorpresas e lembranzas, pero tamén novos temas fieis ao seu peculiar estilo. Tatán (voz), Jandro (baixo), Tejo (guitarra), Mingui (guitarra) e Fon (batería) chegan dispostos a homenaxear os seus incondicionais, máis tamén queren falarlles aos novos das orixes.
Pioneira dos grupos de rock redondelás, Eigualdeixa marcou unha época de grande efervescencia musical, xunto a Tres bajo cero, que chega até os nosos días. Dende aquela, a canteira local non deixou de agromar novos talentos e hoxe poden contarse máis dunha ducia de formacións dentro do municipio. Entre elas atópanse Nocheni, Marxe Eskerda, Tok, The Silence, Beatus Ille, Circo de Pulgas ou Belöp.