Compoñentes |
Roi Maceda: Acordeón. Guillerme Ignacio: Gaitas, frautas, voz. Isaac Millán:bouzouki, Guitarra acústica. Roi Adrio: tamboril, percusións. Xosé Maceda: Bombo, percusións. Alfonso Agulla “Eski”: son ao vivo. |
O grupo de folc Quempallou nace aló por Abril do 1.999, froito en boa medida da coincidencia na Escola de Maxisterio de Pontevedra de dous dos seus integrantes. Deste xeito, pásase a incluí-lo acordeón nun cuarteto tradicional afincado en Bueu.
Os puntos fundamentais da súa música son o traballar sobre os ritmos tradicionais galegos tentando conserva-la súa frescura orixinal, e ante todo buscando un estilo moi bailábel para goce tanto dos propios músicos coma do público, sexa da idade que sexa. Deste xeito, Quempallou pódese gabar de facer dos seus concertos unha festa rachada, entre pasodobres, rumbas, muiñeiras, polcas... A beillaaaaar!!!!
Quarteiron II
Dessde o 11 de marzo do 2016 nas plataformas dixitais (Spotify, Deezer, ...)
O grupo folk Quempallou iniciou a distribución do seu quinto proxecto discográfico Quarteirón. Os temas dividense en catro Quarteirons que se poderan ir mercando e descargando das plataformas dixitais. Unha vez publicadas as catro e coas revisón propias despois da experiencia no directo publicarán un cd físico.
No álbum de Quempallou altérnanse os temas orixinais con outros tradicionais do oriente galego.
Cada un dos catro Quarteiróns incluirá 3 temas orixinais, sendo os correspondentes á primeira entrega "A Maturrangaina", "Fandango da Lagarteira" e "Folión e Sega".
Quarteirón I xa está dispoñible nas principais plataformas dixitais de streaming ou descarga, como iTunes, Spotify, Deezer, Amazon, Google Play.
DISCOGRAFIA PREVIA:
Vellas novas 2012
“Vellas Novas” é un traballo cunha estética baseada no mundo do xornalismo, cargado de matices sonoros e variadas influencias musicais, que chegan dende a experiencia dun grupo que leva máis de doce anos en escena. Como é habitual en Quempallou, o disco asenta unha fonda raíz na tradición musical galega, a partir da cal, constrúe arranxos, adapta letras e crea novas composicións. Así conseguen unha sonoridade característica, apoiada nas percusións tradicionais, o acordeón e as cordas, sobre o que camiñan frautas, gaitas, e sobre todo a voz.
Cancións: 2.- Quempallou 3.- Moreniña 4.- Muiñeira do incio 5.- Quen teña Viño 6.- Xan 7.- En que terra me botaches 8.- Os Sucos... Casiquecola | 9.- Xota da Relúa 10.- Rosiña... Na Quinta 11.- Que Chova!! 12.- Levados do Mar 13.- Muller Miña 14.- Coa Lingua de fóra 15.- Ninguén!! (Quempa-Hop) |
Estremonías 2004 Un disco gravado e argallado con moita máis calma, no que destacan as composicións propias baseadas en estructuras tradicionais; algunha que outra saída do seu estilo base; e sobre todo unhas letras que falan das cousas do mundo no que nos tocou vivir, que convidan a face-la festa sen nos esquecer do bo e máis do malo de tódolos días visto dende a perspectiva do propio grupo., "Xan", foi escollido mellor tema galego do ano 2004 nun inquérito realizado polo semanario A Nosa Terra.
Quempallou Editado en maio do 2002 por Zouma records, gravado nos estudios Phonos da Estrada e logo de ser remasterizado nos estudios Desphase Sound de Ourense.
Logo de grava-la súa primeira maqueta no Outono do 2000 en Vigo, resultan escollidos como finalistas para o II Concurso de Grupos Folc Noveis Radio Obradoiro que se celebrou no Auditorio de Galicia en Xaneiro do 2001, contando cun prestixioso xurado que lle deu a Quempallou a indiscutible victoria.
Mías info:
http://www.quempallou.com
http://www.blogoteca.com/quempallou
Contacto:
Roi: 639 754 236
Guillerme: 657 209 731
quempallou@quempallou.com