Para escoitar TRASMUNDI preme eiqui
O grupo constitúese no ano 1998 froito da unión de tres músicos:
Rosa Gayoso - violín, zanfona e voz
Moisés Quintas - frautas, guitarra, mandolina e gaita,
Xosé Manuel Fernández piano, teclados e acordeón.
Discografia:
Trasmundi 2010
“En tempos que se foron…”. Con esta expresión, iniciábase antigamente o ritual da narración oral de contos, lendas ou historias. Hoxe, Trasmundi recupera estas palabras para convidarnos a facer unha viaxe sonora a través do imaxinario colectivo galego, inspirándose en seres máxicos da nosa mitoloxía como o Trasno, as Lavandeiras ou a Maruxaina.
Raianos
O disco do trío Trasmundi, "Raianos" poderíase definir como folk clásico, tendo en conta a pureza dos seus timbres e o achegamento a unha instrumentación moi limpa de brillos acústicos, ademais da formación clásica dos compoñentes. É un proxecto conxunto destes tres músicos que apostaron por esta idea global na que están interrelacionadas tamén a maquetación, as ilustracións, fotografías e os textos. As composicións, arranxos e producción artística son tamén un traballo conxunto da formación.
Para máis info: Trasmundi.net
musicaengalego trasmundi