Pasou xa moito tempo dende aquel ano 1989 no que Xosé Oliveira, Fernando Costas, Manuel Alonso e Xosé María Gutiérrez fundaron o grupo resistindo ao paso do tempo coma as bimbias dobregandose o vento para volverense endereitar.
Tres mestres gaiteiros: Xosé Oliveira, Telmo Costas e Fernando Costas e dous percusionistas estratosféricos: Manuel Alonso no tambor e Xosé María Gutiérrez no bombo.
XXI 2011
Para conmemorar os seus 21 anos de existencia, Noitarega ofrécennos “XXI”, un disco gravado nos Estudios Muu de Vigo baixo a produción de Pedro Feijoó e do mesmo grupo que, fiel ao seu estilo, nos amosa a clara evolución da banda e que conta cunhas colaboracións de luxo: Anxo Pintos (Berrogüetto), Ernesto Campos, Xaime Estévez (Os Terribles de Donas) ou Luís “O Caruncho”, entre outros.
Os nosos Gaiteiros 1999
Neste segundo traballo discográfico, Noitarega faille unha homenaxe ós Gaiteiros de Soutelo, Os Morenos de Lavadores, Os Cruceiros de Vigo e a Enrique Otero Covelo. Interpretan temas do repertorio dos gaiteiros homenaxeados.
Noitarega 1992
o primeiro traballo discográfico deste veterano grupo vigués. Noitarega interpretan coidadosamente repertorio da zona de Vigo (na súa maioría de autor), arranxado polo grupo para quinteto de gaitas. Tamén inclúen na gravación outros instrumentos populares como a zanfona e a requinta.
Para máis info: Noitarega. com
musica en galego noitarega